“Astronomía para manter o alento da ciencia”, conferencia na Coruña da astrónoma afgá Amena Karimyan
Que: conferencia da astrónoma afgá Amena Karimyan, fundadora do Grupo Astronómico Kayhana que desenvolveu un programa educativo sobre astronomía en Afganistán antes do regreso ao poder dos talibáns. Máis información no noso blog.
Onde: na Sala Leonardo da Vinci da Domus, na Coruña.
Cando: o xoves 23 de marzo ás 19:30.
Como: entrada gratuíta por orde de chegada até completar a capacidade do recinto. Amena impartirá a conferencia en lingua persa e haberá tradución consecutiva ao castelán.