{"id":4276,"date":"2017-12-08T12:34:47","date_gmt":"2017-12-08T10:34:47","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4276"},"modified":"2017-12-08T12:34:47","modified_gmt":"2017-12-08T10:34:47","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Decembro 2017 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro 2017 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) A IAU destaca as colaboraci\u00f3ns Pro-Am<br \/>\n2) Simposio IAU 335: Sesi\u00f3n de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n<br \/>\n3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Etiop\u00eda<br \/>\n4) \u00danete \u00e1 campa\u00f1a de 2018 do proxecto Globe at Night!<br \/>\n5) O Observatorio Europeo do Sur (ESO) lanza os novos Paseos de Realidade Virtual para visitar os seus espazos.<br \/>\n6) Olimp\u00edada Latinoamericana de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica 2017<br \/>\n7) Comunicaci\u00f3n da ciencia na Uni\u00f3n de Xeociencias Europea (EGU) 2018<br \/>\n8) Comunicar F\u00edsica e Astronom\u00eda ao p\u00fablico con discapacidade visual<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O noso equipo estivo ocupado coa Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica, que xa conta con m\u00e1is de 110 tradutores arredor do mundo que est\u00e1n facendo traduci\u00f3ns a trinta linguas diferentes. Continua a nosa Semana NOC nas Redes Sociais, xa na s\u00faa semana n\u00famero 14! Un gran agradecemento aos nosos NOC de Indonesia, Xap\u00f3n, Arxentina, Portugal, B\u00e9lxica, Espa\u00f1a, Corea do Sur, China, Taipei, Honduras, Nepal, Armenia, Alxeria, Canad\u00e1 e Colombia \u2013 non poder\u00edamos facelo sen o apoio dos nosos impresionantes Contactos de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs) e a comunidade mundial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Neste n\u00famero po\u00f1emos o foco nas iniciativas de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n do Simposio IAU sobre \u201cClimatolox\u00eda espacial da heliosfera: procesos e predici\u00f3ns\u201d, as vindeiras campa\u00f1as de ciencia cidad\u00e1 de Globe at Night e os Paseos de Realidade Virtual da ESO.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Finalmente, mais non menos importante, queremos darlle as grazas \u00e1 comunidade de usuarios por compartir continuamente con n\u00f3s as s\u00faas actividades de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3micas favoritas. Agora que 2017 remata, xa nos tarda descubrir o que nos traer\u00e1 o 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>1) A IAU destaca as colaboraci\u00f3ns Pro-Am<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Nas \u00faltimas d\u00faas d\u00e9cadas, a ciencia cidad\u00e1 experimentou un aumento na s\u00faa visibilidade e \u00a0a s\u00faa capacidade para incrementar a conciencia no sector da astronom\u00eda profesional das valiosas contribuci\u00f3ns que os afeccionados e afeccionadas poden achegar \u00e1 s\u00faa investigaci\u00f3n, ao realizar observaci\u00f3ns a longo prazo que non ser\u00edan vi\u00e1beis nos tempos moi marcados dos observatorios profesionais. Ademais, os telescopios con pequenas aperturas son m\u00e1is axeitados para alg\u00fans estudos. Nun tipo alternativo de colaboraci\u00f3n Pro-Amateur (ou \u00abPro-Am\u00bb) a astronom\u00eda profesional ded\u00edcase ao seguimento das descubertas realizadas polo colectivo afeccionado. A trav\u00e9s de iau.org queremos manter unha lista das colaboraci\u00f3ns Pro-Am de m\u00e1is \u00e9xito. Se desexa engadir un proxecto \u00e1 lista, p\u00f3\u00f1ase en contacto connosco: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n no sitio web da iau.org: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/themes\/citizen-science-projects\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/themes\/citizen-science-projects\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>2) Simposio IAU 335: Sesi\u00f3n de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O recente Simposio IAU 335 sobre \u201cClimatolox\u00eda espacial da heliosfera: procesos e predici\u00f3ns\u201d que tivo lugar na Universidade de Exeter no Reino Unido do 17 ao 21 de xullo de 2017 foi unha gran oportunidade para promover este campo da astronom\u00eda nunha comunidade local m\u00e1is ampla. Os astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas profesionais que participaron no simposio tiveron a ocasi\u00f3n de introducir o debate da climatolox\u00eda espacial co alumnado e profesorado local e o p\u00fablico xeral no programa de divulgaci\u00f3n e actividades educativas paralelas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Descubre m\u00e1is sobre esta sesi\u00f3n no informe