{"id":4181,"date":"2017-10-30T00:12:21","date_gmt":"2017-10-29T22:12:21","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4181"},"modified":"2017-10-30T00:12:21","modified_gmt":"2017-10-29T22:12:21","slug":"boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-outubro-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-outubro-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Outubro 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Outubro 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Bolet\u00edn #18 (xullo-setembro 2017) da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<br \/>\n2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas do Xap\u00f3n<br \/>\n3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Nova Celandia<br \/>\n4) Materiais divulgativos sobre Ondas Gravitacionais<br \/>\n5) UNOOSA: Misi\u00f3ns espaciais para pa\u00edses en desenvolvemento<br \/>\n6) #HerschelMoments: Celebrando o legado do Observatorio Espacial Herschel<br \/>\n7) Detectives de Imaxes de CosmoQuest<br \/>\n8) O Desaf\u00edo Europeo Astro Pi est\u00e1 de volta!<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Durante as \u00faltimas semanas o noso equipo estivo ocupado coa data l\u00edmite de env\u00edo de propostas e pedimento de axudas para o <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">Communicating Astronomy with the Public 2018<\/a>. Estamos moi contentos de anunciar un gran n\u00famero de propostas e <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018registration-abstracts\/#list-of-registered-participants\">rexistros<\/a>! Participamos no <a href=\"https:\/\/www.nao.ac.jp\/en\/open-day\/2017\/\">D\u00eda de Portas Abertas do NAOJ<\/a> no Campus de Mintaka (non perdades as imaxes na nosa <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">p\u00e1xina de Facebook<\/a>) onde o noso proxecto de <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation\">Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/a> foi un gran, gran \u00e9xito; todas as persoas participantes quixeron aprender a escribir \u201cEu amo a astronom\u00eda\u201d en diferentes linguas!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero do noso bolet\u00edn, destacamos o proxecto de ciencia cidad\u00e1 \u201cDetective de Imaxes\u201d de Cosmoquest, o regreso do AstroPi europeo e celebramos coa ESA o legado do Observatorio Espacial Herschel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Finalmente, recibimos outra vez <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17040\/\">noticias<\/a> asombrosas, agora relacionadas cun asunto de plena actualidade como as ondas gravitacionais! Grazas ao esforzo de colaboraci\u00f3n internacional, os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas ve\u00f1en de observar ondas gravitacionais e luz (radiaci\u00f3n electromagn\u00e9tica) da fusi\u00f3n de estrelas de neutr\u00f3ns. Para celebralo, queremos compartir convosco algunhas ligaz\u00f3ns con grandes recursos e actividades relacionadas coas ondas gravitacionais. Desfrutade delas!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Bolet\u00edn #18 (xullo-setembro 2017) da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Bolet\u00edn #18 da IAU OAD est\u00e1 xa na rede. O bolet\u00edn l\u00e1nzao trimestralmente a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) e nel podes ler informaci\u00f3n sobre as s\u00faas \u00faltimas actividades. Entre as novas m\u00e1is destacadas deste bolet\u00edn est\u00e1 a interacci\u00f3n da OAD con economistas con especializaci\u00f3n no desenvolvemento e pos\u00edbeis colaboraci\u00f3ns coa comunidade astron\u00f3mica; a sesi\u00f3n \u201cAstronom\u00eda para o Desenvolvemento: Unha Discusi\u00f3n sobre a Inclusi\u00f3n\u201d no F\u00f3rum Cient\u00edfico 2017 de Sud\u00e1frica, o 7 e 8 de decembro en Pretoria, Sud\u00e1frica; e o lanzamento da versi\u00f3n alfa do lote de ferramentas de Ciencia de Datos en Astronom\u00eda. A OAD est\u00e1 aberta a contribuci\u00f3ns da comunidade ao lote de ferramentas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xPJmwF\">http:\/\/bit.ly\/2xPJmwF<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O bolet\u00edn est\u00e1 tam\u00e9 dispo\u00f1\u00edbel en PDF no sitio web da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/\">www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/ <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas do Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Aula remota sobre o Sol para estudantes peruanos<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 21 de setembro vinte estudantes da Universidade Uni\u00f3n Peruana de Per\u00fa tiveron unha aula remota no Planetario Nacional IGP. Desde o telescopio solar localizado no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n (NAOJ) no Campus de Mitaka, Toquio, por v\u00eddeoconferencia, Kentaro Yaji, astr\u00f3nomo solar do NAOJ impartiu unha conferencia titulada \u201cQue estrela \u00e9 o Sol?