Grazas principalmente ás doazóns de editoriais, librerías e particulares a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío vai facéndose pouco a pouco cunha pequena colección de libros sobre astronomía, astrofísica, cosmoloxía e outros temas que son obxecto de interese para nós, por exemplo a contaminación luminosa ou a mitoloxía do firmamento. Agardamos que a biblioteca siga medrando co andar dos meses. Os libros están, por suposto, a disposición dos nosos socios e socias. Esta é a listaxe dos títulos de que dispoñemos (actualizada a 21 de xuño de 2016):
Mitología del firmamento de Eratóstenes. Tradución e introdución de Antonio Guzmán Guerra. Alianza Editorial, 2016. Idioma: castelán.
Breve historia de la astronomía de Michael Hoskin. Tradución de Miguel Paredes. Alianza Editorial, 2016. Idioma: castelán.
¿A que altura está o ceo? de Jorge Mira. Editorial Alvarellos, 2016. Idioma: galego.
E fixemos a luz! de Salva Bará, Biblioteca de Divulgación, Serie Científica. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2015. Idioma: galego.
Onde estás, Andrómeda? de Anna Almécija e María José Sancho. De Guàrdia Cat, 2015. Idioma: galego.
Astronomía para todos. Editorial Susaeta, 2015. Idioma: castelán.
Cuestiones curiosas de astronomía resueltas por el perito en lunas de David Galadí-Enríquez. Alianza Editorial, 2014. Idioma: castelán.
Otra luz azul. Astrofísica y cosmología de Ramón Vilalta López. Bubok, 2014. Idioma: castelán.
Una luz azul. Astronomía de Ramón Vilalta López. Bubok, 2013. Idioma: castelán.
Esos astrónomos locos por el cielo o la historia de la observación de las estrellas dobles de Paul Couteau, tradución de Josefina Ling. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Idioma: castelán.
Astronomía práctica e outras cousas de Ramón Vilalta. Editorial Toxosoutos, 1999. Idioma: galego.