Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Xullo 2017 #2
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Asemblea Xeral IAU Focus Meeting 15: Astronomía para o Desenvolvemento
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas dos EEUU
3) Red Dots: continúa a busca en vivo de planetas terrestres arredor de Próxima Centauri
4) Programa educativo STEM da eclipse: construíndo a experiencia da eclipse
5) Comeza a planificación do primeiro Día Internacional da Luz do 16 de maio de 2018
6) Banda deseñada para a divulgación e educación astronómica
7) A historia do espazo 2017 – campaña de financiamento
8) 365 Días de Astronomía
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
0) Nota dos editores
A IAU está buscando un Coordinador Internacional para a celebración do seu centenario. Non perdas esta oportunidade de vir a traballar á Universidade de Leiden. A data límite é o 30 de xullo de 2017.
A longamente agardada eclipse solar total do 21 de agosto está acaparando a atención en todo o mundo. Os programas para a observación da eclipse ao longo da liña de totalidade están poñéndose a punto, dende as iniciativas das institucións educativas e divulgadores locais ás asociacións nacionais e internacionais, como Astrónomos Sen Fronteiras, a Sociedade Astronómica do Pacífico e a Sociedade Astrónomica Americana (consultar “Encontra un evento” sobre a eclipse).
Neste número, destacamos a chamada á participación do podcast 365 Días de Astronomía, pensamos no Día da Luz que se celebrará en 2018 por primeira vez, como legado do Ano Internacional da Luz de 2015 e falamos da agardada continuación de Red Dots.
Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Asemblea Xeral IAU Focus Meeting 15: Astronomía para o Desenvolvemento
A Oficiona de Astronomía para o Desenvolvemento da IAU lanzou o sitio web Focus Meeting 15: Astronomía para o Desenvolvemento. O encontro terá lugar durante a Asemblea Xeral da IAU, do 20 ao 31 de agosto de 2018, en Viena. O equipo manterá esta páxina actualizada coa última información respecto deste Focus Meeting, incluídas as datas e o programa e os diferentes asuntos de debate, como as sinerxías entre as estruturas IAU, deseño de proxectos, avaliación do impacto dos proxectos e moito máis.
Aquí tes información actualizada aquí: http://www.astro4dev.org/fm15/.
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas dos EEUU
a) Museo Estatal de Carolina do Sur en Columbia – actividades para a eclipse de agosto de 2017
En 2014 o Museo Estatal de Carolina do Sur en Columbia, EEUU, abriu un planetario e un observatorio. Dende a inauguración, 175000 persoas visitaron o observatorio. Os programas educativos inclúen visitas nocturnas unha vez á semana. Grazas ao continuado apoio financeiro, o museo está preparando un programa de divulgación que expande as accións ás escolas rurais e desatendidas de Carolina do Sur. Columbia está situada na liña de totalidade da eclipse solar do 21 de agosto, e o Museo Estatal de Carolina do Sur é un axente central nos preparativos locais e rexionais.
A información sobre as actividades da eclipse no Museo están dispoñíbeis en http://scmuseum.org/eclipse.
b) 16º Encontro Rexional Anual de Astronómos de Georgia (GRAM)
Os astronómos (profesionais con estudos de grao, postdocs e universitarios, así como afeccionados) reuniranse o 27 e 28 de outubro de 2017 no próximo 16º Encontro Rexional Anual de Astronómos de Georgia que acolle o Departamento de Física e Astronomía da Universidade de Georgia, Athens (UGA). GRAM incluirá presentacións e charlas de 15 a 30 minutos sobre as actividades de investigación e educación da comunidade. O encontro comezará cunha presentación informal e a visión a través do telescopio Fecker de 24 polgadas da UGA.
Tes máis información sobre o encontro aquí: http://astronomy.gatech.edu/GRAM/2015/2015_meeting.php.
3) Red Dots: continúa a busca en vivo de planetas terrestres arredor de Próxima Centauri
O equipo da campaña Pale Red Dot, que o ano pasado descubriu un planeta arredor da estrela máis próxima ao noso Sol, está reiniciando a busca de planetas tipo Terra e lanza unha nova iniciativa. A campaña Red Dots seguirá os astrónomos mentres usan o cazador de exoplanetas da ESO para buscar planetas arredor dalgunhas das nosas estrelas veciñas: Próxima Centauri, Estrela de Barnard e Ross 154. ESO únese a este experimento de “Open Notebook Science” (ciencia do caderno aberto), ciencia real presentada en tempo real, que lle dará aos cidadáns e á comunidade científica acceso aos datos observacionais de Próxima Centauri segundo se desenvolve a campaña.
Máis detalles, aquí: https://www.eso.org/public/announcements/ann17036/.
4) Programa educativo STEM da eclipse: construíndo a experiencia da eclipse
Agora é a época perfecta para que os educadores aproveiten este momento especial e tirar vantaxe do breve espectáculo da gran eclipse americana para plantar a semente da fascinación polas conexións entre a natureza e a ciencia. En colaboración coa Sociedade Astronómica do Pacífico, Astrónomos Sen Fronteiras proporcionará un paquete de recursos educativos que inclúe leccións desenvolvidas e creadas por educadores científicos profesionais. Este programa busca en particular institucións educativas e grupos de comunidades desatendidas nunha primeira etapa dentro dos EEUU e ten a intención de ser, máis tarde, implementado en todo o mundo.
