{"id":4572,"date":"2018-06-14T12:46:19","date_gmt":"2018-06-14T10:46:19","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4572"},"modified":"2018-06-14T12:46:19","modified_gmt":"2018-06-14T10:46:19","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-xuno-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-da-iau-xuno-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Xu\u00f1o 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xu\u00f1o 2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) A Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica recibe financiamento do NAOJ<br \/>\n2) Brecha de x\u00e9nero en ciencia<br \/>\n3) Bolet\u00edn #87 da Comisi\u00f3n C1 da IAU de educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda<br \/>\n4) Novas tendencias en educaci\u00f3n astron\u00f3mica: obradoiro de d\u00eda de educaci\u00f3n en astronom\u00eda e astrobiolox\u00eda<br \/>\n5) Explora o Sistema Solar coa expedici\u00f3n a Vesta, a L\u00faa e Marte<br \/>\n6) Educaci\u00f3n CTEM en Puerto Rico<br \/>\n7) Sons do sistema (System Sounds)<br \/>\n8) Escola de ver\u00e1n STEAM de comunicaci\u00f3n da ciencia<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nas \u00faltimas semanas na instituci\u00f3n que nos acolle, o Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n (NAOJ), o noso equipo estivo traballando na primeira charla convidada do Proxecto Diversidad @NAOJ, unha serie de conferencias no marco do vindeiro Simposio IAU 2019 \u201cAstronom\u00eda para a Igualdade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as actuaci\u00f3ns no marco do centenario da IAU\u201d. Coa mirada posta no 2019 e as celebraci\u00f3ns do centenario da IAU, o noso equipo aspira a incrementar o n\u00famero de representantes nacionais -os <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/\">Coordinadores de Divulgaci\u00f3n Nacional, NOCs<\/a>&#8211; at\u00e9 cen! Se achas que o teu pa\u00eds non ten a\u00ednda representante nacional, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/contact-us\/\">por favor contacta con n\u00f3s<\/a>! Por \u00faltimo, mais non \u00e9 menos importante, estamos contentos de anunciar que o proxecto da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (Astronomy Translation Network, ATN) foi galardoado pola NAOJ co premio \u201cFinanciamento para o mantemento do medio de estudo\u201d, en reco\u00f1ecemento ao valor do proxecto para difundir recursos en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero destacamos a enquisa mundial sobre brecha de x\u00e9nero na ciencia, o bolet\u00edn n\u00famero 87 da Comisi\u00f3n 1 IAU de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda, e recomendamos o proxecto \u201cExplora o Sistema Solar a trav\u00e9s de Vesta, a L\u00faa e Marte\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) A Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica recibe financiamento do NAOJ<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso proxecto da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica NAOJ\/IAU OAO recibiu do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n o premio \u201cFinanciamento para o mantemento do medio de estudo\u201d. O Director Xeral do NAOJ, o doutor Saku Tsuneta, achegou un mill\u00f3n de iens para apoiar a continuidade do proxecto pola s\u00faa relevancia para a comunidade astron\u00f3mica internacional. A Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica \u00e9 un proxecto global que centraliza os recursos m\u00e1is valiosos que precisan traduci\u00f3n e asocia as necesidades de traduci\u00f3n cos voluntarios. Esta iniciativa est\u00e1 liderada por Yukiko Shibata, respons\u00e1bel de divulgaci\u00f3n internacional da OAO.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Visita a Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica en <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation\/about\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation\/about<\/a> e descubre m\u00e1is sobre o proxecto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong> 2) Brecha de x\u00e9nero en ciencia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">At\u00e9 o 31 de outubro de 2018 o Consello Internacional para a Ciencia (International Council for Science, ICSU) desenvolve a enquisa \u201cUn achegamento global \u00e1 brecha de x\u00e9nero en matem\u00e1ticas, computaci\u00f3n e ciencias naturais: como medila, como reducila?\u201d. A enquisa dir\u00edxese a 45000 persoas en m\u00faltiples idiomas para acadar un co\u00f1ecemento m\u00e1is preciso da brecha de x\u00e9nero na ciencia global. A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional participa na enquisa canda outras asociaci\u00f3ns e o ICSU.