Que: Con motivo do solsticio de verán, celebramos un contacontos dirixido a público familiar e infantil, no que aprenderemos sobre o ceo nocturno a través de contos sobre constelacións que representan animais. Este contacontos está baseado no libro O firmamento animado, un material didáctico elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Casa das Ciencias, que nos transporta nunha viaxe máxica polo firmamento que vemos desde Galicia ao longo do ano.
Como: entrada gratuita con inscrición previa a través do MUNCYT (reservascor@muncyt.es / 689 578 727).
Cuando: sábado 21 de xuño ás 17:00 horas.
Donde: MUNCYT (Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña).