{"id":4724,"date":"2018-09-18T22:12:49","date_gmt":"2018-09-18T20:12:49","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4724"},"modified":"2018-09-18T22:12:49","modified_gmt":"2018-09-18T20:12:49","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-setembro-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-da-iau-setembro-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Setembro 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro 2018 #1<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Propostas para acoller a Conferencia 2020 \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAP)<br \/>\n2) Posto na IAU: Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional<br \/>\n3) Premio Especial IAU a Carolina \u00d6dman-Govender<br \/>\n4) Ga\u00f1a un telescopio asinado por astronautas<br \/>\n5) Simulador de ceo escuro<br \/>\n6) Novas do Brasil<br \/>\n7) \u00danete \u00e1s campa\u00f1as Globe at Night de 2018!<br \/>\n8) Xornal \u201cSpace Scoop\u201d: noticias astron\u00f3micas para os nenos e nenas, agora tam\u00e9n dispo\u00f1\u00edbel para imprimir<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso equipo est\u00e1 de volta no Xap\u00f3n logo de d\u00faas intensas semanas <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1UV7jHCfZk6qbMHrD54V4oLEG5W4wMOaRBhmxM3y7ni4\/edit?usp=sharing\">d\u00e1ndolle a benvida \u00e1s persoas de todo o mundo que pasaron polo noso posto da IAU durante a Asemblea Xeral<\/a> en Viena. Tivemos o pracer de saudar aos colegas, amigos e amigas e volvemos con novas ideas, novas colaboraci\u00f3ns, novas amizades, marabillados pola ciencia que se est\u00e1 facendo e coa inspiraci\u00f3n que achegan os abraiantes proxectos desenvolvidos en todo o mundo nos campos da divulgaci\u00f3n, a educaci\u00f3n e o desenvolvemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As celebraci\u00f3ns do centenario da IAU xa <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/ga-announcement\">comezaron oficialmente<\/a> e hai moito en preparaci\u00f3n de cara ao ano que v\u00e9n. Non o perdas! Segue as noticias nas nosas redes sociais e no noso bolet\u00edn e empeza a prepararte. Fainos saber como vas a celebrar cen anos de astronom\u00eda durante 2019.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos o concurso IAU100 cun telescopio asinado por astronautas como premio, as campa\u00f1as de Globe at night, e o simulador de ceo escuro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">E non esquezas que podes unirte ao noso equipo aqu\u00ed no Xap\u00f3n! Postula a t\u00faa candidatura \u00e1 Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional at\u00e9 o 15 de outubro de 2018. Estamos desexando darche a benvida!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Propostas para acoller a Conferencia 2020 \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAP)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As conferencias CAP est\u00e1n organizadas pola comisi\u00f3n C2 da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional co obxectivo de facilitar o intercambio de ideas e boas pr\u00e1cticas no campo da comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda e o espazo, as\u00ed como a educaci\u00f3n informal. A pr\u00f3xima conferencia est\u00e1 marcada para maio de 2020 e o lugar ser\u00e1 elixido logo dun per\u00edodo aberto para a recepci\u00f3n de propostas. As instituci\u00f3ns interesadas en elevar a comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica na s\u00faa rexi\u00f3n ao acoller o CAP2020 deben responder un cuestionario inicial e envialo por correo electr\u00f3nico a cheungszeleung[at]oao.iau.org e osandu[at]partner.eso.org co asunto CAP2020. A data l\u00edmite para as solicitudes \u00e9 o 15 de outubro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Posto na IAU: Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO) da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional \u00e9 un centro para a coordinaci\u00f3n das actividades p\u00fablicas de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en todo o mundo. O obxectivo \u00e9 facer m\u00e1is f\u00e1cil o acceso \u00e1 informaci\u00f3n sobre o noso universo e as actividades astron\u00f3micas locais e globais ao tempo que se crean redes de apoio e difusi\u00f3n desta informaci\u00f3n entre as comunidades da astronom\u00eda amadora e a divulgaci\u00f3n p\u00fablica. As persoas interesadas deben enviar unha carta de presentaci\u00f3n e curr\u00edculo completo, que incl\u00faa os datos de contacto de polo menos tres referencias, por correo electr\u00f3nico ao Director Supervisor da OAO IAU, Hidehiko Agata (h.agata[at]nao.ac.jp). O proceso de selecci\u00f3n comezar\u00e1 despois do 15 de outubro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is detalles sobre o proceso, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18028\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18028\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Premio Especial IAU a Carolina \u00d6dman-Govender<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Carolina \u00d6dman-Govender foi reco\u00f1ecida polo seu traballo pioneiro na divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, o desenvolvemento e a educaci\u00f3n, cun premio da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional. O premio, que leva por nome Premio Especial do Comit\u00e9 Executivo para a Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica, o Desenvolvemento e a Educaci\u00f3n, foi entregado na XXX Asemblea Xeral da IAU celebrada en Viena, Austria, en 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18041\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18041\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Ga\u00f1a un telescopio asinado por astronautas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Algunha vez pensaches en ter un telescopio asinado por astronautas? En colaboraci\u00f3n coa iniciativa belga Sterren Schitteren voor Iedereen (SSVI) e Universe Awareness (UNAWE), agasallamos dez telescopios refractores Bresser, cada un coa sinatura dun astronauta, para apoiar as actividades educativas coa rapazada en todo o mundo. Estes telescopios ser\u00e1n usados durante o Proxecto Global das 100 horas da astronom\u00eda entre o 18 e o 21 de xaneiro de 2019.