Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Xullo 2017 #1
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Coordinador do Proxecto Internacional IAU 100 Anos
2) Rede de tradución astronómica
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Colombia
4) Celebrando a excelencia no ensino das ciencias espaciais
5) Miremos o Sol co Satélite Hinode 2017
6) O Sol desaparecido
7) SpaceUp Londres
8) Ciencia na cidade
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
0) Nota dos editores
Neste número, destacamos ás sesións de observación “Miremos o Sol co Satélite Hinode”, a competición Space Awareness que celebra a excelencia en aprendizaxe da ciencia e as iniciativas SpaceUp coas últimas noticias do grupo de Londres.
A IAU e o Observatorio de Leiden buscan un Coordinador Internacional de Proxecto para o centenario da IAU; a persoa candidata coordinará o centro de actividades da IAU para a Celebración dos 100 Anos. Non perdas a oportunidade. Podes postular até o 30 de xullo.
No que se refire a noticias nosas, temos o pracer de anunciar o lanzamento dun novo programa, a “Rede de Tradución Astronómica” e convidar a todos os membros da comunidade a que se unan a nós nesta nova aventura. É unha oportunidade para os colaboradores de propoñer materiais e velos traducidos a diferentes linguas, acceder a un conxunto de recursos recomendados fiábeis (dos asuntos máis diversos, como a preocupación polos ceos escuros, a inclusión, actividades prácticas, a baixo custo etc), traducilos a diferentes idiomas e ver o teu esforzo de tradución recoñecido.
Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Coordinador do Proxecto Internacional IAU 100 Anos
A Facultade de Ciencias, o Observatorio de Leiden e a Unión Astronómica Internacional (IAU) buscan un Coordinador do Proxecto Internacional IAU 100 Anos. O Observatorio de Leiden e a IAU están á procura dun coordinador que lidere mundialmente o desenvolvemento do centario da Unión Astronómica Internacional. A persoa candidata coordinará o centro de actividades das celebracións do centenario. As principais tarefas serán coordinar as actividades durante a planificación, execución e avaliación das celebración dos 100 Anos. Podes propoñer a túa candidatura até o 30 de xullo de 2017.
Máis información, aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann17026/
2) Rede de tradución astronómica
A Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía (OAO), nunha empresa conxunta co Observatorio Astronómico Nacional do Xapón (NAOJ) está na actualidade desenvolvendo o proxecto “Rede de Tradución Astronómica”, unha plataforma de educación e divulgación astronómica para compartir recursos en diferentes idiomas e conectar os esforzos de tradución baseados nunha rede global de voluntarios. O obxectivo principal da plataforma é identificar recursos valiosos para a súa tradución e unir as necesidades de tradución cos tradutores voluntarios.
Descubre que podes achegar ao proxecto neste enderezo: http://translation.astro4dev.org.
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Colombia
a) 5º Congreso Colombiano de Astronomía e Astrofísica (COCOA 2017)
O Grupo de Investigación de Astroenxeñería Alfa Orión, o Planetario, o Observatorio Astronómico e a Facultade de Ciencias Básicas da Universidade Tecnolóxica de Pereira están encantadas de convidar á comunidade hispanoparlante ao 5º Congreso Colombiano de Astronomía e Astrofísica. O Congreso celebrarase nas instalacións da Universidade, do 24 ao 27 de outubro de 2017. Considerando a astronomía para a sociedade como motor do desenvolvemento do país, COCOA 2017 aceptará e promoverá ademais os traballos relacionados co ensino, a comunicación e a historia da astronomía.
Aquí podes ler máis información do encontro (en español): http://observatorioenlinea.utp.edu.co/COCOA2017/
4) Celebrando a excelencia no ensino das ciencias espaciais
Por toda Europa (e máis alá) profesores, pais e educadores entusiastas buscan maneiras de empregar os recursos de Space Awareness para inspirar a mocidade polas ciencias do espazo. O equipo quere premiar os progresos acadados polo duro traballo da comunidade de educadores e compartir os seus éxitos. Hai dúas categorías principais: 1) achegar á mocidade de diversas procedencias ás ciencias do espazo, e 2) axudar á xente nova a tomar conciencia das carreiras relacionadas co espazo. A competición pecha o 14 de outubro de 2017.