Toda a información está aquí: http://bit.ly/2rCo1nF.
5) Comeza a planificación do primeiro Día Internacional da Luz do 16 de maio de 2018
Seguindo a celebración do Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz de 2015, que tivo tanto éxito, o Comité Executivo da UNESCO apoiou a conmemoración anual do Día Internacional da Luz. O Día Internacional da Luz será proclamado na Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 2017 e a súa primeira celebración terá lugar o 16 de maio de 2018. Planifica a data: se queres manterte ao día, pensa en subscribirte ao boletín de noticias para recibir as últimas actualizacións sobre o Día Internacional da Luz.
Tes máis información no sitio web do Día Internacional da Luz: https://www.lightday.org.
6) Banda deseñada para a divulgación e educación astronómica
Os libros de banda deseñada son un xeito excelente de atraer a nenos e adultos, e engadir astronomía á ecuación resulta unha combinación xenial! En divulgación astronómica podes atopar moitos grandes exemplos de materiais educativos. Robotic Telescopes: How to find cool stuff in space e There is no such thing as a stupid question son dous exemplos de obras de banda deseñada sobre a exploración do espazo, a vida dos científicos e o uso de telescopios robóticos, promovidos polo Observatorio Las Cumbres. All U need is Space é outro exemplo, producido pola Comisión Europea e traducido a moitas linguas europeas. Por último, mais non menos importante, The Adventures of the SKAnimals ou Mission MeerKAT do Telescopio SKA (Square Kilometre Array) E estes son só uns poucos exemplos que nos deu a coñecer a nosa comunidade de seguidores. Cales son os teus libros de banda deseñada de tema astronómico preferidos? Compárteos con nós a través de outreach@iau.org.
7) A historia do espazo 2017 – campaña de financiamento
The Story of Space 2017 (a Historia do Espazo 2017) é un festival público que explora a física, a filosofía, a política e a percepción do espazo e a intersección destes temas. O festival reúne a artistas, científicos, educadores e filósofos para crear experiencias informais de aprendizaxe para todas as idades e terá lugar do 10 ao 19 de novembro de 2017 en múltiples lugares da cidade de Panjim, Goa. O festival é de acceso gratuíto. En esencia, o proxecto é un servizo dirixido á comunidade, accesíbel e aberto. Para asegurarse de que o festival pode manterse así, a organización está na actualidade desenvolvendo unha campaña de financiamento.
Para apoiar o proxecto, visita o sitio web: https://www.ketto.org/fundraiser/space2017.
8) 365 Días de Astronomía
A astronomía segue fascinando a audiencias de todo o mundo. 365 Días de Astronomía convídate a compartir o teu coñecemento astronómico e experiencias co público. Dende 2009, 365 Días de Astronomía leva divulgando podcast diarios que discuten variados asuntos no campo sempre en marcha da astronomía. A diversidade dos contidos ofrecidos queda demostrada pola variedade de participantes nos podcast, incluídas as últimas noticias, consellos de observación, historia da astronomía e como o coñecemento fundamental da astronomía cambiou o noso paradigma do mundo. Todas estas historias precisan ser contadas e esta é a túa oportunidade de participar!
Contacta co equipo (info[at]365DaysofAstronomy.org) se estás interesado en converterte nun podcaster de 365 Días de Astronomía: https://cosmoquest.org/x/365daysofastronomy/join-in/.
9) Encontros e actividades globais en 2017
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!
Engadidos hai pouco
Astrobioloxía 2017
Datas: do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017
Lugar: Coyhaique, Chile
Máis información: http://astrobiology2017.org/
Próximas actividades
a) Coloquio ITCA – Astronomía para Educación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas)
Datas: do 7 ao 11 de agosto de 2017
Lugar: Bangkok, Tailandia
Máis información: http://www.narit.or.th/en/index.php/itca
b) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017
Datas: do 15 ao 21 de agosto de 2017
Lugar: Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2017/
c) Escola de verán de comunicación da ciencia Euro-Mediterráneo e Oriente Medio (EMME)
Data: do 10 ao 15 de setembro de 2017
Lugar: Nápoles, Italia
Máis información: http://www.cittadellascienza.it/emme2017/
d) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/
e) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/
f) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/
g) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/
h) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
i) Astrónomos Novos do Leste Asiático 2017 (EAYAM2017)
Data: do 13 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Ishigaki, Okinawa, Xapón
Máis información: http://www-irc.mtk.nao.ac.jp/eayam/2017/index.html
l) .Astronomy
Data: do 14 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Cidade do Cabo, Sudáfrica
Máis información: http://dotastronomy9.saao.ac.za/
m) Astrobioloxía 2017
Datas: do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017
Lugar: Coyhaique, Chile
Máis información: http://astrobiology2017.org/
n) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
ñ) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18
o) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao español, elaboradas por:
Sofía Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmoloxía e Gravitación, Universidade de Portsmouth: http://bit.ly/2rIqVGe;
Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;
ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
–Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.