{"id":4862,"date":"2018-11-30T23:19:24","date_gmt":"2018-11-30T21:19:24","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4862"},"modified":"2018-11-30T23:19:24","modified_gmt":"2018-11-30T21:19:24","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-novembro-2018-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-da-iau-novembro-2018-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Novembro 2018 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4853\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"480\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-768x461.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro 2018 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) astroEDU da IAU seleccionado como unha das 100 mellores iniciativas de educaci\u00f3n de todo o mundo<br \/>\n2) A astr\u00f3noma Teresa Lago \u00e9 a ga\u00f1adora do Gran Premio Ci\u00eancia Viva Montepio 2018<br \/>\n3) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a o bolet\u00edn #22 da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<br \/>\n4) Anunciada unha nova iniciativa do observatorio de Arecibo<br \/>\n5) Apoio a estudantes africanos para asistir a un obradoiro espacial<br \/>\n6) O podcast \u00ab365 d\u00edas de astronom\u00eda\u00bb fai 10 anos<br \/>\n7) Nepal acolle a conferencia rexional asi\u00e1tica \u201cGlobal Hands-On Universe\u201d<br \/>\n8) Constelaci\u00f3ns en diferentes culturas<br \/>\n9) Campa\u00f1as \u00abGlobe at Night\u00bb en 2019<br \/>\n10) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n11) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Al\u00e9granos anunciar que as celebraci\u00f3ns dos 100 anos da IAU alcanzaron o fito dos 100 eventos rexistrados <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/events\">na nosa plataforma<\/a>. Isto d\u00e9bese en gran medida ao esforzo das persoas que se encargan da Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional e os <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/nodes\">Comit\u00e9s Nacionais IAU100<\/a> na difusi\u00f3n de informaci\u00f3n nos seus pa\u00edses para crear conciencia na comunidade. Podedes atopar alg\u00fans exemplos das actividades de lanzamento de IAU100 en todo o mundo <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">nas nosas redes sociais<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\">Queremos destacar <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/projects\">catro proxectos globais da IAU<\/a> que est\u00e1n a xerar moito interese por parte da comunidade, as <a href=\"http:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/\">100 horas de Astronom\u00eda<\/a>, o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/women-girls-astronomy-day\">D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda<\/a>, as <a href=\"http:\/\/www.einsteinschools.org\/\">Escolas Einstein<\/a> e a <a href=\"http:\/\/100exhibit.iau.org\/\">exposici\u00f3n \u201cAbove and Beyond\u201d<\/a>. Non perdades a oportunidade de facer plans por adiantado e un\u00eddevos a n\u00f3s nas celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos o gran premio obtido pola nosa Secretaria Xeral, a selecci\u00f3n de astroEDU como unha das 100 m\u00e1is importantes iniciativas de educaci\u00f3n e o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn informativo da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU.<\/p>\n<p align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p align=\"left\">O equipo da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) astroEDU da IAU seleccionado como unha das 100 mellores iniciativas de educaci\u00f3n de todo o mundo<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">HundrED \u00e9 unha organizaci\u00f3n mundial de educaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro que investiga innovaci\u00f3ns na educaci\u00f3n en todo o mundo e selecciona anualmente as 100 iniciativas m\u00e1is inspiradoras. As pr\u00e1cticas educativas te\u00f1en que cumprir cos criterios de ser innovadoras, impactantes e modul\u00e1beis para ingresar na lista. Na listaxe de 2019, HundrED reco\u00f1eceu a astroEDU da IAU entre as 100 mellores innovaci\u00f3ns. IAU astroEDU \u00e9 unha plataforma de acceso aberto de actividades de educaci\u00f3n astron\u00f3mica revisadas por pares co obxectivo de que os educadores e educadoras as descubran, revisen, distrib\u00faan, melloren e mesturen segundo as s\u00faas necesidades culturais e ling\u00fc\u00edsticas.