Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Xuño 2018 #2
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Anuncio de posto: Coordinación de Divulgación Internacional (IOC)
2) Celebración da IAU “100 anos: baixo un único ceo”: revelado un novo logo e lema
3) Novas de Indonesia
4) Novas de Alemaña
5) Europa ás estrelas: novo programa de planetario de uso libre
6) Todo sobre a luz – Literatura recomendada da UNESCO
7) Levando os buracos negros á túa clase
8) O soporte lóxico Mintaka inspira unha película de arte e ciencia
9) Encontros e actividades globais de 2018
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2018!
0) Nota dos editores
Nas últimas semanas o noso equipo seguiu traballando na vindeira Asemblea Xeral da IAU que terá lugar do 20 ao 31 de agosto en Viena, Austria. A Asemblea Xeral da IAU é a maior reunión do mundo profesionais da astronomía. Estamos colaborando con outros equipos científicos da IAU para celebrar obradoiros de comunicación de ciencia para astrónomos e astrónomas, dúas exposicións -unha sobre contaminación luminosa e outra sobre diversidade e inclusión-, encontros coas persoas que veñen de ser elixidas para a Coordinación da Divulgación Nacional (NOCs) e algunhas actividades relacionadas coa celebración do centenario.
Se queres unirte ao noso equipo, pensa en postularte ao posto de Coordinador de Divulgación Internacional (IOC). Temos moitas ganas de darlle a benvida a un novo membro do equipo que traballe con nós na Oficina de Divulgación da Astronomía aquí no Xapón. Non perdas esta grande oportunidade!
Neste número destacamos o folleto “Levando os Buracos Negros á túa clase”, o último espectáculo de planetario producido pola ESO, “Europa ás estrelas”, e convidámoste a que comprobes as últimas novas sobre as celebracións do centenario da IAU.
Desexámosvos unha feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Anuncio de posto: Coordinación de Divulgación Internacional (IOC)
A Oficina de Divulgación Astronómica (OAO) da IAU é un nodo para a coordinación das actividades de divulgación astronómica públicas en todo o mundo e está localizada no Observatorio Astronómico Nacional do Xapón (NAOJ), no Campus Mintaka de Toquio. A IAU e o NAOJ están agora na busca dunha persoa cualificada que se una á oficina e proporcione apoio ás actividades da IAU OAO. A Coordinación de Divulgación Internacional é un contrato de tres anos que inclúe a posibilidade de renovación baixo os protocolos de emprego da NAOJ.
Podes atopar máis información aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann18028/
2) Celebración da IAU “100 anos: baixo un único ceo”: revelado un novo logo e lema
En 2019, a Unión Astronómica Internacional (IAU) conmemorará o seu centenario. Para conmemorar este fito, organizaremos un ano completo de celebración para incrementar a conciencia sobre un século de descubrimentos astronómicos así como dar soporte e apoio ao uso da astronomía como ferramenta para a educación, o desenvolvemento e a diplomacia, co tema central de “Under One Sky”, baixo un único ceo. As celebracións do centenario estimularán o interese mundial na astronomía e a ciencia e chegarán á comunidade astronómica global, con actividades “IAU100” a nivel global e rexional, e sobre todo nacional e local.
Tes as últimas noticias e informacións aquí: https://www.iau.org/public/iau100/
3) Novas de Indonesia
a) Audiolibro “Son os OVNIs reais?”