completo: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2BFhtF3\">http:\/\/bit.ly\/2BFhtF3<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes atopar fotos do evento aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2j0VBAD\">http:\/\/bit.ly\/2j0VBAD<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Etiop\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>a) Obradoiro de alto nivel de sensibilizaci\u00f3n espacial<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU (IAU OAD), o proxecto de sensibilizaci\u00f3n espacial da Uni\u00f3n Europea, o Instituto de Ciencia e Tecnolox\u00eda Espacial de Etiop\u00eda (ESSTI) e a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da Rexi\u00f3n de \u00c1frica Oriental, convocaron un obradoiro de alto nivel o 7 de outubro de 2017 na Comisi\u00f3n Econ\u00f3mica das Naci\u00f3ns Unidas de \u00c1frica (UNECA). O obradoiro xuntou \u00e1s partes interesadas para un di\u00e1logo sobre o uso de temas espaciais na educaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e tecnolox\u00eda espacial para o desenvolvemento sost\u00edbel. Os debates foron precedidos pola ma\u00f1\u00e1 por un obradoiro para o profesorado local, que tivo a oportunidade de explorar as mellores pr\u00e1cticas e usos innovadores da astronom\u00eda e as ciencias espaciais na educaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes saber m\u00e1is desta actividade aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2k3eIGB\">http:\/\/bit.ly\/2k3eIGB<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>4) \u00danete \u00e1 campa\u00f1a de 2018 do proxecto Globe at Night!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Globe at Night \u00e9 un proxecto internacional de ciencia cidad\u00e1 que pretende despertar conciencia entre a xente do impacto da contaminaci\u00f3n luminosa convidando aos cidad\u00e1ns a que midan o brillo do ceo nocturno e compartan as s\u00faas observaci\u00f3ns. \u00c9 f\u00e1cil participar, todo o que precisas \u00e9 un ordenador ou tel\u00e9fono m\u00f3bil. As\u00ed, en 2017 houbo 14753 datos recollidos en todo o mundo, mais a\u00ednda podes axudar ao equipo Globe at Night a que acade o seu obxectivo de 15000 observaci\u00f3ns contra o final de ano.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As datas das campa\u00f1as de 2018 xa foron anunciadas. Consult\u00e1deas e facede plans para participar o ano que v\u00e9n: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php#d2018%20%C2%A0\">https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php#d2018<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>5) O Observatorio Europeo do Sur (ESO) lanza os novos Paseos de Realidade Virtual para visitar os seus espazos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os paseos virtuais da ESO son unha colecci\u00f3n de centos de imaxes panor\u00e1micas de 360 graos que poden ser empregadas con moitos prop\u00f3sitos. O \u00faltimo lanzamento da ESO incl\u00fae opci\u00f3ns para ver as imaxes en modo realidade virtual ou en modo panor\u00e1micas de 360 graos. Podes empregar un tel\u00e9fono m\u00f3bil tanto con visores de cart\u00f3n ou gafas de realidade virtual para experimentar estes paseos polas instalaci\u00f3ns da ESO dunha maneira asombrosa. Este lanzamento tam\u00e9n incl\u00fae novos e actualizados paseos virtuais polos observatorios e instalaci\u00f3ns da ESO, con funci\u00f3ns melloradas para os ordenadores e visi\u00f3ns panor\u00e1micas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podedes ler m\u00e1is detalles aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/eso.org\/public\/announcements\/ann17079\/\">http:\/\/eso.org\/public\/announcements\/ann17079\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>6) Olimp\u00edada Latinoamericana de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A Olimp\u00edada Latinoamericana de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica \u00e9 un encontro cient\u00edfico escolar entre delegaci\u00f3ns de estudantes de Latinoam\u00e9rica que comparten e melloran o seu co\u00f1ecemento sobre astronom\u00eda e astron\u00e1utica, considerando diferentes competencias te\u00f3ricas e pr\u00e1cticas para os mozos e mozas participantes. A edici\u00f3n 2017 foi organizada a nivel nacional pola Sociedade Chilena de Astronom\u00eda (SOCHIAS). As delegaci\u00f3ns constan dun m\u00e1ximo de cinco estudantes, un l\u00edder e un co-l\u00edder (os dous adultos), m\u00e1is observadores adicionais. Os pa\u00edses participantes son Arxentina, Brasil, Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, M\u00e9xico, Paraguai, Per\u00fa, Uruguai e ademais Panam\u00e1, con estado de pa\u00eds observador.