Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Xuño #2 

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Primeira selección do Programa de Visitantes de Divulgación da IAU
2) Anúncianse os proxectos gañadores de Telescopios para Todas as persoas
3) Achégase a data límite dos premios IAU Online Astronomy@home
4) Declaración da IAU sobre Racismo e Discriminación
5) Publicado o Catalizador da IAU de xuño de 2020
6) Día do Asteroide 2020
7) Europlanet 2024 RI NA Convocatoria de observacións na Rede de Telescopios Europlanet
8) SciAccess 2020
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

A OAO fixo nos últimos tempos moitas achegas marabillosas que nos comprace compartir convosco neste boletín. Damos a benvida a dúas persoas do noso programa de Visitantes e recentemente anunciamos os proxectos gañadores do Programa Telescopios para Todas as persoas 2020; hai máis información máis adiante.

Ademais, a rede de NOCs estivo moi ocupada. Grande número de NOCs organizaron os programas relacionados coa eclipse anular en África e Asia do 21 de xuño. Podes ver o que fixeron no noso sitio web. Varias persoas da nosa rede de coordinación da divulgación nacional organizan eventos e conferencias para o Día do Asteroide o 30 de xuño. Tedes máis información neste boletín.

Por último, damos conta de oportunidades para que as persoas melloren as súas capacidades na divulgación de astronomía; incluímolas ao final deste boletín.

Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU

1) Primeira selección do Programa de Visitantes de Divulgación da IAU

Damos a benvida a Fatoumata Kebe e Kelly Blumenthal ao Programa de Visitantes de Divulgación da IAU.

Fatoumata doutorouse en Astronomía na Universidade Pierre e Marie Curie/Observatorio de París, Francia. Tamén é a co-presidenta do Grupo de Traballo do Comité Executivo de Membros Junior da IAU, e Fundadora e Presidenta da asociación Efemérides que ensina astronomía ao público. Na OAO, ela será a directora de proxecto do Programa Meet the IAU Astronomers (Coñeza a Astrónomos e Astrónomas da IAU)

Kelly Blumenthal é astrónoma cun doutoramento en Astrofísica da Universidade de Hawai e EdM en Política e Xestión da Educación, pola Harvard Graduate School of Education. Kelly levará a cabo unha investigación sobre as mellores prácticas en comunicación e divulgación científica para determinar a programación de talleres para astrónomos profesionais nas reunións rexionais IAU MEARIM, LARIM e APRIM.

Benvidas as nosas dúas visitantes! Esperamos traballar convosco nos próximos meses.

2) Anúncianse os proxectos gañadores de Telescopios para Todas as persoas

Xa se elixiron os 17 proxectos gañadores do programa Telescopios para Todas as persoas 2020. O programa, unha colaboración entre IAU OAO, Stars Shine for Everyone (As estrelas brillan para todas as persoas) e Universe Awareness / Universidade de Leiden, busca ampliar os horizontes de nenos e nenas, pais e nais e docentes por igual, para espertar un interese pola ciencia e promover a igualdade de oportunidades para abrirse unha carreira en astronomía. Os proxectos gañadores son:

Telescopios para todas as persoas no corazón de Arxentina, Club de Astronomía Villa Mercedes, Arxentina.

Proxecto Seichu-Jurá, Sociedade de Astronomia do Maranhão, Brasil

Facendo espazo para todas as persoas, Sociedade Astronómica de Brunei Darussalam, Brunei

Telescopios para todas as persoas en Camerún, Escola Secundaria Bilingüe, Camerún

Un Telescopio para a Escola Mangilaluk en Tuktoyaktuk, Canadá

Telescopios para Todas as Persoas en Chile, Escola “Hermanos Carrera”, Angol, Rexión de Los Lagos, Chile

Telescopios para Todas as Persoas na República Dominicana, ASTRODOM, República Dominicana

Telescopios para Todas as Persoas en Haití, Grupo Astro-Jeunes-Ado, Haití

O Universo para Todas as Persoas, Andrómeda, Universidade Ahmad Dahlan, Indonesia

Astronomía Aberta a Todas as Persoas, Asociación Asif n Ait Bounouh para a Cultura e a Conciencia, Marrocos

Telescopios para Todas as Persoas en Nepal, Blind Rocks!, Nepal

Telescopios para Todas as Persoas en Panamá, Panamá Rainforest Discovery Center, Panamá

Mirando o Ceo, Paraguay

Telescopios para Todas as Persoas en Perú, Huaycán Cultural, Perú

Apoio Socioeducativo para nenos e nenas migrantes e refuxiadas, España

Telescopios para Todas as Persoas en Tunes, Enfidha Astronomy Club, Tunes

Astronomía para Todas as Persoas, Saigon Astrokids (SAK), Vietnam

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20026/

3) Achégase a data límite dos premios IAU Online Astronomy@home

Os premios IAU Online Astronomy@home creáronse para recoñecer o traballo excepcional dos comunicadores e comunicadoras de astronomía neste tempo excepcional. Os premios están abertos a calquera persoa ou grupo que realice actividades de divulgación sobre astronomía. A primeira data límite para os premios, o 31 de xullo de 2020, achégase rapidamente.