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann1858\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann1858\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) A astr\u00f3noma Teresa Lago \u00e9 a ga\u00f1adora do Gran Premio Ci\u00eancia Viva Montepio 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O Gran Premio Ci\u00eancia Viva Montepio distinguiu a Teresa Lago, a nosa Secretaria Xeral da IAU, polo seu destacado labor na promoci\u00f3n da cultura cient\u00edfica como profesora, investigadora, autora e divulgadora no campo da astronom\u00eda. Despois de obter o seu doutoramento en astrof\u00edsica da Universidade de Sussex, foi fundadora do <a href=\"https:\/\/www.astro.up.pt\/index.php?Lang=uk\">Centro de Astrof\u00edsica da Universidade do Porto<\/a> e creou o primeiro grao en astronom\u00eda en Portugal. Os Premios Ci\u00eancia Viva Montepio son outorgados anualmente por <a href=\"http:\/\/www.cienciaviva.pt\/home\/\">Ci\u00eancia Viva<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.montepio.pt\/particulares\">Montepio<\/a> e celebran a personalidades e instituci\u00f3ns que destacan polo seu m\u00e9rito excepcional na promoci\u00f3n da cultura cient\u00edfica en Portugal. As persoas ga\u00f1adoras son seleccionadas por representantes das instituci\u00f3ns de investigaci\u00f3n cient\u00edfica que conforman a axencia Ci\u00eancia Viva.<\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed est\u00e1 o anuncio oficial da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann1856\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann1856\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>3) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a o bolet\u00edn #22 da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O bolet\u00edn informativo #22 da IAU OAD est\u00e1 <a href=\"https:\/\/cloudcape.saao.ac.za\/index.php\/s\/7JTNrVDoLcCoECL\">xa en li\u00f1a<\/a>. Publ\u00edcao trimestralmente a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU. Entre os asuntos destacados desta edici\u00f3n temos a Asemblea Xeral da IAU que se celebrou do 20 ao 31 de agosto en Viena, Austria; informaci\u00f3n actualizada sobre a convocatoria anual de propostas da OAD e o novo libro de grande formato publicado pola OAD.<\/p>\n<p align=\"left\">O arquivo de todos os bolet\u00edns de OAD pode consultarse <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>4) Anunciada unha nova iniciativa do observatorio de Arecibo<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">En 1974 o Observatorio de Arecibo fixo historia ao transmitir a mensaxe de radio ao espazo profundo m\u00e1is poderosa xamais creada. A famosa \u00abmensaxe de Arecibo\u00bb foi dese\u00f1ada polo persoal do observatorio, dirixido por Frank Drake, coa axuda do astr\u00f3nomo e famoso comunicador cient\u00edfico Carl Sagan. Conti\u00f1a informaci\u00f3n sobre a raza humana e aspiraba a ser a nosa tarxeta de visita intergal\u00e1ctica. No 44\u00ba aniversario da mensaxe orixinal de Arecibo, o equipo do observatorio est\u00e1 buscando ideas innovadoras a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n global.<\/p>\n<p align=\"left\">Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/today.ucf.edu\/new-arecibo-observatory-message-challenge-announced\/\">aqu\u00ed<\/a>. Visitade o sitio web do observatorio para obter m\u00e1is detalles: <a href=\"http:\/\/www.naic.edu\/ao\/landing\">http:\/\/www.naic.edu\/ao\/landing<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Apoio a estudantes africanos para asistir a un obradoiro espacial<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O Consello Consultivo de Xeraci\u00f3n Espacial (SGAC), unha organizaci\u00f3n non gobernamental sen \u00e1nimo de lucro, est\u00e1 a recadar fondos para apoiar os e as mellores estudantes e profesionais de \u00c1frica para que asistan ao 2\u00ba Obradoiro Xeraci\u00f3n Espacial Africana (AF-SGW) que se realizar\u00e1 do 17 ao 18 de decembro de 2018 en Mauricio. Este obradoiro \u00e9 unha oportunidade \u00fanica para contribu\u00edr ao futuro do espazo africano. Os obradoiros anteriores de SGAC cambiaron literalmente vidas ao facilitar que as persoas asistentes se reunisen con xente que pod\u00eda ofrecerlles titor\u00eda, asesor\u00eda e mesmo emprego. As contribuci\u00f3ns apoiar\u00e1n directamente a participaci\u00f3n da mocidade no encontro.<\/p>\n<p align=\"left\">Podedes obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.gofundme.com\/afsgw2018\">https:\/\/www.gofundme.com\/afsgw2018<\/a>. Tam\u00e9n podedes contactar con ramasamy.venugopal[at]spacegeneration.org e hansley.noruthun[at]spacegeneration.org para facer calquera consulta.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>6) O podcast <em>365 d\u00edas de astronom\u00eda<\/em> fai 10 anos<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O podcast diario <em>365 d\u00edas de astronom\u00eda<\/em> celebra o seu d\u00e9cimo aniversario en 2019. Para comezar unha nova d\u00e9cada, o programa formula un ano de contidos arredor do tema \u00abConmemorar os descubrimentos a trav\u00e9s do tempo e a cultura\u00bb. O d\u00e9cimo aniversario do podcast cadra coas celebraci\u00f3ns do centenario da IAU e o 50\u00ba aniversario da aterraxe na L\u00faa, un fito que nos leva a moitos outros grandes logros de exploraci\u00f3n espacial e ciencia espacial. O podcast \u00e9 unha produci\u00f3n do Planetary Science Institute e incl\u00fae contido achegado por autores e autoras de podcast de todo o mundo.