A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío visitará o Observatorio Astronómico de Cotobade cun grupo de nenas e nenos entre 6 e 16 anos.

A actividade de carácter gratuito celebrarase o sábado 16 de decembro en horario de 17h a 24h con saída e regreso a Coruña en autobús.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha excursión ao Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) coa colaboración da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra e o Concello da Coruña. A actividade consistirá nunha visita guiada ao Observatorio e observación a simple vista do ceo de inverno. Está dirixida a nenas, nenos e xóvenes entre 6 e 16 anos que teñan interese en coñecer como funciona un observatorio astronómico e gozar do ceo nocturno a simple viste nun ceo pouco contaminado pola luz artificial.

Dacordo á capacidade do bus e do observatorio hai un número limitado de prazas, que adxudicaranse por orde de inscrición. A inscrición estará aberta ate o venres 7 de decembro e é obrigatoria para todos os asistentes (desprácense ou non en bus), comunicarase o estado (adxudicación de praza ou lista de agarda) o 8 de decembro mediante correo electrónico.

Accede ao formulario de inscrición

Tríptico da excursión ao observatorio astronómico de cotobade

 

O OAC está dotado cun aula, unha sala de control e unha cúpula de 4m onde se ubica o telescopio Meade LX200 ACF de 40cm de diámetro. É propiedade da Asociación Cultural e Medioambiental Canón de Pau e xestionado pola Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, quen dende a súa inauguración en 2011 organiza visitas guiadas ás instalacións do observatorio e explicacións do ceo nocturno.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza esta actividade no marco do convenio de colaboración coa Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.