\u201d. En Per\u00fa, Taicho Tsujino, voluntario da Axencia de Cooperaci\u00f3n Internacional do Xap\u00f3n, traduciu a conferencia ao espa\u00f1ol. O alumnado de Per\u00fa ten poucas oportunidades de estudar ciencias especializadas e experiencias como esta dunha aula remota poden xogar un papel significativo na s\u00faa vida acad\u00e9mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ver os comentarios de Taicho Tsujino en xapon\u00e9s <a href=\"https:\/\/web.facebook.com\/taichi.tsujino\/posts\/1398392790229247?pnref=story\">aqu\u00ed<\/a> e o informe do Planetario IGP (en espa\u00f1ol) <a href=\"http:\/\/planetario.igp.gob.pe\/eventos\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Nova Celandia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Festival Starlight Aoraki Mackenzie<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Do 13 ao 15 de outubro Nova Celandia acolleu o Festival Starlight Aoraki Mackenzie, unha actividade de tres d\u00edas cheo de observaci\u00f3ns astron\u00f3micas, espect\u00e1culos de planetario, obradoiros, unha visita ao Observatorio Monte John da Universidade de Canterbury e conferencias, entre elas unha da cient\u00edfica da NASA Natalie Batalha, o Director da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento Kevin Govender e o Coordinador Internacional da Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica Sze-leung Cheung. O festival celebrou tam\u00e9n a primeira Reserva Dark Sky do hemisferio sur no Parque Nacional Aoraki \/ Monte Cook.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is, visitade <a href=\"http:\/\/www.phys.canterbury.ac.nz\/starlightfestival\/\">http:\/\/www.phys.canterbury.ac.nz\/starlightfestival\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Materiais divulgativos sobre Ondas Gravitacionais<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Coas \u00faltimas novas sobre ondas gravitacionais ocupando grandes titulares de prensa en todo o mundo (podedes ver a mensaxe de parab\u00e9ns da IAU <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17040\/\">aqu\u00ed<\/a>), moitos educadores e educadoras de todo o mundo lanz\u00e1ronse \u00e1 busca dos mellores recursos para amosalos nas aulas ou nas s\u00faas actividades co p\u00fablico xeral. Val\u00e9monos desta oportunidade para compartir interesantes sitios web que acollen actividades educativas sobre o tema das ondas gravitacionais. O LIGO Collaborative Research ofrece <a href=\"http:\/\/www.ligo.org\/students_teachers_public\/activities.php\">recursos e actividades<\/a> para o p\u00fablico xeral, o profesorado e o alumnado. A Universidade Penn State tam\u00e9n achega unha boa <a href=\"http:\/\/cgwp.gravity.psu.edu\/outreach\/\">colecci\u00f3n de recursos<\/a>. Outros grandes lotes de materiais poden atoparse <a href=\"https:\/\/www.ligo.caltech.edu\/page\/classroom-activities\">en Caltech<\/a> e no <a href=\"https:\/\/www.jpl.nasa.gov\/edu\/teach\/activity\/dropping-in-with-gravitational-waves\/\">repositorio do JPL\/NASA<\/a>. Estes son apenas uns poucos bos exemplos. Sabedes de m\u00e1is recursos sobre ondas gravitacionais? Por favor, compart\u00eddeos connosco e a comunidade v\u00eda outreach@iau.org ou <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">Facebook<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) UNOOSA: Misi\u00f3ns espaciais para pa\u00edses en desenvolvemento<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Oficina das Naci\u00f3ns Unidas para os Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) est\u00e1 colaborando coa Corporaci\u00f3n Sierra Nevada (SNC) para ofrecer aos estados membros das Naci\u00f3ns Unidas a oportunidade de participar nunha misi\u00f3n espacial orbital usando o veh\u00edculo espacial da SNC \u201cDream Chaser\u201d (Cazador de Sonos). A misi\u00f3n estar\u00e1 aberta a todos os estados membros das Naci\u00f3ns Unidas; os pa\u00edses emerxentes e en desenvolvemento son particularmente convidados a participar. A misi\u00f3n portar\u00e1 experimentos, equipamento ou sat\u00e9lites proporcionados por instituci\u00f3ns dos pa\u00edses participantes. Se a t\u00faa instituci\u00f3n est\u00e1 interesada en participar, debes completar o formulario antes do 1 de novembro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para m\u00e1is informaci\u00f3n, visita o sitio web <a href=\"http:\/\/www.unoosa.org\/oosa\/en\/ourwork\/psa\/hsti\/FreeFlyer_Orbital_Mission.html\">http:\/\/www.unoosa.org\/oosa\/en\/ourwork\/psa\/hsti\/FreeFlyer_Orbital_Mission.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) #HerschelMoments: Celebrando o legado do Observatorio Espacial Herschel<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O pasado setembro a Axencia Espacial Europea (ESA) celebrou a ciencia e o legado do Observatorio Espacial Herschel cunha serie de artigos, novas imaxes e v\u00eddeos sobre os seus principais descubrimentos. Unha campa\u00f1a nas redes sociais convida aos astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas a compartir os seus recordos persoais e imaxes favoritas. A campa\u00f1a foi impulsada pola conta de twitter @esascience co cancelo #HerschelMoments (tam\u00e9n nas p\u00e1xinas de <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/EuropeanSpaceAgency\/\">Facebook<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/europeanspaceagency\/\">Instagram<\/a> da ESA).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar contidos relevantes (artigos e v\u00eddeos) <a href=\"http:\/\/sci.esa.int\/herschel\/59492-herschel-week\/\">aqu\u00ed<\/a> e unha colecci\u00f3n de reacci\u00f3ns da comunidade nesta <a href=\"https:\/\/twitter.com\/i\/moments\/909799430945206272\">compilaci\u00f3n<\/a> de Momentos de Twitter.