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Por favor, difundide e compartide a enquisa entre os vosos colegas:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/icsugendergapinscience.org\/2018-global-survey-of-mathematical-computing-and-natural-scientists\/\">https:\/\/icsugendergapinscience.org\/2018-global-survey-of-mathematical-computing-and-natural-scientists\/ <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Bolet\u00edn #87 da Comisi\u00f3n C1 da IAU de educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O bolet\u00edn #87 da Comisi\u00f3n C1 da IAU xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel. Nesta publicaci\u00f3n da IAU atoparedes informaci\u00f3n actualizada da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, os informes \u201cNASE re\u00fanese con profesorado de bacharelato do Xap\u00f3n\u201d, \u201cEducaci\u00f3n astron\u00f3mica: deber\u00edamos escoitar\u201d, \u201cAstronom\u00eda para todas as persoas: un curso innovador que prepara ao profesorado para ensinar astronom\u00eda a estudantes con discapacidades\u201d, \u201cEstrelas que inspiran, reportaxe sobre o proxecto de exposici\u00f3n mundial inclusiva da IAU\u201d, \u201cUn s\u00e9culo de astronom\u00eda e comunicaci\u00f3n sen fronteiras\u201d e moitas cousas m\u00e1is.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler o bolet\u00edn aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/iaucc1.frm.utn.edu.ar\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/IAUNL87.pdf\">http:\/\/iaucc1.frm.utn.edu.ar\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/IAUNL87.pdf <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Novas tendencias en educaci\u00f3n astron\u00f3mica: obradoiro de un d\u00eda de educaci\u00f3n en astronom\u00eda e astrobiolox\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Inter-Divisi\u00f3n Comisi\u00f3n B-C de \u201cProtecci\u00f3n dos sitios de observaci\u00f3n existentes e potenciais\u201d, a C1 de \u201cEducaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda\u201d e a Inter-Comisi\u00f3n C1-F2-F3-H2 \u201cGrupo de traballo de educaci\u00f3n e formaci\u00f3n en astrobiolox\u00eda\u201d, propo\u00f1en un encontro para desenvolver diferentes asuntos e recursos que queden a dispor do profesorado. O profesorado de secundaria e bacharelato, as\u00ed como os e as colegas da IAU, poden asistir ao obradoiro de educaci\u00f3n de un d\u00eda o 19 de agosto no observatorio Kuffner de Viena, Austria, xusto antes da Asemblea Xeral da IAU. A sesi\u00f3n de p\u00f3sters constar\u00e1 de tres per\u00edodos durante a pausa para o caf\u00e9 nos que se debater\u00e1 o traballo dos e das participantes arredor dos asuntos do obradoiro: contaminaci\u00f3n luminosa e educaci\u00f3n en astronom\u00eda e astrobiolox\u00eda. A data l\u00edmite para as propostas \u00e9 o 30 de xu\u00f1o de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como participar, por favor contactade con Margarita Metaxa (marmetaxa[at]gmail.com) e Rosie Cane (rosiecane93[at]gmail.com).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Explora o Sistema Solar coa expedici\u00f3n a Vesta, a L\u00faa e Marte<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O proxecto \u201cExpedici\u00f3ns ao Sistema Solar\u201d da NASA produce unha colecci\u00f3n de visualizaci\u00f3ns interactivas e portais de an\u00e1lise a trav\u00e9s da rede e en modo web. Estas ferramentas permiten que as persoas que planifican misi\u00f3ns e fan ciencia planetaria, os e as estudantes e o p\u00fablico en xeral poidamos explorar as superficies dun n\u00famero crecente de corpos planetarios vistos a trav\u00e9s dos ollos dos moi diversos instrumentos que viaxan nas sondas espaciais. As imaxes poden ser almacenadas e combinadas. Calquera usuario pode voar de forma interactiva sobre monta\u00f1as e baixar aos vales en modo 3D; podemos medir distancias, alturas e profundidades dos accidentes xeogr\u00e1ficos; e marcar zonas para xerar impresi\u00f3ns 3D. Desenvolv\u00e9ronse xa portais de exploraci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/marstrek.jpl.nasa.gov\/\">Marte<\/a>, <a href=\"https:\/\/vestatrek.jpl.nasa.gov\/\">Vesta<\/a> e a <a href=\"https:\/\/moontrek.jpl.nasa.gov\/\">L\u00faa<\/a>, e axi\u00f1a aparecer\u00e1n novos portais para outros corpos. O proxecto est\u00e1 xestionado polo Instituto de Investigaci\u00f3n e Exploraci\u00f3n Virtual do Sistema Solar da NASA e foi desenvolvido polo Jet Propulsion Laboratory da NASA.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/science.nasa.gov\/science-activation-team\/solar-system-trek\">https:\/\/science.nasa.gov\/science-activation-team\/solar-system-trek<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Educaci\u00f3n CTEM en Puerto Rico<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desde este ver\u00e1n, os nenos e nenas de Puerto Rico poder\u00e1n explorar o espazo desde o patio da escola. A organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro Astronomers Without Borders (Astronom\u00eda Sen Fronteiras) e Ciencia Puerto Rico distribu\u00edron unha doaz\u00f3n de telescopios a vinte escolas con poucos recursos. Ademais dos telescopios, as escolas recibiron recursos de educaci\u00f3n cient\u00edfica, entre elas \u201cO universo aos teus p\u00e9s\u201d, unha colecci\u00f3n de actividades astron\u00f3micas en espa\u00f1ol para as aulas, e planisferios e mapas celestes que axudan a identificar as estrelas vis\u00edbeis e as constelaci\u00f3ns. Forma parte dunha nova iniciativa colaborativa chamada \u201cAstronom\u00eda al Servicio\u201d, que procura promover a educaci\u00f3n, a exploraci\u00f3n cient\u00edfica e a participaci\u00f3n cidad\u00e1.