IV Xornadas sobre Contaminación Luminosa en Corme
Que: proxección do documental “Noites do Norte, Ceos Estrelados” de Travis Novitsky, fotógrafo nativo americano, membro da nación Anishinaabe. O filme expón o impacto da contaminación luminosa sobre a saúde, o medio ambiente e o patrimonio cultural e pon en valor a importancia da preservación da noite. Versión orixinal subtitulada en galego. Ao final da proxección haberá un coloquio sobre os asuntos tratados no documental.Organiza: A. C. Ínsua de Viastela coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Cando: venres 16 de agosto ás 19:00.
Onde: Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Rúa Real, 14, 15114 Porto de Corme, A Coruña).