
Obradoiros ambientais: Viaxe pola noite iluminada
Que: actividade organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e o Grupo Naturalista Hábitat. A través do xogo de mesa “Viaxe pola noite iluminada” coñeceremos como a contaminación luminosa afecta a flora e a fauna en todo o planeta. Aprenderemos xogando o impacto da luz artificial pola noite sobre as árbores, os insectos, as aves e mesmo sobre os animais mariños. As persoas que se inscriban levarán, ademais, o taboleiro de xogo de agasallo, cuxas copias impresas contaron co apoio de Deleite. Máis información, no sitio web do G. N. Hábitat.
Cando: domingo 23 de marzo ás 12:00.
Onde: no local do G. N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña).
Como: actividade gratuíta con inscrición obrigatoria a través do sitio web do G. N. Hábitat. Prazas limitadas.