Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Novembro 2016 #2
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Serbia
2) Campaña benéfica “Rosetta na estratosfera”
3) O sistema de datos astrofísicos SAO/NASA
4) Concurso de ensaio “Científico Cassini por un Día”
5) Atrapa unha estrela
6) Descubre o sitio web do Observatorio de Raios X Chandra
7) Adestra como un astronauta en 2017
8) Os mellores lugares do mundo para a observación do ceo
9) Encontros e actividades globais
10) Boletín de Divulgación Astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU 2016
0) Nota dos editores
Nesta edición queremos animarvos a descubrir os recursos do sitio web do Observatorio de Raios X Chandra, apoiar a campaña benéfica “Rosetta Strato” do UNAWE e, se es profesor dunha escola de primaria, que lances un desafío aos estudantes: adestra coma un astronauta!
Queremos dar a benvida a Martin Pawley e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, que están a traducir este boletín ao galego. Un agradecemento enorme a todos os que participan na tradución.
Ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Serbia
a) Un libro sobre o espazo – Semana Mundial do Espazo
Durante a Semana Mundial do Espazo do pasado outubro, xente de todo o planeta foi convidada a enviar debuxos, pinturas, poemas, contos ou artigos relacionados co espazo. As obras recibidas, dende Macedonia, EEUU, Croacia, Serbia, Eslovenia e Montenegro, foron compiladas e distribuídas en forma de libro electrónico en serbio.
O libro electrónico pode descargarse aquí (PDF, 22 MB).
b) A mellor fotografía da Lúa – Noite Internacional da Observación da Lúa
Como parte da Noite Internacional de Observación da Lúa, as asociacións astronómicas “Milutin Milankovi ć” e “Eureka” organizaron un concurso para elixir a mellor fotografía da Lúa. Todas as fotografías que participaron no concurso formarán parte dunha exposición especial que se amosará en clubes de ciencia de todo o país nos vindeiros meses.
c) Obradoiro de astrofotografía no Observatorio Vidojevica
O primeiro obradoiro de astrofotografía foi organizado polo Observatorio Astronómico de Belgrado e celebrado no Observatorio Vidojevica, onde se instalou este verán o telescopio Milutin Milanković de 1,4m. No obradoiro participaron 20 astrónomos amadores, a maioría dos cales trouxo os seus propios telescopios e equipamentos.
d) Portais astronómicos e traducións ao serbio
Ademais do boletín de divulgación astronómica da IAU, hai outros materiais traducidos ao serbio, como a “Escolla da semana” do SDO (Observatorio de Dinámica Solar), a NASA-APOD de cada día, a páxina pública da ESO e a conta de twitter da ESA en serbio. A moi dinámica comunidade astronómica de Serbia elabora ademais o prominente e actualizado portal web “Astronomski magazin”.
2) Campaña benéfica “Rosetta na estratosfera”
A misión Rosetta arrasou en todo o mundo cunha campaña divulgativa que foi un verdaeiro triunfo. Conxuntamente co UNAWE, Design & Data GmbH lanzou hai pouco a campaña de crowfunding (financiamento) “Rosetta na estratosfera”. A campaña anima a que os nenos de entre 4 e 10 anos se interesen polas ciencias do espazo, usando un boneco de peluche da Rosetta. O xoguete enviarase onde máis se necesita: escolas con poucos medios de todo o planeta.
Podes apoiar esta campaña aquí: http://bit.ly/2gnHlfo.
3) O sistema de datos astrofísicos SAO/NASA
O Sistema de Datos Astrofísicos (ADS) do Observatorio Astrofísico Smithsoniano (SAO)/NASA é unha biblioteca dixital para investigadores en astronomía e física. Aloxado no Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), o ADS mantén tres bases de datos bibliográficas que conteñen máis de 12,3 millóns de rexistros. Operado polo SAO con financiamento da NASA, esta biblioteca dixital cobre publicacións en astronomía e astrofísica, física e os arquivos e-prints de arXiv. Tamén dispón dun subconxunto especialmente seleccionado de publicacións: o Buscador sobre Ensino da Ciencia, que ofrece unha interface básica de literatura e publicacións relacionadas coa investigación sobre o ensino da ciencia.
Podes atopar aquí o Buscador sobre Ensino da Ciencia: http://ads.nao.ac.jp/education_search.html
E aquí tes máis información sobre o ADS: http://ads.nao.ac.jp/
4) Concurso de ensaio “Científico Cassini por un Día”
O Jet Propulsion Laboratory da NASA en Pasadena, California, anunciou a convocatoria 2016-2017 do seu concurso de ensaio “Científico Cassini por un Día”. Dado que a misión Cassini a Saturno rematará o 15 de setembro de 2017, este será probabelmente o último concurso de ensaio da misión Cassini, no cal se lle pide aos estudantes que escriban un ensaio de até 500 palabras sobre un dos tres posíbeis obxectivos que a sonda Cassini observou estes pasados anos. Os gañadores e as súas clases serán convidadas a participar nunha vídeo-conferencia con científicos da misión Cassini do Jet Propulsion Laboratory da NASA. A data límite para participar é o 24 de febreiro de 2017.
