ArchivesCursos, conferencias y charlas

Conferencia de Olga Suárez: “O universo da man das pioneiras da astronomía”

Conferencia de Olga Suárez, astrofísica do Observatorio da Costa Azul (Francia).

Resumo: Se pensamos nos grandes personaxes que contribuíron a construír os nosos coñecementos do Universo, véñennos rapidamente á cabeza nomes de grandes homes… Mais houbo grandes mulleres? Somos capaces de citar algunha? Por que é tan difícil atopar estes nomes femininos? Durante esta charla revisaremos diversos aspectos dos nosos coñecementos actuais do Universo, apoiándonos nos descubrimentos feitos polas mulleres ao longo da historia.

Charla “Grandes ideas da astronomía”

Presentación do caderno “Grandes ideas da astronomía”, tradución ao galego do documento elaborado pola Unión Astronómica Internacional “Big Ideas in Astronomy”, a cargo do noso compañeiro Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). Entrada gratuita sen reserva previa. Capacidade limitada a 15 persoas para garantir a distancia de seguridade. Haberá retransmisión en liña a través de Google Meet. Máis información, no sitio web e redes sociais da A. C. Alexandre Bóveda.