Materiais didácticos

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío elabora materiais didácticos para usar nas actividades que organiza, nesta páxina porémolos á túa disposición con licenza de Recoñecemento e Uso non comercial

Mapa do ceo coas constelacións en galego

Mapa do ceo que se pode ver desde Galicia, cos nomes das constelacións normalizados segundo a forma oficial aprobada pola Real Academia Galega en novembro de 2020. Se prefires, podes descargar a imaxe en formato PDF (77 KB) para imprimila.

Instrucións para localizar a estrela Rosalía de Castro

Tamén podes descargar a imaxe en formato PDF (172 KB) para imprimila.