{"id":4645,"date":"2018-07-26T16:52:39","date_gmt":"2018-07-26T14:52:39","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4645"},"modified":"2018-07-26T16:52:39","modified_gmt":"2018-07-26T14:52:39","slug":"agrupacion-io-organiza-unha-observacion-da-eclipse-total-lua-venres-27-xullo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/agrupacion-io-organiza-unha-observacion-da-eclipse-total-lua-venres-27-xullo\/","title":{"rendered":"A Agrupaci\u00f3n \u00cdo organiza unha observaci\u00f3n da eclipse total de L\u00faa o venres 27 de xullo"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><em>-A observaci\u00f3n ter\u00e1 lugar no Parque dos Menhires, na contorna da Torre de H\u00e9rcules, a partir das 22:00<\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4646\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Eclipse.jpg\" alt=\"Eclipse\" width=\"2000\" height=\"1414\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Eclipse.jpg 2000w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Eclipse-300x212.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Eclipse-768x543.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Eclipse-1024x724.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 2000px) 100vw, 2000px\" \/><\/p>\n<p align=\"justify\">Na noite do venres 27 de xullo ter\u00e1 lugar unha eclipse total de L\u00faa vis\u00edbel en Galicia. A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo guiar\u00e1 unha observaci\u00f3n aberta ao p\u00fablico na Coru\u00f1a no Parque dos Menhires, na contorna da Torre de H\u00e9rcules, desde que comeza a eclipse, arredor das 22:00, at\u00e9 que concl\u00faa. Esta actividade celebr\u00e1mola en colaboraci\u00f3n coa Torre de H\u00e9rcules e o Consorcio de Turismo da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #ff0000\"><strong>Eclipse de L\u00faa<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">Unha eclipse de L\u00faa \u00e9 o escurecemento, m\u00e1is ca ocultaci\u00f3n, do noso sat\u00e9lite pola sombra da Terra, que se interp\u00f3n na chegada directa da luz solar. Para iso \u00e9 preciso que os tres corpos estean en li\u00f1a, coa Terra entre o Sol e a L\u00faa, xeometr\u00eda caracter\u00edstica de cada L\u00faa Chea. Mais como a \u00f3rbita da L\u00faa arredor da Terra est\u00e1 lixeiramente inclinada -uns 5\u00ba- respecto do plano de xiro da Terra arredor do Sol, as m\u00e1is das veces a sombra da Terra non pasa sobre a L\u00faa. O perfecto ali\u00f1amento dos tres corpos que permite as eclipses d\u00e1se s\u00f3 nos \u201cnodos\u201d, puntos de corte da \u00f3rbita da L\u00faa coa ecl\u00edptica (o cami\u00f1o aparente do Sol respecto do firmamento de fondo).<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #ff0000\"><strong>Por que falan agora de \u201cL\u00faa de sangue\u201d?<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">As compo\u00f1entes azuis da luz solar espar\u00e9xense m\u00e1is facilmente e por iso de d\u00eda vemos o ceo de cor azul. Na ca\u00edda da tarde os raios de Sol ch\u00e9gannos m\u00e1is inclinados e atravesan unha capa m\u00e1is grosa da atmosfera; o esparexemento \u00e9 tan intenso que a cor azul practicamente desaparece e predominan as cores alaranxadas e vermellas t\u00edpicas do solpor.<\/p>\n<p align=\"justify\">Un fen\u00f3meno equivalente acontece nas eclipses de L\u00faa. A L\u00faa entra na zona de sombra que provoca a Terra mais non desaparece de todo, pois a\u00ednda que deixa de estar iluminada polo Sol pasa a estar iluminada de forma feble e indirecta pola Terra. \u00c1 L\u00faa chega luz filtrada pola atmosfera da Terra e, igual que no solpor, as cores dominantes son as vermellas. De a\u00ed o de \u201cL\u00faa de sangue\u201d, mais pola mesma raz\u00f3n poder\u00edamos chamala \u201cL\u00faa de tomate\u201d ou \u201cL\u00faa de cobre\u201d, segundo gustos.<\/p>\n<p align=\"justify\">O aspecto da L\u00faa nunha eclipse var\u00eda desde a case total escuridade at\u00e9 unha cor cobre brillante, e a s\u00faa observaci\u00f3n serviu no pasado para avaliar o estado da nosa atmosfera.<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #ff0000\"><strong>A eclipse de L\u00faa do 27 de xullo<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">Na eclipse de ma\u00f1\u00e1 a L\u00faa asomar\u00e1 no ceo da Coru\u00f1a sobre as 22:00 xa oculta pola sombra da Terra (e en consecuencia ver\u00e9mola sa\u00edr sobre o horizonte de cor vermella). A fase de totalidade remata \u00e1s 23:13; a partir dese momento e durante 66 minutos a L\u00faa ir\u00e1 liber\u00e1ndose da sombra terrestre.<\/p>\n<p align=\"justify\">A L\u00faa pasa ma\u00f1\u00e1 polo \u201capoxeo\u201d, o punto da s\u00faa \u00f3rbita no que se atopa m\u00e1is lonxe da Terra. O noso sistema visual, en calquera caso, non \u00e9 capaz de atopar diferenzas entre a L\u00faa no apoxeo (m\u00e1is afastada e en consecuencia \u201cm\u00e1is pequena\u201d) e a L\u00faa no perixeo (m\u00e1is perto e polo tanto \u201cm\u00e1is grande\u201d): os 50000 quil\u00f3metros de maior distancia nun caso respecto do outro son insuficientes para apreciarmos cambio alg\u00fan no tama\u00f1o do disco lunar. Desta volta, iso si, libramos de escoitar o t\u00f3pico da \u201cs\u00faper-L\u00faa\u201d. A de ma\u00f1\u00e1, m\u00e1is ben, ser\u00eda unha \u201ceclipse de mini-L\u00faa\u201d, mais o certo \u00e9 que para os nosos ollos ser\u00e1 tan \u201cmini\u201d ou tan \u201cs\u00faper\u201d como calquera outra L\u00faa Chea do ano.<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #ff0000\"><strong>E ademais da eclipse, Marte<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">O 27 de xullo Marte pasa pola oposici\u00f3n, co cal poderemos ver o planeta vermello ao longo de toda a noite e co m\u00e1ximo brillo anual. Durante todo o ver\u00e1n Marte ser\u00e1 o obxecto puntual m\u00e1is brillante do ceo nocturno, s\u00f3 superado, como \u00e9 usual, polo planeta Venus, vis\u00edbel estes meses na posta de Sol. Ademais de Marte, est\u00e1n en magn\u00edficas condici\u00f3ns de observaci\u00f3n os planetas X\u00fapiter e Saturno.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-A observaci\u00f3n ter\u00e1 lugar no Parque dos Menhires, na contorna da Torre de H\u00e9rcules, a partir das 22:00 Na noite do venres 27 de xullo ter\u00e1 lugar unha eclipse total de L\u00faa vis\u00edbel en Galicia. A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo guiar\u00e1 unha observaci\u00f3n aberta ao p\u00fablico na Coru\u00f1a no Parque dos Menhires, na contorna da Torre de H\u00e9rcules, desde que comeza a eclipse, arredor das&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/agrupacion-io-organiza-unha-observacion-da-eclipse-total-lua-venres-27-xullo\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[272],"class_list":["post-4645","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actividades-gl","tag-eclipse-total-de-lua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4645","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4645"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4645\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4645"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4645"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4645"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}