Podes atopar máis información neste sitio web: http://www.space-awareness.org/en/competition
5) Miremos o Sol co Satélite Hinode 2017
Dende o seu lanzamento en 2006, o satélite de observación solar Hinode sempre promoveu a idea de que os seus datos puideran ser usados non só para a investigación senón tamén para a educación. Dende 2010 un programa proposto e posto en marcha por educadores xaponeses da astronomía, chamado “Miremos o Sol co Satélite Hinode”, xuntou a profesores e estudantes de bacharelato nunha oportunidade única de observar o Sol. Este ano, do 31 de xullo ao 5 de agosto (2:00-6:00 UT) e do 7 ao 12 de agosto (2:00-6:00 UT), profesores e estudantes de todo o mundo poden unirse ao proxecto. Se estás interesado en unirte a este programa de observación, por favor contacta con kentaro.yaji [at] nao.ac.jp.
Podes saber máis do proxecto aquí: http://hinode.nao.ac.jp/user/yaji/hinode/issho/index_e.html
6) O Sol desaparecido
The Vanishing Sun (O Sol desaparecido) é un recurso web gratuíto deseñado para a infancia e mocidade entre os 4 e os 14 anos en contextos educativos formais e informais. Permite a educadores e estudantes aprender máis da ciencia que hai detrás dunha eclipse e destacar os beneficios de usar as narracións relacionadas co ceo como catalizadoras da exploración científica. Foi producido polas contacontos Cassandra Wye (Reino Unido) e Fran Stallings (EEUU) para o Instituto Lunar e Planetario (LPI).
Tes todos os detalles sobre este recurso aquí: http://www.lpi.usra.edu/education/explore/eclipse/
7) SpaceUp Londres
O sábado 10 de xuño, a Sociedade Planetaria xuntou a entusiastas do espazo na Universidade Queen Mary de Londres no “SpaceUp Londres”, o primeiro evento a gran escala organizado por voluntarios da Sociedade Planetaria en Europa. Xa que isto era unha “desconferencia”, os participantes acordaron os asuntos de debate no propio día do evento. A xornada estivo estruturada en charlas rápidas de cinco minutos, sesións de debate, conferencias, sesións de intercambio de ideas e outras oportunidades para o encontro dos participantes. As xornadas SpaceUp pode organizalas calquera, en calquera lugar. Visita o sitio web para atopar a xornada máis próxima e prepárate!
8) Ciencia na cidade
Do 7 ao 15 de xullo de 2018 Toulouse, Francia, vivirá en harmonía coa ciencia a nivel europeo e internacional. En paralelo ao Foro Aberto EuroScience, o festival Ciencia na Cidade investirá na cidade e os seus arredores. Como evento aberto, o festival Ciencia na Cidade pretende chegar a persoas de todas as idades que sintan curiosidade pola ciencia e a innovación. As asociacións, museos, festivais, investigadores, profesores, estudantes e artistas interesados en formar parte do programa Ciencia na Cidade, poden enviar as súas propostas a través deste formulario online até o 30 de setembro de 2017.
Máis información sobre esta iniciativa: http://www.esof.eu/en/calls/science-in-the-city.html
9) Encontros e actividades globais en 2017
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!
Engadidos hai pouco
Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/
Data importante
Coloquio ITCA – Astronomía para Educación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas)
Data límita para inscribirse: 10 de xullo de 2017
Datas: do 7 ao 11 de agosto de 2017
Lugar: Bangkok, Tailandia
Máis información: http://www.narit.or.th/en/index.php/itca
Próximas actividades
a) StixCamp – Educación Aberta e Ciencia Aberta a través da Ciencia Cidadá
Data: do 6 ao 9 de xullo de 2017
Lugar: Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal
Máis información: http://www.open.org.pt/
b) Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0
c) Coloquio ITCA – Astronomía para Educación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas)
Datas: do 7 ao 11 de agosto de 2017
Lugar: Bangkok, Tailandia
Máis información: http://www.narit.or.th/en/index.php/itca
d) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017
Datas: do 15 ao 21 de agosto de 2017
Lugar: Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2017/
e) Escola de verán de comunicación da ciencia Euro-Mediterráneo e Oriente Medio (EMME)
Data: do 10 ao 15 de setembro de 2017
Lugar: Nápoles, Italia
Máis información: http://www.cittadellascienza.it/emme2017/
f) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/
g) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/
h) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/
i) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/
l) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
m) Astrónomos Novos do Leste Asiático 2017 (EAYAM2017)
Data: do 13 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Ishigaki, Okinawa, Xapón
Máis información: http://www-irc.mtk.nao.ac.jp/eayam/2017/index.html
n) .Astronomy
Data: do 14 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Cidade do Cabo, Sudáfrica
Máis información: http://dotastronomy9.saao.ac.za/
ñ) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
o) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18
p) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao español, elaboradas por:
Sofía Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmoloxía e Gravitación, Universidade de Portsmouth: http://bit.ly/2rIqVGe;
Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;
ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
–Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.