Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Xullo 2019 #1 – Especial IAU100 nº 8

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Moon Landing 50 prepárase para unha celebración global
2) Convértete en mentor ou mentora de Escolas Einstein
3) Certame Mulleres e Nenas na Astronomía
4) Eventos IAU100 de observación da eclipse total de Sol
5) Primeiro obradoiro de astronomía inclusiva en Tailandia
6) Amanar inspira a nenos e nenas refuxiados a través da astronomía
7) Celebrando a inclusión na astronomía arredor do mundo
8) Convocatoria de proxectos co aval IAU100
9) Reunións e eventos globais
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota dos editores

Prezados amigos, amigas e colegas,

Son tempos emocionantes para as celebracións IAU100! Chegamos aos 115 países e rexións para o evento IAU100 MoonLanding50, facendo del a campaña xeograficamente máis representativa até a data. Por favor, seguide rexistrando os vosos eventos, desexamos difundir as vosas actividades na vosa rexión.

IAU100 NameExoWorlds chegou a 107 países e rexións con case 60 campañas nacionais desenvolvidas. Por favor, facédenos saber se o voso país está representado e non perdades a ocasión de poñerlle nome a un exoplaneta e a súa estrela anfitrioa.

O grande éxito das celebracións non sería posíbel sen a excelente xestión de Bethany Downer (MoonLanding50) e Eduardo Penteado (NameExoWorlds) e as estrelas destes esforzos masivos: as persoas encargadas da Coordinación da Divulgación Nacional e os nodos nacionais IAU100. E por suposto, mais non é menos importante, os abraiantemente entusiastas grupos que organizan as celebracións en todo o mundo e a xente que participa nelas.

Neste número, salientamos as celebracións IAU100 MoonLanding50, animámosvos a convertervos en mentores de Escolas Einstein e a que non esquezades participar no concurso Mulleres e Nenas na Astronomía.

Desexámosvos ceos despexados e felices celebracións!

Lina Canas, en nome da Oficina do Equipo de Divulgación de Astronomía da IAU

Jorge Rivero, en nome da Secretaría da IAU

1) Moon Landing 50 prepárase para unha celebración global

O proxecto global IAU100 Moon Landing 50 foi concibido para celebrar o 50º aniversario da chegada á Lúa en 1969. Até a data están rexistrados máis de 750 eventos e actividades en máis de 115 países. Catro novas categorías de premios foron creadas para estimular un maior compromiso e emoción cara a este evento global.

Podes ler máis aquí: https://www.iau-100.org/moon-landing-50-update

2) Convértete en mentor ou mentora de Escolas Einstein

O programa “Escolas Einstein”, un proxecto global das celebracións do centenario da Unión Astronómica Internacional, está buscando mentores ou mentoras que animen a estudantes de secundaria e bacharelato en todo o mundo.

Descubre aquí máis información sobre o proxecto: https://www.iau-100.org/ensteinschools-mentors-call

3) Certame Mulleres e Nenas na astronomía

Un premio especial recoñecerá e celebrará os esforzos na organización de eventos en todo o mundo que promovan a presenza de mulleres e nenas na astronomía a través da organización de actividades públicas innovadoras, creativas, accesíbeis e sosteníbeis. Para participar no certame, as persoas que organicen eventos deben rexistrar as súas actividades elixíbeis IAU100 e enviar un formulario de participación antes do 31 de xullo de 2019. Entre todas as candidatas, unha persoa será convidada ao Simposio IAUS 358 “Astronomía para a Equidade, Diversidade e a Inclusión” en Toquio, Xapón, e obterá financiamento para cubrir os gastos de rexistro, viaxe e aloxamento.

Descubre como participar en https://www.inclusive-astronomy.org/women-girls-contest

4) Eventos IAU100 de observación da eclipse total de Sol

O 2 de xullo, a Lúa cubriu o Sol por completo durante unha eclipse total de Sol. A totalidade da eclipse pasou sobre o Océano Pacífico Sur e seguiu por parte da Arxentina e Chile. Moitos eventos tiveron lugar na Arxentina e Chile para celebrar e observar a eclipse total de Sol.

Podedes ler máis sobre os eventos aquí: https://www.iau-100.org/july-total-solar-eclipse

5) Primeiro obradoiro de astronomía inclusiva en Tailandia

Do 25 ao 28 de xuño de 2019, docentes e profesionais da divulgación de Tailandia reuníronse no NARIT Observatorio Rexional para o Público, Chachoengsao, para asistir ao primeiro obradoiro nacional de astronomía inclusiva en Tailandia.

Podes ler máis nesta ligazón: https://www.iau-100.org/inclusive-astronomy-workshop

6) Amanar inspira a nenos e nenas refuxiados a través da astronomía

O proxecto especial IAU100 “Amanar: baixo un mesmo ceo” emprega a astronomía como unha ferramenta para inspirar a nenos e nenas dos campos de refuxiados saharauís perto de Tinduf, en Alxeria, e nas Illas Canarias, en España. A iniciativa válese da astronomía como unha ponte cultural e educativa entre os nenos e nenas destas dúas comunidades para fomentar un sentido de cidadanía global e entendemento mutuo.

Podes aprender máis sobre este proxecto aquí: https://www.iau-100.org/amanar-world-refuggee-day

7) Celebrando a inclusión na astronomía arredor do mundo

As celebracións IAU100 dedicadas á inclusión e a diversidade na astronomía continuan arredor do mundo, con varios eventos do proxecto global IAU100 Estrelas que inspiran planeados para os próximos meses con eventos en Austria, Francia, Reino Unido, Tailandia e Italia.

Podedes ler o comunicado da IAU aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19043/

8) Convocatoria de proxectos co aval IAU100

Os proxectos co aval IAU100 reciben medios adicionais para conseguir as metas e obxectivos das celebracións do centenario. Esta categoría está orientada a dar apoio a grandes proxectos globais, que satisfagan a visión do IAU100, con grande recoñecemento internacional e a oportunidade de asociarse a outras celebracións en todo o mundo.

Tes máis información aquí: https://www.iau-100.org/apply-iau100-endorsedprojects

9) Encontros e actividades globais

Aquí podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica con antelación un ano moi especial para a astronomía, cheo de eventos interesantes!

a) IAU100: 50º aniversario da chegada á Lúa – Observemos a Lúa!
Datas: 20 de xullo de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://www.iau-100.org/moon-landing-anniversary

b) Conferencia sobre educación astronómica: Investigación aplicada e práctica
Datas: do 16 ao 18 de setembro de 2019
Lugar: Garching, Múnic, Alemaña
Máis información: http://iau-dc-c1.org/astroedu-conference/

c) IAUS358: Astronomía para a Equidade, a Diversidade e a Inclusión – unha folla de ruta para as accións no marco do centenario da IAU
Datas: do 12 ao 15 de novembro de 2019
Lugar: Toquio, Xapón
Máis información: https://iau-oao.nao.ac.jp/iaus358/

d) Arte, Visualisación e Cosmos na Educación
Datas: 5 e 6 de decembro de 2019
Lugar: Melbourne, Victoria, Australia

e) Conferencia Educación e investigación con telescopios robóticos
Datas: do 8 ao 11 de decembro de 2019
Lugar: Melbourne, Victoria, Australia
Máis información: https://rtsre.net/

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o número anterior do boletín está aquí).

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.