Podes ler máis sobre o proceso para concorrer aos premios: https://www.iau.org/public/iauoutreachaward/

4) Declaración da IAU sobre Racismo e Discriminación

A IAU publicou unha declaración sobre o racismo e a discriminación en resposta ás recentes protestas sobre o tratamento das persoas negras en todo o mundo.

Podes ler a declaración aquí: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20023/

5) Publicado o Catalizador da IAU de xuño de 2020

O Catalizador IAU é un boletín electrónico que se publica dúas veces ao ano sobre as actividades da IAU. Este número inclúe información sobre as adaptacións da IAU e as persoas asociadas aos desafíos creados pola pandemia da COVID-19.

Podes ler último número do Catalizador aquí: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20020/

6) Día do Asteroide 2020

O Día do Asteroide é un evento anual que se celebra o 30 de xuño para crear conciencia e educar sobre os asteroides. Diversas persoas encargadas da coordinación da divulgación nacional en todo o mundo crearon programacións para ese día. Detallamos estes eventos nas ligazóns seguintes. Por favor, consulta a ligazón para máis información.

Sitio web oficial do Día do Asteroide: https://asteroidday.org/

27 de xuño
NOC Corea do Sur (en coreano): https://www.youtube.com/watch?v=ytknFo-1w04
NOC Tunes con NOC Paraguay (en inglés): https://tinyurl.com/ybghpjhn

30 de xuño
NOC Exipto (en árabe): https://tinyurl.com/e75b7rv8
NOC Alemaña (en alemán): https://www.youtube.com/user/hausderastronomie
NOC Haití (en francés, crioulo haitiano e inglés): https://msngr.com/nvRnsgt86HJEiUVp
NOC Marrocos: https://www.facebook.com/events/352989785684080/
NOC Nicaragua (en español): https: // www.facebook.com/events/285496389267584
NOC Nepal – As actualizacións estarán en NASO Facebook: https://www.facebook.com/nasonepal/

28 de xuño ao 3 de xullo
NOC Marrocos: https://www.facebook.com/nocmorocco/

Compartiranse outras actividades nas redes sociais de OAO.

7) Europlanet 2024 RI NA Convocatoria de observacións na Rede de Telescopios Europlanet

Europlanet lanzou unha convocatoria aberta a astrónomos e astrónomas profesionais e amadoras de Europa para realizar observacións utilizando a Rede de telescopios Europlanet a través da súa Actividade en Rede 2 (NA2) – Coordinación de observacións terrestres. As solicitudes están abertas até o 31 de xuño de 2023.

Podes obter máis información sobre o programa aquí: https://www.europlanet-society.org/europlanet-2024-ri/networking-activities-na/europlanet-2024-ri-na-call-for-observations-at-the-europlanet-telescope-network/

8) SciAccess 2020

SciAccess é unha conferencia dedicada a promover enfoques innovadores para o acceso equitativo á ciencia. SciAccess 2020 levaráse a cabo de forma gratuíta totalmente a través de Zoom o 29 de xuño de 2020. Requírese rexistro.

Tedes máis información aquí: https://www.sciaccess.org/

9) Repositorio de actividades e recursos en liña

Recursos

AAS Nova
Novas de descubrimentos recentes en astronomía.
Ligazón: https://aasnova.org/

Conferencias astronómicas Silicon Valley
Destacados científicas e científicos falan de asuntos astronómicos.
Ligazón: http://www.youtube.com/svastronomylectures

Seminarios CERN 
Conferencias de científicos e científicas destacados
Ligazón: https://th-dep.web.cern.ch/calendar

Conferencias Obradoiros Open Source Cubesat
Conferencias sobre CubeSats
Ligazón: https://www.youtube.com/playlist?list=PLCzrYL9QmZiTM0eEbl1Ma3ibKngsbSDJ-

Podes ver a listaxe completa de eventos e recursos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

Tes interese en traducir o noso boletín ao teu idioma? Por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

O boletín é traducido aos seguintes idiomas:

-Tradución ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Tradución ao portugués europeo elaborada por Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).

-Tradución ao español, elaborada por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao francés, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astronómica Haitiana, neste enderezo: https://haitiastronomie.blogspot.com/

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.