<\/p>\n<p align=\"left\">Podedes escoitar episodios pasados e subscribirvos en <a href=\"http:\/\/365daysofastronomy.org\/\">http:\/\/365daysofastronomy.org<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n neste sitio web: <a href=\"http:\/\/www.psi.edu\/news\/podcast\">http:\/\/www.psi.edu\/news\/podcast<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>7) Nepal acolle a conferencia rexional asi\u00e1tica \u00abGlobal Hands-On Universe\u00bb<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Global Hands-On Universe (GHOU) convida a docentes, estudantes, investigadores e investigadoras e entusiastas do espazo a rexistrarse na primeira reuni\u00f3n rexional asi\u00e1tica de GHOU que se realizar\u00e1 no campus de Prithivi Narayan, Pokhara (Nepal) do 6 ao 8 de marzo de 2019. O obxectivo desta conferencia rexional \u00e9 crear unha plataforma para que astr\u00f3nomos, astr\u00f3nomas e profesionais da educaci\u00f3n se re\u00fanan e compartan aprendizaxe no marco da rede GHOU en \u00e1reas de investigaci\u00f3n de vangarda. Podedes rexistrarvos <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/15DNPSIUFVKUjP3LbQXdd2N_c898RHV4eLmA6wzX5N9A\/viewform?edit_requested=true&amp;fbclid=IwAR1WwbexSi3VCBtaYGS9r6HEd_soWp6sL0LMbkQc7pTl8AiAEkgCsQP7lZs\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o encontro en: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home\">https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-rexional-conference\/home<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>8) Constelaci\u00f3ns en diferentes culturas<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Como situaron as culturas de todo o mundo os seus mitos e lendas nas estrelas? Grazas \u00e1 creatividade combinada coas historias sobre lendas e mitos locais xurdiu un conxunto diverso de constelaci\u00f3ns. Ao longo dos s\u00e9culos, as persoas atoparon moitas formas diferentes no mesmo ceo, desde humanos, animais e obxectos at\u00e9 conceptos abstractos. O proxecto \u00abFiguras no Ceo\u00bb, da astr\u00f3noma e artista de visualizaci\u00f3n de datos <a href=\"https:\/\/www.visualcinnamon.com\/\">Nadieh Bremer<\/a>, recolle as constelaci\u00f3ns de diferentes culturas.<\/p>\n<p align=\"left\">Tedes moito por descubrir en <a href=\"http:\/\/www.datasketch.es\/may\/code\/nadieh\/\">http:\/\/www.datasketch.es\/may\/code\/nadieh\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Campa\u00f1as Globe at Night en 2019<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Globe at Night (GaN) \u00e9 un proxecto mundial de ciencia cidad\u00e1 para concienciar sobre os problemas da contaminaci\u00f3n luminosa e compilar datos que axuden a controlar o seu estado. <a href=\"http:\/\/www.globeatnight.org\/\">Globe at Night<\/a> disp\u00f3n dunha aplicaci\u00f3n e sitio web multiplataforma desde os cales avaliar facilmente o brillo do ceo nocturno dun lugar concreto (ou a escuridade!). Os tel\u00e9fonos intelixentes rexistrar\u00e1n automaticamente a data, a hora e a localizaci\u00f3n, polo que s\u00f3 se necesita a medici\u00f3n e alg\u00fans datos do nivel de nebulosidade. A\u00ednda est\u00e1s a tempo de participar na campa\u00f1a que queda este ano de Globe at Night, do 29 de novembro ao 8 de decembro.<\/p>\n<p><strong>10) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p>Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Encontro rexional asi\u00e1tico \u00abGlobal Hands-On Universe\u00bb<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 6 ao 8 de marzo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pokhara, Nepal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home\">https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home<\/a><\/p>\n<p>b) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>c) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11<\/strong><strong>) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=abbe6fa018\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Novembro 2018 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) astroEDU da IAU seleccionado como unha das 100 mellores iniciativas de educaci\u00f3n de todo o mundo 2) A astr\u00f3noma Teresa Lago \u00e9 a ga\u00f1adora do Gran Premio Ci\u00eancia Viva Montepio 2018 3) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a o bolet\u00edn #22 da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento 4)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-da-iau-novembro-2018-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4862","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4862","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4862"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4862\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4862"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4862"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4862"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}