{"id":3900,"date":"2017-06-20T13:45:19","date_gmt":"2017-06-20T11:45:19","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3900"},"modified":"2017-06-20T13:45:19","modified_gmt":"2017-06-20T11:45:19","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xuno-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xuno-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Xu\u00f1o 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xu\u00f1o 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Italia<br \/>\n2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Madagascar<br \/>\n3) Todo listo para a eclipse total de agosto!<br \/>\n4) Viveiros de galaxias \u2013 Introduci\u00f3n ao proxecto 100\u00ba de Zooniverse<br \/>\n5) Temas nun minuto do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ)<br \/>\n6) Buscas un novo pasatempo? Unha colecci\u00f3n de selos astron\u00f3micos pode pagar a pena<br \/>\n7) \u201cArqueoastronom\u00eda Maia: Observadores do Universo\u201d, espect\u00e1culo planetario gratu\u00edto<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O <a href=\"https:\/\/asteroidday.org\/\">D\u00eda do Asteroide<\/a> xa case est\u00e1 aqu\u00ed! Non perdas a oportunidade de espertar conciencia do perigo do impacto de asteroides un\u00edndote aos varios tipos de actividades propostas. A medida que se achega o longamente agardado eclipse total de agosto, recibimos m\u00e1is e m\u00e1is noticias das numerosas actividades que se acumulan. A revista Sky and Telescope est\u00e1 sendo moi activa como promotora de <a href=\"http:\/\/www.skyandtelescope.com\/total-solar-eclipse-august-2017\/\">moitas actividades<\/a> arredor da eclipse.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero destacamos o novo planetario de M\u00e9xico enfocado \u00e1 arqueoastronom\u00eda maia, Zooniverse e o lanzamento do seu proxecto n\u00famero cen, e o obradoiro Stixcamp, que ter\u00e1 como tema \u201cEducaci\u00f3n Aberta e Ciencia Aberta a trav\u00e9s da Ciencia Cidad\u00e1\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste bolet\u00edn a mi\u00fado g\u00fastanos dar as grazas aos nosos colaboradores de todo o mundo e expresar gratitude polo seu esforzo para axudarnos a difundir actividades de divulgaci\u00f3n en todo o mundo, inspirando a outros a unirse a elas e implementar algunhas das mellores pr\u00e1cticas que hai por a\u00ed adiante. Hoxe queremos dar a benvida a nove novos <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/\">Contactos de divulgaci\u00f3n nacional (NOCs)<\/a> que compartir\u00e1n asombrosas noticias de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n dos seus pa\u00edses.<\/p>\n<p align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Italia<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\"><em>a) Celebrando 50 anos de astronom\u00eda amadora en Bolonia<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para celebrar o seu 50\u00ba aniversario, un dos maiores clubs amadores de astronom\u00eda de Italia, a Associazione Astrofili Bolognesi (AAB) est\u00e1 preparando varias acci\u00f3ns de divulgaci\u00f3n que ter\u00e1n lugar ao longo do ano. Estas actividades incl\u00faen unha exposici\u00f3n de fotograf\u00edas hist\u00f3ricas e actuais de obxectos astron\u00f3micos, dende as primeiras imaxes obtidas co telescopio de m\u00faltiples espellos polo astr\u00f3nomo italiano Guido Horn d&#8217;Arturo, fundador do club, \u00e1s \u00faltimas imaxes planetarias tomadas con webcam. Cada fin de semana haber\u00e1 actividades pr\u00e1cticas para nenos e charlas de astr\u00f3nomos profesionais e amadores. M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.associazioneastrofilibolognesi.it\/cinquantesimo\/\">http:\/\/www.associazioneastrofilibolognesi.it\/cinquantesimo\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Madagascar<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Celebrando o D\u00eda do