Festival Mar de Mares: navegar baixo as estrelas

Festival Mar de Mares: navegar baixo as estrelas

Que: Como fixeron os grandes exploradores do pasado, os participantes nesta actividade guiaranse na escuridade da noite valéndose do firmamento estrelado nun traxecto en barco dende A Coruña até máis alá de Punta Herminia durante o crepúsculo náutico. Afastados da contaminación luminosa da cidade, poderán observar e guiarse polas estrelas en compañía do noso compañeiro Xabier Pérez Couto, matemático e divulgador científico.

Cando: venres 16 de setembro, de 21h a 0h.

Onde: Peirao do Parrote, A Coruña.

Información útil: prazas moi limitadas. Instrucións para o sorteo de prazas, no web de Mar de Mares.