A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra organizan conxuntamente o sábado 16 de maio de 2015 unha visita ao Observatorio Astronómico de Cotobade.
Saíremos da Coruña en autobús ás 17:00 dende a Rúa Pablo Picasso (ver mapa). Farase unha primeira visita ao observatorio e a contorna para, a iso das 21:00, baixar a cear (os que queiran) a Casa Inés. Logo subiremos de novo ao observatorio e faremos unha observación do ceo nocturno até as 2:30 en que emprenderemos camiño de volta.
O prezo da excursión (non inclúe a cea, que é opcional) é de 10 € para socios e socias da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, 15 € para as persoas que non sexan socias da Agrupación e 8 € para os menores de idade. Os menores de 14 anos deberán ir necesariamente acompañados polo pai, nai ou titor. Os menores de idade entre 14 e 18 anos deberán proporcionar unha autorización do pai, nai ou titor na que se indique un teléfono de contacto. O pagamento efectuarase o mesmo día, antes da saída do autobús.
Para apuntarse a esta actividade debedes encher o seguinte formulario online. As preguntas sinaladas cun asterisco (*) son de resposta obrigatoria.