Días
Categories
Tags
Venues
- 055 Agosto, 2021
Conferencia de Olga Suárez: "O universo da man das pioneiras da astronomía"
http://agrupacionio.com/gl/portfolio/galego-conferencia-de-olga-suarez-o-universo-da-man-das-pioneiras-da-astronomia/DomusRúa Ángel Rebollo 91. 15002 A CoruñaConferencia de Olga Suárez, astrofísica do Observatorio da Costa Azul (Francia).
Resumo: Se pensamos nos grandes personaxes que contribuíron a construír os nosos coñecementos do Universo, véñennos rapidamente á cabeza nomes de grandes homes… Mais houbo grandes mulleres? Somos capaces de citar algunha? Por que é tan difícil atopar estes nomes femininos? Durante esta charla revisaremos diversos aspectos dos nosos coñecementos actuais do Universo, apoiándonos nos descubrimentos feitos polas mulleres ao longo da historia.
- 1919 Agosto, 2021
Conferencia de Begoña Vila: «O Telescopio Espacial James Webb: mirando cara a atrás no tempo»
http://agrupacionio.com/gl/charla-de-begona-vila-sobre-el-telescopio-espacial-james-webb/DomusRúa Ángel Rebollo 91. 15002 A CoruñaConferencia de Begoña Vila Costas, enxeñeira principal de sistemas do Centro Espacial Goddard da NASA.
- 2121 Agosto, 2021
Conferencia sobre contaminación luminosa
https://agrupacionio.com/gl/event/conferencia-sobre-contaminacion-luminica/Confraría de pescadores de CormeZona Portuaria, s/n, 15114 Corme, A CoruñaConferencia de Martin Pawley, coordinador do grupo de traballo de contaminación luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Salón de actos da Confraría de pescadores de Corme, ás 20:00.
- 2929 Agosto, 2021
Observación do Sol no Castro de Elviña
https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/observacions-astronomicas-dende-o-monte-dos-crutos/suceso/1453771929773Observación do Sol con telescopio solar no Monte dos Curutos (Castro de Elviña). Precisa inscrición previa a través do correo electrónico srctemponovo@gmail.com. Organizan: Sociedad Recreativa Deportiva e Cultural Tempo Novo e Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.