Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Maio #2
Neste boletín:
0) Nota editorial
1) A IAU promove a concienciación sobre ceos escuros e tranquilos no Día Internacional da Luz 2020
2) Convocatoria extraordinaria da IAU OAD para propostas relacionadas co COVID-19
3) Convocatoria anual de propostas da IAU OAD
4) Programa de visitantes de divulgación astronómica da IAU OAO
5) Programa “Telescopios para todas as persoas”
6) Calendario de eventos | IAU Eventos de divulgación global 2020
7) Colaboración entre INAF e o Centro Cultural Islámico de Italia
8) Parzaría LCO Global Sky
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU
0) Nota editorial
Prezados amigos, amigas e colegas,
Este é un mes emocionante para moitas das oficinas IAU xa que as datas límite de solicitude de moitos dos nosos programas suceden entre esta semana e principios de xuño. Aquí, na Oficina para a Divulgación Astronómica, temos dous programas, o programa Telescopios para todas as persoas e o programa de Visitantes de Divulgación Astronómica, con prazos que rematan dentro de pouco, mentres que a nosa oficina irmá, a Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento, ten dúas convocatorias de propostas, a xeral habitual e unha específica relacionada co COVID-19. Podes ver máis información destas convocatorias neste boletín.
No boletín tamén destacamos un programa do Observatorio Las Cumbres con data límite esta semana (!) e un proxecto apaixonante do noso coordinador nacional de divulgación en Italia.
Por último, aínda que é o primeiro que citamos, está a celebración IAU en favor dos ceos escuros e tranquilos polo Día Internacional da Luz. A Oficina de Divulgación Astronómica estará en liña ese día para falar sobre a preservación do ceo escuro. Únete a nós nesta celebración o 16 de maio de 2020.
Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,
Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU
1) A IAU promove a concienciación sobre ceos escuros e tranquilos no Día Internacional da Luz 2020
A IAU OAO celebrará o Día Internacional da Luz o sábado 16 de maio de 2020 promovendo a concienciación sobre ceos escuros e tranquilos. Este evento en liña centrarase en como a xente pode participar na preservación do ceo escuro e tranquilo, ao que todas as persoas teñen dereito. Algunhas formas de involucrarse na preservación de ceos escuros e tranquilos que apoia a IAU OAO son:
-Unirte á rede de embaixadores dos ceos escuros da IAU: https://darkskies4all.org/ambassador/
-Participar no programa Globe at Night: https://www.globeatnight.org/
-Ler o folleto “Contaminación luminosa” da IAU: https://www.iau.org/public/images/detail/light-pollution-brochure/
-Aprender máis sobre as constelacións de satélites a través desta nota da IAU: https://iau.org/public/themes/satellite-constellations/
Se compartes como preservas o ceo escuro e tranquilo nas redes sociais, usa as etiquetas # DarkSkies4All #IAUoutreach #IDL2020.
Ademais, o Día Internacional da Luz celebra un concurso de vídeos ata o 15 de maio de 2020. Comparte con eles a túa astrofotografía ou por que os ceos escuros e tranquilos son importantes para ti.
Tes máis información sobre o concurso de vídeo aquí: https://www.lightday.org/celebrate-idl-2020
2) Convocatoria extraordinaria da IAU OAD para propostas relacionadas co COVID-19
A Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) dá a benvida a propostas de proxectos ou parzarías que empreguen a astronomía, en calquera dos seus aspectos (coñecementos, metodoloxías, ferramentas, infraestruturas, inspiración ou mesmo redes de entusiastas e practicantes da astronomía), para axudar a mitigar algúns dos impactos da COVID-19. O proceso imita a convocatoria regular de propostas, mais cun calendario máis curto. A data límite de propostas é o 15 de maio de 2020.
Tes máis información e procedemento de participación aquí: http://www.astro4dev.org/call-for-covid-19-related-proposals/
3) Convocatoria anual de propostas da IAU OAD
A Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) abriu a súa convocatoria anual de propostas para proxectos que se valen da astronomía como ferramenta para tratar un problema ou problemas relacionados co desenvolvemento sustentábel. As solicitudes para o proceso en dúas fases rematan o 31 de maio de 2020.
Máis información: http://www.astro4dev.org/aboutiauoad/cfp/
Solicitude: http://www.astro4dev.org/2020-stage1-application/
Contacto: projects@astro4dev.org
4) Programa de visitantes de divulgación astronómica da IAU OAO
A Oficina IAU de Divulgación Astronómica (OAO) acepta solicitudes para a segunda edición do programa de visitantes de divulgación astronómica. Esta edición será un programa híbrido no que o visitante apoiará os programas de divulgación da IAU tanto de forma virtual como presencial. A data límite para concorrer é o 1 de xuño de 2020.
