Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”
Que: experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”, que emprega o esplendor do ceo e a paisaxe para presentar o coñecemento astronómico cultural saharauí. Duración aproximada: 15 minutos. Co apoio do Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses e a colaboración da A. C. Alexandre Bóveda.
Onde: no local da A. C. Alexandre Bóveda (Santo André, 36 – 1º, A Coruña).
Cando: mércores 31 de xullo, de 10:30 a 13:30.
Como: prazas limitadas que se adxudicarán por orde. Inscrición obrigatoria a través de formulario que se abrirá o martes 30 de xullo. A cada persoa se lle indicará unha hora concreta para a experiencia.