Amosar filtros

Categories

Reset Filters
< 2022 >
Marzo 29
  • 29
    29 Marzo, 2022

    Feira da sustentabilidade

    10:00 -18:00
    29/03/2022
    Facultade de Economía e Empresa da UDC
    Campus de Elviña, 15008 A Coruña

    Dentro do programa do Marzo Ambiental a Universidade da Coruña organiza unha nova edición da Feira da Sustentabilidade no campus universitario os días 29, 30 e 31 de marzo, no vestíbulo e corredores da Facultade de Economía e Empresa da UDC, no campus de Elviña. A Feira dá a coñecer asociacións e proxectos que centran a súa actividade en promover un estilo de vida sustentábel e acorde coas necesidades de cambio que nos esixe a emerxencia climática, así como de protección da biodiversidade e da calidade ambiental; e tamén aquelas cunha perspectiva ecosocial, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta. As entidades participantes dispoñen dun punto de información en horario de 10 a 18h os tres días.

    https://www.udc.es/novas/Marzo-Ambiental-2022/