Sobrado e as súas estrelas: xornada de astronomía en familia

Sobrado e as súas estrelas: xornada de astronomía en familia

Que: festa de astronomía con observación, obradoiros, música, xogos e merenda, en apoio ás familias refuxiadas afgás acollidas pola asociación A Maristela en Sobrado dos Monxes. Para saber máis: Astronomía para o desenvolvemento: axudemos as familias refuxiadas de Afganistán.

Onde: Vía Sacra e Casa do Arco, na contorna do Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Cando: sábado 24 de setembro, de 17:30 a 23:00.

Programa provisional previsto:

17:30 Conferencia: “Estrela Rosalíadecastro” (Martin Pawley). Consultar sala ao comezo da actividade.

18:00 Observación segura do Sol con telescopio solar (Fundación Ceo, Ciencia e Cultura). Vía Sacra.

18:00 Debuxa a escala o sistema solar (Fundación Ceo, Ciencia e Cultura). Vía Sacra.

18:15 Conferencia: “Navegación astronómica” (Xabier Pérez Couto). Consultar sala ao comezo da actividade.

18:30 Obradoiro: fabrica o teu planisferio celeste (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). Vía Sacra.

19:00 Obradoiro: debuxa a túa chapa personalizada (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). Vía Sacra.

20:00 Saúdo do Alcalde do Sobrado dos Monxes, actuación musical de A Maristela e degustación gastronómica. Vía Sacra.

21:15 Observación astronómica do ceo nocturno a simple vista, con prismáticos e con telescopio (Fundación Ceo, Ciencia e Cultura e Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). Vía Sacra.

23:00 Peche da xornada. Vía Sacra.

Durante todo o evento estará aberta unha mesa de información e de materiais.

    • Categories: