Amosar filtros

Categories

Reset Filters
  • 03
    3 Xaneiro, 2023

    Obradoiro de planisferios

    18:00 -19:00
    03/01/2023
    Biblioteca do Fórum Metropolitano
    Rúa Río de Monelos 1, 15006 A Coruña

    Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Para persoas entre 9 e 14 anos. Necesaria inscrición previa a través deste formulario.

  • 04
    4 Xaneiro, 2023

    Conferencia de Isabel Suárez Fernández: "Fenómenos críticos en colapso gravitacional, ondas gravitacionais e folerpas de neve. Que teñen que ver?"

    19:30 -20:30
    04/01/2023
    Casa das Ciencias
    Parque de Santa Margarita, A Coruña

    Conferencia de Isabel Suárez Fernández, doutora en Física Teórica e investigadora posdoutoral na Universidade das Illas Baleares.

  • 09
    9 Xaneiro, 2023

    Astronomía no Centro de Menores de Palavea

    16:15 -17:45
    09/01/2023

    Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

  • 18
    18 Xaneiro, 2023

    Instrumentos de observación da natureza: prismáticos

    20:30 -21:30
    18/01/2023
    Grupo Naturalista Hábitat
    Rúa Camariñas 8, baixo, 15002 A Coruña

    Charla do noso compañeiro José Ramón Méndez sobre unha das ferramentas esenciais para toda persoa interesada pola natureza: os prismáticos. Que modelos existen? Que características e particularidades teñen? Como elixir os máis axeitados? Estas e moitas outras dúbidas terán resposta ao longo desta sesión. A actividade forma parte da iniciativa “Falando de natureza” que organiza o Grupo Naturalista Hábitat. Máis información, aquí.

  • 23
    23 Xaneiro, 2023

    Astronomía no Centro de Menores de Palavea

    16:15 -17:45
    23/01/2023

    Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.