Días
Categories
Tags
Venues

Obradoiro de planisferios
Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Para persoas entre 9 e 14 anos. Necesaria inscrición previa a través deste formulario.

Conferencia de Isabel Suárez Fernández: "Fenómenos críticos en colapso gravitacional, ondas gravitacionais e folerpas de neve. Que teñen que ver?"
Conferencia de Isabel Suárez Fernández, doutora en Física Teórica e investigadora posdoutoral na Universidade das Illas Baleares.

Astronomía no Centro de Menores de Palavea
Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Instrumentos de observación da natureza: prismáticos
Charla do noso compañeiro José Ramón Méndez sobre unha das ferramentas esenciais para toda persoa interesada pola natureza: os prismáticos. Que modelos existen? Que características e particularidades teñen? Como elixir os máis axeitados? Estas e moitas outras dúbidas terán resposta ao longo desta sesión. A actividade forma parte da iniciativa “Falando de natureza” que organiza o Grupo Naturalista Hábitat. Máis información, aquí.

Astronomía no Centro de Menores de Palavea
Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Aprende a recoñecer o ceo
Saímos á rúa para que calquera persoa interesada coñeza mellor o ceo que podemos ver no noso país calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días, a través do
material divulgativo achegado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Actividade desenvolvida en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para celebrar a súa reapertura no novo local do Circo de Artesáns (rúa Santo André, 36, 15003 A Coruña).