Baixo o lema “Visións do ceo”, no CGAI-Filmoteca de Galicia, e “Ciencia (e) Ficción”, no Fórum Metropolitano, poderemos ver ao longo do mes de decembro un ciclo de cinema organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío coa colaboración da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento. Esta son as sesións que forman o ciclo:
“VISIÓNS DO CEO” no CGAI – Filmoteca de Galicia
Venres 1 decembro, 20:30.
Presentación: Marcos Pérez e Martin Pawley. Entrada de balde.
PICTURE OF LIGHT (1994). Canadá-Suíza. 83 minutos. Proxección en DCP.
Dirección e guión: Peter Mettler
Filme presentado nos festivais de Rotterdam, Locarno, Toronto e Sundance.
FOGOS (2017). 14 minutos. Proxección en DCP.
Dirección: Marcos Pérez e Martin Pawley
Produción: Museos Científicos Coruñeses
Estrea mundial no FIC Xixón 2017. A competición no Festival de Cinema Imersivo de Espinho 2017.
Sábado 2 decembro, 18:00.
Presentación: Martin Pawley. Entrada de balde.
BANEWL (Tacita Dean, 1999). Reino Unido. 63 minutos. Proxección en 16 mm.
THE GREEN RAY (Tacita Dean, 2001). Reino Unido. 2 minutos. Proxección en 16 mm.
Máis información sobre estas sesións, aquí.
“CIENCIA (E) FICCIÓN” – Fórum Metropolitano
Xoves 7, venres 8, sábado 9, 20:30.
O PLANETA SALVAXE (LA PLANÈTE SAUVAGE, 1973). Francia. 72 minutos.
Proxección en 35 mm. Na sesión do venres haberá presentación e coloquio co escritor Xabier P. DoCampo.
Xoves 14, venres 15, sábado 16, 20:30.
PLANETA PROHIBIDO (FORBIDDEN PLANET, 1956). EEUU. 98 minutos.
Proxección en 35 mm. Na sesión do venres 15 haberá presentación e coloquio co crítico e historiador de cinema José Manuel Sande, Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.
Xoves 21, venres 22, sábado 23, 20:30.
ULTIMATO Á TERRA (THE DAY THE EARTH STOOD STILL, 1951). EEUU. 92 minutos.
Proxección en 35 mm. Na sesión do venres 22 haberá presentación e coloquio con Marcos Pérez, director dos Museos Científicos Coruñeses.
Pingback: Ciencia (e) Ficción: "O planeta salvaxe" (René Laloux, 1973) - Agrupación Ío
Pingback: Ciencia (e) Ficción: "Planeta prohibido" (Fred M. Wilcox, 1956) - Agrupación Ío
Pingback: Ciencia (e) Ficción: "Ultimato á Terra" (Robert Wise, 1951) - Agrupación Ío