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes ler a nota de prensa completa (en espa\u00f1ol) aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2imwdRQ\">http:\/\/bit.ly\/2imwdRQ<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>7) Comunicaci\u00f3n da ciencia na Uni\u00f3n de Xeociencias Europea (EGU) 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A Asemblea Xeral da Uni\u00f3n de Xeociencias Europea (EGU) ter\u00e1 lugar en Viena, Austria, do 8 ao 13 de abril de 2018. Se traballas no campo das xeociencias e comunicas ciencia dunha maneira nova e innovadora, se o teu grupo de investigaci\u00f3n ou instituci\u00f3n participa en actividades que envolven o p\u00fablico ou se desexas avaliar ou publicar os teus esforzos de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n, por favor, considera a asistencia ao encontro. Env\u00eda unha proposta ao <em>EOS6 \u2013 Comunicaci\u00f3n e Educaci\u00f3n en Xeociencias: Pr\u00e1ctica, Investigaci\u00f3n e Reflexi\u00f3n<\/em>, unha sesi\u00f3n que anima \u00e1 reflexi\u00f3n cr\u00edtica sobre as pr\u00e1cticas da comunicaci\u00f3n da ciencia e achega unha oportunidade para que os comunicadores da ciencia compartan as mellores pr\u00e1cticas e experiencias con avaliaci\u00f3n e investigaci\u00f3n neste campo. A data l\u00edmite \u00e9 o 10 de xaneiro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Descubre m\u00e1is neste enderezo: <a href=\"http:\/\/meetingorganizer.copernicus.org\/EGU2018\/session\/27266\">http:\/\/meetingorganizer.copernicus.org\/EGU2018\/session\/27266<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>8) Comunicar F\u00edsica e Astronom\u00eda ao p\u00fablico con discapacidade visual<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\u201cComunicar F\u00edsica e Astronom\u00eda ao p\u00fablico con discapacidade visual\u201d \u00e9 un evento gratu\u00edto que ter\u00e1 lugar na Royal Astronomical Society, no Reino Unido, o 14 de decembro, co obxectivo de conducir \u00e1 formaci\u00f3n dun consorcio de persoas e proxectos que traballen xuntos para abrir a f\u00edsica e a astronom\u00eda a esta comunidade desatendida. A xornada estar\u00e1 dedicada durante a ma\u00f1\u00e1 \u00e1s presentaci\u00f3ns de diferentes proxectos, entre eles Universo T\u00e1ctil, Colisionador T\u00e1ctil, Tocar o Espazo, g-Astronom\u00eda, con estilo \u201cdesconferencia\u201d. O encontro est\u00e1 aberto a calquera persoa interesada en traballar con persoas con discapacidade visual, e a audiencia potencial ser\u00e1 unha mestura de investigadores e acad\u00e9micos, profesionais da divulgaci\u00f3n, profesorado e activistas da educaci\u00f3n informal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2irZZ7u\">http:\/\/bit.ly\/2irZZ7u<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Data importante<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Proposta de posters aberta at\u00e9 o 20 de decembro de 2017<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/programme-calls\/call-for-posters.html\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/programme-calls\/call-for-posters.html <\/a><br \/>\nESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Conferencia Internacional \u201cNovas Perspectivas en Educaci\u00f3n Cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 22 e 23 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>b) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>c) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 3 ao 8 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Liverpool, UK<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/<\/a><\/p>\n<p>d) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>e) 11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p>f) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>g) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>h) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=701131b801\">nesta ligaz\u00f3n.<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro 2017 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) A IAU destaca as colaboraci\u00f3ns Pro-Am 2) Simposio IAU 335: Sesi\u00f3n de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n 3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Etiop\u00eda 4) \u00danete \u00e1 campa\u00f1a de 2018 do proxecto Globe at Night! 5) O Observatorio Europeo do Sur (ESO) lanza os&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4276","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4276","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4276"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4276\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4276"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4276"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4276"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}