Tes máis información sobre o programa e o procedemento de participación aquí: https://www.iau.org/public/oao/oao_visitors/
5) Programa “Telescopios para todas as persoas”
A Oficina IAU de Divulgación Astronómica (OAO), Stars Shine for Everyone (SSVI) e Universe Awareness aceptando propostas para proxectos que empreguen un dos 15 telescopios que serán distribuídos a través do programa Telescopios para todas as persoas. Terán prioridade as actividades que promovan a igualdade de xénero e teñan en conta grupos menos representados e desfavorecidos. As propostas requiren o respaldo da Coordinación Nacional de Divulgación da IAU do país que corresponda e poden enviarse até o 1 de xuño de 2020.
Máis información sobre o programa e proceso de solicitude aquí: https://www.iau.org/public/telescopecollaboration/
6) Calendario de eventos | IAU Eventos de divulgación global 2020
A Oficina IAU de Divulgación Astronómica (OAO) desexa que os afeccionados e afeccionadas á astronomía de todo o mundo envíen os eventos que organizan para facer o calendario de eventos IAU Eventos de divulgación global 2020. As propostas para o calendario poden ser consideradas para os premios Online Astronomy@Home organizados pola IAU OAO se teñen lugar en liña.
Envía o teu evento para o calendario aquí: https://www.iau.org/oao-events/
Máis información sobre os premios en liña Astronomía@Home aquí: https://www.iau.org/public/iauoutreachaward/
7) Colaboración entre INAF e o Centro Cultural Islámico de Italia
O Instituto Nacional de Astrofísica italiano (INAF) e o Centro Cultural Islámico de Italia (CICI) estableceron unha colaboración para promover a inclusión e o diálogo intercultural entre as dúas disciplinas a través de eventos de divulgación.
Di o coordinador de divulgación nacional de Italia, Stefano Sandrelli: “O obxectivo é promover a difusión da cultura científica, que é un obxectivo fundamental do INAF, a través de proxectos para o ensino e difusión da astronomía, con contidos e idiomas dirixidos á comunidade islámica italiana”.
Está planeado un evento anual que se celebrará antes do Ramadán que achegará información científica para o seguimento dos movementos da Lúa, nos que se basea o calendario islámico. Están valorándose outros eventos coincidentes con outras festas islámicas.
Podes ler máis (en italiano) aquí: https://www.media.inaf.it/2020/04/23/ramadan-islam-inaf/
Grazas a Stefano Sandrelli por enviar a noticia!
8) Parzaría LCO Global Sky
O Observatorio Las Cumbres acepta solicitudes de propostas para o seu programa de parzaría LCO Global Sky até o 15 de maio de 2020. LCO acepta propostas de persoas e grupos con ideas interesantes, atraentes e innovadoras de proxectos educativos en astronomía. As solicitudes poden enviarse até o 15 de maio de 2020 ás 23:00 UTC.
Máis información sobre o programa e procedemento de aplicación, aquí: https://lco.global/news/global-sky-partners-2020b/
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
Actividades
Conferencia en liña “Facendo accesíbel o espazo para todas as persoas” coa Universidade Estatal de Ohio.
Que: conferencia en liña con científicos e científicas de colectivos infrarrepresentados.
Cando: xoves 14 de maio de 2020 ás 15:00 EST (-4 UTC)
Ligazón: https://astronomy.osu.edu/outreach/making-space
Recursos
Ela fala de ciencia
Que: historias sobre ciencia
Ligazón: http://www.shespeaksscience.com/
Breves leccións de astronomía en lingua italiana de signos coa IAU
Que: leccións de astronomía para persoas xordas ou con deficiencias auditivas en lingua italiana de signos (Lingua dei Segni Italiana, LIS).
Ligazón: https://www.uai.it/stellepertutti/category/risorse/per-disabili-uditivi/
Aulas gratuítas de astronomía en liña
Que: listaxe de cursos gratuítos en liña sobre astronomía en mooc-list.com
Ligazón: https://bit.ly/3e7ncYe
Podes ver a listaxe completa de eventos e recursos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
Tes interese en traducir o noso boletín ao teu idioma? Por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
O boletín é traducido aos seguintes idiomas:
-Tradución ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Tradución ao portugués europeo elaborada por Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).
-Tradución ao español, elaborada por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Tradución ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.
-Tradución ao francés, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astronómica Haitiana, neste enderezo: https://haitiastronomie.blogspot.com/
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.