Calendario

Amosar filtros

Días

Categories

Tags

Venues

Reset Filters
< 2022 >
Setembro
Ven Set 1 6

Festival Mar de Mares: navegar baixo as estrelas

Observación astronómica dende un barco polo mar da Coruña guiada polo noso compañeiro Xabier Pérez Couto. Máis información, no web do festival Mar de Mares.

Sáb Set 1 7

Open Science Cambre 2022

Feira científica organizada polo club de ciencia do IES David Buján. Sábado 17 e domingo 18 de setembro no parque da igrexa de Santa María de Cambre.

Sáb Set 1 8

Open Science Cambre 2022

Feira científica organizada polo club de ciencia do IES David Buján. Sábado 17 e domingo 18 de setembro no parque da igrexa de Santa María de Cambre.

Lun Set 1 9

Astronomía no Centro de Menores de Palavea

Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Mar Set 2 0

Obradoiro solidario de planisferios

Revista Luzes
Rúa Santa Luisa De Marillac nº 9 Baixo C, 15002 A Coruña

Obradoiro solidario de planisferios en favor das familias afgás refuxiadas en Galicia. Martes 20 de setembro, de 17 a 20:00, no local da Revista Luzes (rúa Santa Luisa De Marillac nº 9 Baixo C, 15002 A Coruña).

Ven Set 2 3

Obradoiro e observación: “Ceos do Baixo Ulla”

Obradoiro de planisferios celestes e observación do ceo a simple vista e con prismáticos en Valga. Primeira edición dunha actividade anual, “Ceos do Baixo Ulla”, organizada pola Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal.

Sáb Set 2 4

Sobrado e as súas estrelas: xornada de astronomía en familia

Festa de astronomía en apoio ás familias refuxiadas afgás acollidas pola asociación A Maristela en Sobrado dos Monxes.