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is sobre o concurso aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/telescope-competition\">https:\/\/www.iau-100.org\/telescope-competition<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Simulador de ceo escuro<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O simulador de ceo escuro \u00e9 un proxecto financiado pola Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento co obxectivo de crear un simulador f\u00edsico baseado en LED que amose os efectos da contaminaci\u00f3n luminosa. O simulador consiste nunha placa que simula o ceo estrelado e varias l\u00e1mpadas LED. A placa simula o ceo nocturno empregando LED de brillo vari\u00e1bel para representar as estrelas de diversas magnitudes e os debuxos das constelaci\u00f3ns. O proxecto completou xa un prototipo e todas as instruci\u00f3ns e c\u00f3digos est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis no seu sitio web.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/tf3\/open-design-dark-sky-simulator\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/tf3\/open-design-dark-sky-simulator\/<\/a> e <a href=\"https:\/\/darkskysim.com\/\">https:\/\/darkskysim.com<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Novas do Brasil<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Revista sobre planetarios en portugu\u00e9s<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Associa\u00e7\u00e3o Brasileira de Planet\u00e1rios (ABP) v\u00e9n de lanzar o novo n\u00famero da s\u00faa revista \u201cPlanetaria\u201d. Planetaria \u00e9 unha revista de contidos abertos publicada en portugu\u00e9s cada tres meses. Con esta revista electr\u00f3nica, ABP quere darlle aos profesionais dos planetarios informaci\u00f3n valiosa na s\u00faa \u00e1rea de traballo, para que as e os educadores (principalmente docentes) obte\u00f1an o m\u00e1ximo da s\u00faa visita ao planetario e amosar que a astronom\u00eda \u00e9 unha ciencia ligada ao d\u00eda a d\u00eda cunha forte intenci\u00f3n interdisciplinar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes descargar este n\u00famero de balde <a href=\"http:\/\/planetarios.org.br\/revista-planetaria\/edicao-atual\/\">aqu\u00ed<\/a> ou lelo <a href=\"https:\/\/issuu.com\/planetarios\/docs\/planetaria_nr.18\">aqu\u00ed<\/a>. Os n\u00fameros anteriores podes atopalos <a href=\"http:\/\/planetarios.org.br\/revista-planetaria\/edicoes-anteriores\/\">neste enderezo<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) \u00danete \u00e1s campa\u00f1as Globe at Night de 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">Globe at Night (GaN)<\/a> \u00e9 unha campa\u00f1a internacional de ciencia cidad\u00e1 que pretende espertar conciencia sobre o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa convidando \u00e1 xente a que mida o brillo do ceo e comparta as s\u00faas observaci\u00f3ns. \u00c9 doado participar, todo o que precisas \u00e9 un ordenador ou tel\u00e9fono. En 2017 houbo en todo o mundo 14753 achegas de datos e no que vai de 2018 van xa 6041! \u00danete \u00e1s campa\u00f1as e axuda a GaN a conseguir as 15000 medici\u00f3ns este ano!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As datas das campa\u00f1as no que resta de ano poden atoparse aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php#d2018\">https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php#d2018<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Xornal \u201cSpace Scoop\u201d: noticias astron\u00f3micas para os nenos e nenas, agora tam\u00e9n dispo\u00f1\u00edbel para imprimir<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Universe Awareness anunciou o lanzamento do primeiro xornal Space Scoop, que ofrece noticias astron\u00f3micas aos nenos e nenas de todo o mundo nun novo formato pr\u00e1ctico. Podes descargar e imprimir unha copia para compartila coa rapazada e amosarlles o que comen os buracos negros, a receita para a vida ou simplemente levalos nunha viaxe aos l\u00edmites do universo. Space Scoop \u00e9 un servizo de noticias astron\u00f3mico semanal para a rapazada de m\u00e1is de oito anos que comparte os \u00faltimos descubrimentos de 13 organizaci\u00f3ns astron\u00f3micas cos nenos e nenas de todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.unawe.org\/updates\/2018-Space-Scoop-newspaper\/\">http:\/\/www.unawe.org\/updates\/2018-Space-Scoop-newspaper\/ <\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 21 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berl\u00edn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.epsc2018.eu\/\">https:\/\/www.epsc2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p>b) Conferencia .Astronomy<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 27 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Baltimore, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.dotastronomy.com\/\">https:\/\/www.dotastronomy.com\/<\/a><\/p>\n<p>c) Congreso Xeraci\u00f3n Espacial<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018\">https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018<\/a><\/p>\n<p>d) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>e) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>f) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>g) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 9 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bonn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/\">https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/<\/a><\/p>\n<p>h) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>i) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=7516ee0f54\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Setembro 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Propostas para acoller a Conferencia 2020 \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAP) 2) Posto na IAU: Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional 3) Premio Especial IAU a Carolina \u00d6dman-Govender 4) Ga\u00f1a un telescopio asinado por astronautas 5) Simulador de ceo escuro 6) Novas do Brasil 7) \u00danete \u00e1s campa\u00f1as&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-da-iau-setembro-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4724","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4724","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4724"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4724\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4724"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4724"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4724"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}