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n, neste enderezo: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2rFwap5\">https:\/\/bit.ly\/2rFwap5<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Sons do sistema (System Sounds)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Inspirados polo descubrimento do sistema planetario TRAPPIST-1, un astrof\u00edsico, un m\u00fasico e un m\u00fasico\/astrof\u00edsico decidiron experimentar que acontece cando os ritmos e harmon\u00edas dos sistemas astron\u00f3micos se traducen a m\u00fasica que poida ser escoitada polos o\u00eddos humanos. O resultado \u00e9 Sons do sistema (System Sounds), unha colecci\u00f3n de m\u00fasica e animaci\u00f3ns xeradas a partir de simulaci\u00f3ns num\u00e9ricas, datos reais e un pouco de creatividade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is deste proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.system-sounds.com\/\">http:\/\/www.system-sounds.com\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Escola de ver\u00e1n STEAM de comunicaci\u00f3n da ciencia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A escola de ver\u00e1n STEAM de comunicaci\u00f3n da ciencia \u00e9 un curso intensivo de dez d\u00edas, do 2 ao 11 de xullo, que cubrir\u00e1 un amplo rango de temas de comunicaci\u00f3n da ciencia, entre elas o xornalismo, redes sociais, pol\u00edticas de comunicaci\u00f3n, xesti\u00f3n, artes e actuaci\u00f3ns, que fan del unha combinaci\u00f3n \u00fanica para un achegamento creativo na comunicaci\u00f3n das materias CTEM (ciencia, tecnolox\u00eda, enxe\u00f1er\u00eda e matem\u00e1ticas). O curso ser\u00e1 completo e non se require experiencia previa. Este ano acolle a escola a Universidade de Malta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.steamsummerschool.eu\/\">http:\/\/www.steamsummerschool.eu\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>c) Campamento Internacional para a Promoci\u00f3n da Ciencia (ISEC)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Barcelona, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/\">http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/<\/a><\/p>\n<p>d) 5\u00aa Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> 8 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.ecsj2018.eu\/\">https:\/\/www.ecsj2018.eu\/<\/a>)<\/p>\n<p>e) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>f) Committee on Space Research \u2013 COSPAR<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 14 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pasadena, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/cospar2018.org\/\">http:\/\/cospar2018.org\/<\/a><\/p>\n<p>g) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>h) Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 20 ao 31 de agosto de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Viena, Austria<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/\">http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/<\/a><\/p>\n<p>i) ASP2018: Astronom\u00eda para todas as persoas \u2013 Conferencia sobre educaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e diversidade en ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 13 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Sonoma Wine Country, CA<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/\">https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/<\/a><\/p>\n<p>l) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 21 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berl\u00edn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.epsc2018.eu\/\">https:\/\/www.epsc2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p>m) Conferencia .Astronomy<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 27 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Baltimore, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.dotastronomy.com\/\">https:\/\/www.dotastronomy.com\/<\/a><\/p>\n<p>n) Congreso Xeraci\u00f3n Espacial<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018\">https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018<\/a><\/p>\n<p>\u00f1) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>o) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>p) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>q) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Emilio Z\u00fa\u00f1iga, ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=c028370bb9\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xu\u00f1o 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) A Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica recibe financiamento do NAOJ 2) Brecha de x\u00e9nero en ciencia 3) Bolet\u00edn #87 da Comisi\u00f3n C1 da IAU de educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda 4) Novas tendencias en educaci\u00f3n astron\u00f3mica: obradoiro de d\u00eda de educaci\u00f3n en astronom\u00eda e astrobiolox\u00eda 5) Explora&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-da-iau-xuno-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4572","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4572","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4572"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4572\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4572"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4572"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4572"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}