Para coñecer as regras do concurso, un folleto, preguntas frecuentes e máis información, por favor visita o sitio: http://solarsystem.nasa.gov/Scientist-For-A-Day.
5) Atrapa unha estrela
O concurso Atrapa unha estrela é resultado da colaboración entre a Asociación Europea da Educación en Astronomía (EAAE) e o Observatorio Europeo do Sur (ESO). O obxectivo do programa Atrapa unha estrela é animar aos estudantes de secundaria de toda Europa a que expresen a súa creatividade a través do traballo autónomo, alargar e expandir os seus coñecementos e habilidades astronómicas, e propagar as tecnoloxías da información no proceso educativo. A data límite para participar é o 30 de novembro de 2016, ás 5 pm CET (hora central europea).
Para saber máis sobre este concurso, pica aquí: http://www.eaae-astronomy.org/catchastar/.
6) Descubre o sitio web do Observatorio de Raios X Chandra
O Observatorio de Raios X Chandra da NASA é un satélite deseñado para detectar a emisión de raios X de rexións quentes do universo. O Centro de Raios X Chandra, aloxado no Observatorio Astrofísico Smithsoniano (SAO), opera o satélite, procesa os datos e os distribúe a científicos de todo o mundo para a súa análise. O centro mantén un sitio web público que se ocupa dos resultados científicos e os programas educativos asociados ao proxecto. Alí podes atopar imaxes, ilustracións e outros contidos multimedia centrados na misión Chandra e a astronomía de raios X. Tamén podes encontrar un glosario de termos, ligazónz e moitos outros recursos útiles para a educación e divulgación.
Descubre máis en http://chandra.harvard.edu/edu/.
7) Adestra como un astronauta en 2017
Misión X é un desafío internacional para estudante de entre 8 e 12 anos e é unha iniciativa da NASA, ESA e outras axencias espaciais de todo o mundo. Céntrase na forma física e a saúde alimentaria, dous aspectos moi importantes para os astronautas. Durante o desafío, os estudantes adestrarán seis semanas para adquirir a boa forma dun astronauta. Non perdas a oportunidade de rexistrar a túa clase no desafío Misión X 2017 e adestra co astronauta ESA Thomas Pesquet e o seu equipo! Tes de prazo até o 31 de decembro de 2016!
Podes ler o comunicado de prensa da ESA aquí: http://bit.ly/2fiCFpf.
Tamén podes visitar o sitio web oficial: http://trainlikeanastronaut.org/.
8) Os mellores lugares do mundo para a observación do ceo
National Geographic publicou un artigo de Babak Tafreshi, prestixioso fotógrafo e fundador do proxecto fotográfico “The World at Night” (O Mundo de Noite,TWAN). En marcha dende 2009, The World at Night (TWAN) é un proxecto de creación e exhibición dunha colección de abraiantes paisaxes astrofotográficas e vídeo en time-lapse dos sitios máis históricos e fermosos do mundo contra un fondo nocturno de estrelas, planetas e acontecementos celestes. Para fotografar o mundo de noite, ao longo das pasadas dúas décadas, Babak Tafreshi pasou case mil noites baixo as estrelas nos cinco continentes. Non perdas a oportunidade de aprender máis sobre os seus lugares favoritos para observar as estrelas.
Podes ler o artigo aquí: http://on.natgeo.com/2fE01po.
Máis información sobre TWAN aquí: http://bit.ly/1dOtJiE.
9) Encontros e actividades globais
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo.
a) Próximas actividades
a) Rede Astronómica do Sueste Asiático (Southeast Asia Astronomical Network, SEAAN)
Data: 12 e 13 de novembro, 2016
Lugar: Hanoi, Vietnam
Máis información: https://vnsc.org.vn/seaan2016
b) Campamento Astronómico ESO
Data: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017
Lugar: Aosta Valley, Italy.
Máis información: http://www.eso.org/public/announcements/ann16031/
c) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: 5-7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html
d) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: 6-8 de abril, 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k
e) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: 3–7 de xullo, 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/
f) Simposio Internacional de Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: 3–8 de xullo, 2017
Lugar: Utrecht, Netherlands
Máis información: http://ise2a.uu.nl/
g) Sociedade Planetaria Internacional
Data: 1–6 de xullo, 2017
Lugar: Toulouse, France
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) Boletín de Divulgación Astronómica da IAU noutros idiomas
-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU 2016
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2016! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.
Qué bó traballo! A traducción achéganos moita información que non poderiamos seguir. Grazas!