Amosar filtros

Categories

Reset Filters
< 2022 >
Abril
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
Marzo
Marzo
Marzo
Marzo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
  • Charla: “Navegación astronómica: as estrelas como guía”

    Charla: “Navegación astronómica: as estrelas como guía”

    19:30 -21:00
    12/04/2022

    Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña

    Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña

    Charla que imparte a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración co MUNCYT da Coruña.

    Conferenciante: Xabier Pérez Couto, matemático, autor da canle de YouTube de divulgación de astronomía AstroXabi e socio da Agrupación Ío.

    Descrición: Astronomía e navegación estiveron ligadas dende a fabricación dos primeiros barcos. Antes da invención do GPS e dos primeiros ordenadores o ceo estrelado servía de mapa e guía para quen se atrevía a navegar en alta mar. Nesta palestra-obradoiro da Agrupación Ío aprenderemos os fundamentos necesarios para orientarnos polas estrelas, incluso sen ter terra á vista, e fabricaremos un instrumento náutico que teremos a oportunidade de poñer en práctica na observación posterior.

  • Observación: A noite de Yuri

    Observación: A noite de Yuri

    21:30 -23:30
    12/04/2022

    Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña

    Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña

    Observación do ceo nocturno a simple vista e con telescopio nas inmediacións do MUNCYT da Coruña, en conmemoración e recordo da primeira vez que un ser humano, Yuri Gagarin, viaxou ao espazo, o que ocurriu o 12 de abril de 1961.

     

13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
  • Gala de Premios de Cultura da Deputación da Coruña

    Gala de Premios de Cultura da Deputación da Coruña

    19:00 -20:30
    23/04/2022

    Gala de entrega dos premios correspondentes aos anos 2020 e 2021 da área de Cultura da Deputación da Coruña. A Agrupación Ío asistirá como entidade galardoada co Premio Rosalía de Castro á Normalización Lingüística. A entrada é de balde con convite que se pode reservar nesta ligazón: http://www.teatrocolon.es/evento/gala-de-premios-daccultura/

24
25
26
27
28
29
30
  • Visita guiada: fondo astronómico antigo da Biblioteca da Casa Consulado

    Visita guiada: fondo astronómico antigo da Biblioteca da Casa Consulado

    11:30 -12:30
    30/04/2022

    Praza Pintor Álvarez Sotomayor, nº 1, baixo, 15001 A Coruña

    Praza Pintor Álvarez Sotomayor, nº 1, baixo, 15001 A Coruña

    Visita guiada á Biblioteca da Casa Consulado, con especial atención ao seu fondo astronómico antigo. Prazas limitadas (máximo 10 persoas).

Maio