-Terá lugar na Domus o venres 17 de setembro ás 19:30 horas con entrada gratuíta e capacidade limitada.
-As invitacións repartiranse por orde de chegada desde as 19:00 horas.
Este venres 17 de setembro ás 19:30 terá lugar na Domus unha conferencia sobre Antonia Ferrín Moreiras, recoñecida astrónoma galega, e moitas outras mulleres astrónomas que fixeron grandes achegas neste campo. Antonia é unha muller inspiradora que fixo avanzar a comunidade universitaria en canto a perspectivas de xénero e que supón un modelo a seguir para todas aquelas rapazas que desexen aprender sobre astronomía.
Impartirá a conferencia Josefina Ling, profesora de Astronomía na Universidade de Santiago de Compostela e investigadora no observatorio Ramón María Aller. Josefina realiza ademais unha gran actividade divulgativa en temas relacionados coa contaminación luminosa e o papel da muller na astronomía, entre outros.
Esta actividade gratuíta está organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses. Para asistir é preciso recoller na entrada da Domus unha invitación desde media hora antes de que comece a conferencia. As prazas son limitadas en cumprimento dos protocolos COVID-19. É obrigatorio o rexistro de datos á entrada e o uso de máscara durante todo o tempo que se permaneza no museo.