Este audiolibro parte do libro infantil orixinal “Son os OVNIs reais?” de Irina Wijaya, cun guión adaptado das respostas que o noso coordinador de divulgación nacional Avivah Yamani deu ás preguntas sobre a existencia de OVNIs. Podes saber máis deste libro en anakbertanya.com e aquí.
b) Observación da Lúa Crecente para determinar o final do Ramadán
O pasado 14 de xuño desde a Axencia Meteorolóxica, Climatolóxica e Xeofísica do Observatorio Bosscha, do Instituto Nacional da Aeronáutica e o Espazo, e outras redes, fíxose unha observación da Lúa crecente para determinar o final do Ramadán e o Calendario Islámico. É unha observación anual en Indonesia e o resultado pode atoparse aquí ou en http://bmkg.go.id/hilal.
c) Festival Anak Bertanya (Festival das preguntas dos nenos e nenas)
Bandung acolleu outra edición do Festival Anak Bertanya, que celebra anualmente Anakbertanya.com con outros parceiros. Trinta institucións e comunidades reuníronse o 12 de maio de 2018 en Sabuga-ITB en Bandung. Máis de 6000 persoas visitaron a área de exposición que incluía un planetario portátil e actividades relacionadas coa astronomía para nenos e nenas e as súas familias. Catro institucións e comunidades astronómicas tomaron parte nesta actividade, entre elas o famoso planetario móbil de LAPAN. Podes saber máis deste festival aquí, aquí e aquí.
4) Novas de Alemaña
a) Fórum Wissenschaftskommunikation: conferencia de comunicación da ciencias
O undécimo Fórum Wissenschaftskommunikation terá lugar do 7 ao 9 de novembro de 2018 en Bonn, Alemaña. O encontro ten unha asistencia media de arredor de 500 profesionais da comunicación e a mercadotecnia da ciencia e é unha das maiores conferencias da materia nos países de fala alemá. O Fórum Wissenschaftskommunikation está organizado por Wissenschaft im Dialog (Ciencia en Diálogo), que se enfoca á organización de debates, exposicións e competicións, así como a desenvolver novos formatos para a comunicación da ciencia. O seu obxectivo é promover a comunicación da ciencia por toda Alemaña coa idea de envolver a grupos moi diversos.
Para saber máis sobre o Fórum (en inglés): https://bit.ly/2JZW4Lq
5) Europa ás estrelas: novo programa de planetario de uso libre
O Observatorio Europeo do Sur (ESO) está orgulloso de anunciar o lanzamento de “Europa ás estrelas”, un novo programa de planetario de uso libre que conta a historia da exploración do ceo do sur por parte da ESO. Esta asombrosa película lévanos nunha épica viaxe ao que se esconde detrás dos máis produtivos observatorios en terra do mundo. “Europa ás estrelas” é parte do programa Supernova ESO desde o 22 de xuño e está dispoñíbel para descarga gratuíta no sitio web de ESO.
Podes ler máis en http://www.eso.org/public/announcements/ann18043/
6) Todo sobre a luz – Literatura recomendada da UNESCO
Para marcar a celebración da UNESCO do primeiro Día Internacional da Luz que tivo lugar o 16 de maio de 2018, o Correo da UNESCO, unha publicación que promove os ideais da organización, convídanos a descubrir unha selección de artigos relacionados coa luz publicados ao longo dos anos. O Correo mantense como plataforma para o diálogo entre culturas e proporciona un foro para o debate internacional e está dispoñíbel en liña desde marzo de 2006. Entre os artigos relacionados coa luz están “Over the Moon”, “Our middle-aged neighbouring star” (en español, “Una estrella llamada Sol”), “The years of the quiet sun” (en español, “Los años del Sol tranquilo”) e outros.
Podes atopar máis información aquí: https://en.unesco.org/courier/news-views-online/all-about-light
7) Levando os buracos negros á túa clase
Os buracos negros son un dos obxectos máis extraordinarios no Universo e entre os e as estudantes é común a fascinación por eles dadas as súas peculiares características. Se estás buscando recursos educativos para atraer o alumnado con temas curriculares como a gravidade, Universe Awareness compilou unha listaxe de vinte e cinco actividades educativas relacionadas con diferentes aspectos dos buracos negros, desde a súa gravidade extrema a como se forman e detectan. O folleto contén actividades educativas para nenos e nenas de seis anos en adiante. As actividades están deseñadas por Han Tran e Pedro Russo da Universidade de Leiden para Universe Awareness (UNAWE) e Thomas Russell da Universidade de Amsterdam para a plataforma de actividades educativas con revisión por pares astroEDU da IAU.
