O sábado 12 de decembro, en colaboración co Concello de Cabana de Bergantiños, faremos unha nova visita guiada ao dolmen de Dombate e posteriormente desenvolveremos unha observación astronómica pública en data próxima ao máximo da chuvia de estrela das Xemínidas.

A viaxe en autobús ao dolmen será totalmente gratuíta; dispoñemos dun máximo de 50 prazas que adxudicaremos por rigorosa orde de solicitude tendo en conta que os socios e socias da Agrupación Ío terán preferencia na asignación das mesmas. Saíremos da Coruña ás 20:30 dende a Praza da Palloza e regresaremos á 1:30, cando remate a observación.

Para apuntarse é preciso cubrir este formulario; o prazo para facelo remata ás 12 da mañá do martes 8 de decembro.