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Detectives de Imaxes de CosmoQuest<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Detectives de Imaxes de CosmoQuest \u00e9 unha nova ferramenta para estudar a Terra empregando fotos tomadas por astronautas da Estaci\u00f3n Espacial Internacional (ISS). \u00c9 un proxecto de ciencia cidad\u00e1 financiado pola NASA para que o p\u00fablico identifique rexi\u00f3ns da Terra nas fotograf\u00edas tomadas desde a ISS. \u00c1s persoas participantes pid\u00e9selles que axuden a identificar accidentes xeogr\u00e1ficos (naturais ou de fabricaci\u00f3n humana) nas fotograf\u00edas e logo determinar en que lugar da Terra foi captada a imaxe. A idea \u00e9 etiquetar e facer f\u00e1ciles de buscar as imaxes sen identificar da base de m\u00e1is de 1,5 mill\u00f3ns de fotograf\u00edas. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, contactade con Pamela L. Gay, investigadora principal de CosmoQuest (pamela[at]astrosociety.org).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Calquera persoa pode unirse, ti tam\u00e9n podes formar parte de Detectives de Imaxes visitando o sitio web <a href=\"http:\/\/cosmoquest.org\/ImageDetective\">http:\/\/cosmoquest.org\/ImageDetective<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) O Desaf\u00edo Europeo Astro Pi est\u00e1 de volta!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Desaf\u00edo Europeo Astro Pi 2017-2018 d\u00e1lle ao alumnado das escolas a oportunidade de desenvolver o seu propio proxecto de investigaci\u00f3n cient\u00edfica no espazo usando c\u00f3digo inform\u00e1tico. Este ano o Desaf\u00edo prop\u00f3n dous niveis de complexidade: a Misi\u00f3n Cero e a Mis\u00edon Laboratorio Espacial. Calquera pregunta que te\u00f1ades sobre o Desaf\u00edo Europeo Astro Pi debedes formulala directamente a astropi[at]esa.int. Desex\u00e1mosvos moita sorte!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is sobre o Desaf\u00edo Europeo Astro Pi 2017-2018 visitade o sitio web <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2yx6uxn\">http:\/\/bit.ly\/2yx6uxn<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p>129\u00ba Encontro anual ASP &#8211; Conferencia de divulgaci\u00f3n STEM: \u201cBeyond the Eclipse: Engaging Diverse and Underserved Communities in Astronomy and STEM\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 5 ao 8 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> St. Louis, Missouri, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2l0ibte\">http:\/\/bit.ly\/2l0ibte<\/a><\/p>\n<p>11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) Astr\u00f3nomos Novos do Leste Asi\u00e1tico 2017 (EAYAM2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 13 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ishigaki, Okinawa, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html\">http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html<\/a><\/p>\n<p>c) Astronomical Heritage of the Middle East<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 13 ao 17 de novembro<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Yerevan, Armenia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/unesco.aras.am\/\">http:\/\/unesco.aras.am\/<\/a><\/p>\n<p>d) .Astronomy<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p>e) Astrobiolox\u00eda 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Coyhaique, Chile<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astrobiology2017.org\/\">http:\/\/astrobiology2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>f) IFF 2017 \u2013 Festival de Cinema Inmersivo<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 3 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Espinho, Portugal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/\">http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/<\/a><\/p>\n<p>g) 129\u00ba Encontro anual ASP &#8211; Conferencia de divulgaci\u00f3n STEM: \u201cBeyond the Eclipse: Engaging Diverse and Underserved Communities in Astronomy and STEM\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 5 ao 8 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> St. Louis, Missouri, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2l0ibte\">http:\/\/bit.ly\/2l0ibte<\/a><\/p>\n<p>h) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>i) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>l) 11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p>m) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=774d1441bf\">nesta ligaz\u00f3n.<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Outubro 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Bolet\u00edn #18 (xullo-setembro 2017) da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento 2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas do Xap\u00f3n 3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Nova Celandia 4) Materiais divulgativos sobre Ondas Gravitacionais 5) UNOOSA: Misi\u00f3ns espaciais para&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-outubro-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4181","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4181","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4181"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4181\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4181"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4181"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4181"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}