Máis información aquí: https://bit.ly/2kYaiSm
8) O soporte lóxico Mintaka inspira unha película de arte e ciencia
ART@CREATIONS é unha rede de persoas da ciencia e da arte que crean obras artísticas inspiradas nas investigacións actuais en cuestións de vangarda e desenvolveron unha demostración do proxecto de educación científica da Comisión Europea «Desenvolvemento dunha aula de ciencia atractiva (CREATIONS)». ART@CREATIONS pregunta: Que papel poden ter os e as artistas no estudo dos fenómenos científicos? «The Big Bang» é a primeira obra artística de ART@CREATIONS, inspirada no soporte lóxico Mintaka creado polo Observatorio Astronómico Nacional de Xapón. Inclúe imaxes xeradas polo simulador gratuíto do universo en 3D, así como danza, música e animación.
Podes ver a curta aquí: https://www.youtube.com/watch?v=ABoT4YhM-FQ
9) Encontros e actividades globais de 2018
Podes atopar aquí unha listaxe de eventos e conferencias de divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!
Próximas actividades
a) Día do asteroide
Datas: 30 de xuño de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
b) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
c) Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (ISEC)
Data: do 6 ao 22 de xullo de 2018
Lugar: Barcelona, España
Máis información: http://www.isec2018.wordpress.com/
d) 5ª Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia
Data: 8 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: https://www.ecsj2018.eu/)
e) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018
Datas: do 9 ao 14 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, France
Máis información: https://www.esof.eu/en/
f) Committee on Space Research – COSPAR
Datas: do 14 ao 22 de xullo de 2018
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://cospar2018.org/
g) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE) & Cimeira InterNational Astronomy Teaching
Datas: do 22 ao 27 de xullo de 2018
Lugar: Hilo, Hawai’i, EEUU
Máis información: rtsre.org
h) Asemblea Xeral da IAU
Datas: do 20 ao 31 de agosto de 2018
Lugar: Viena, Austria
Máis información: http://astronomy2018.univie.ac.at/
i) ASP2018: Astronomía para todas as persoas – Conferencia sobre educación, comunicación e diversidade en ciencia
Data: do 10 ao 13 de setembro de 2018
Lugar: Sonoma Wine Country, CA
Máis información: https://www.astrosociety.org/about-us/asp-annual-meetings/asp-2018-annual-meeting/
l) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria
Datas: do 16 ao 21 de setembro de 2018
Lugar: Berlín, Alemaña
Máis información: https://www.epsc2018.eu/
m) Conferencia .Astronomy
Datas: do 24 ao 27 de setembro de 2018
Lugar: Baltimore, EEUU
Máis información: https://www.dotastronomy.com/
n) Congreso Xeración Espacial
Datas: do 27 ao 29 de setembro de 2018
Lugar: Bremen, Alemaña
Máis información: https://spacegeneration.org/sgc2018
ñ) Congreso Aeronáutico Internacional
Datas: do 1 ao 5 de outubro de 2018
Lugar: Bremen, Alemaña
Máis información: http://www.iafastro.org/events/iac/iac-2018/
o) Semana Mundial do Espazo
Datas: do 4 ao 10 de outubro de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/
p) Noite Internacional de Observación da Lúa
Datas: 20 de outubro de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
q) Fórum Wissenschaftskommunikation
Datas: do 7 ao 9 de novembro de 2018
Lugar: Bonn, Alemaña
Máis información: https://www.wissenschaft-im-dialog.de/en/forum-wissenschaftskommunikation/forum-2018/
r) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Traducións ao español, elaboradas por:
Emilio Zúñiga, ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2018!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2018! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.