Asteroide<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 30 de xu\u00f1o celebra o D\u00eda do Asteroide en Madagascar o grupo Haikintana (que significa \u201castronom\u00eda\u201d en malgache), un colectivo que xunta a afeccionados e estudantes graduados de \u00e1reas cient\u00edficas. Diversas actividades est\u00e1n programadas para ese d\u00eda: exposici\u00f3ns e acci\u00f3ns educativas, AstroQuiz, un seminario sobre asteroides, a proxecci\u00f3n do filme <a href=\"http:\/\/www.imdb.com\/title\/tt2374721\/\"><em>51 Graos Norte<\/em><\/a> e unha observaci\u00f3n do ceo. A xornada busca atraer unha variada audiencia, dende os m\u00e1is pequenos aos adultos, con actividades dese\u00f1adas para espertar conciencia da ameaza que representan os asteroides pr\u00f3ximos \u00e1 Terra. Esta xornada \u00e9 unha colaboraci\u00f3n con AMPS, ASTRO (un observatorio privado), HABAKA, ORTANA, Agmm e MASS (Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo de Madagascar).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is, contacta con haikintina[at]gmail.com ou comproba\u00a0 as \u00faltimas actualizaci\u00f3ns en Facebook: <a href=\"https:\/\/web.facebook.com\/haikintanaastronomie\">https:\/\/web.facebook.com\/haikintanaastronomie<\/a> e <a href=\"https:\/\/web.facebook.com\/DagoAstronomy\">https:\/\/web.facebook.com\/DagoAstronomy<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Todo listo para a eclipse total de agosto!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A eclipse total de Sol do 21 de agosto est\u00e1 case aqu\u00ed e vai medrando a expectaci\u00f3n polo estudo do Sol. Os proxectos de ciencia cidad\u00e1 ou os experimentos \u201cfainos ti mesmo\u201d est\u00e1n convert\u00e9ndose nun xeito popular e \u00fanico de ligarse ao fen\u00f3meno que ser\u00e1 vis\u00edbel de costa a costa en Norteam\u00e9rica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Proxecto \u201cEclipse Ballooning\u201d (Eclipse en globo)<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En vez de ver o espect\u00e1culo dende o chan, os membros do proxecto \u201cEclipse Ballooning\u201d mandar\u00e1n equipamento \u00e1 estratosfera para obter unha visi\u00f3n \u00fanica. Cincuenta e sete equipos de bacharelato e universidade lanzar\u00e1n 65 globos non pilotados para gravar e emitir v\u00eddeo en directo da eclipse. NASA retransmitir\u00e1 a informaci\u00f3n directamente no seu sitio web, nasa.gov, e en <a href=\"http:\/\/nasa.tv\/\">NASA TV<\/a>. Descubre m\u00e1is no sitio web do proxecto: <a href=\"http:\/\/streameclipse.live\/\">http:\/\/streameclipse.live<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>b) Relatividade \u201cFaino-Ti-Mesmo\u201d<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Esta eclipse fornece unha oportunidade \u00fanica de revivir a historia. Cando Albert Einstein desenvolveu a teor\u00eda da relatividade xeral en 1915, propuxo ademais un xeito de comprobala. Este proxecto ofrece un achegamento \u201cFaino-Ti-Mesmo\u201d e lanza o desaf\u00edo \u201cPor que non intentas seguir os pasos de Eddington e o fas ti mesmo?\u201d. Segue as instruci\u00f3ns <a href=\"http:\/\/www.skyandtelescope.com\/sky-and-telescope-magazine\/beyond-the-printed-page\/my-do-it-yourself-relativity-test\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Viveiros de galaxias \u2013 Introduci\u00f3n ao proxecto 100\u00ba de Zooniverse<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><a href=\"https:\/\/www.zooniverse.org\/\">Zooniverse<\/a> acadou un fito incr\u00edbel: <em>Viveiros de Galaxias<\/em> \u00e9 o seu cent\u00e9simo proxecto oficial. Este proxecto lanzado por investigadores da Universidade de Minnesota precisa a axuda da xente para atopar galaxias beb\u00e9 no universo co obxectivo de comprender como se forman e desenvolven as galaxias ao longo do tempo. Galaxy Zoo (Zoo de Galaxias) -lanzado hai case dez anos- foi o primeiro proxecto Zooniverse e tam\u00e9n se enfoca \u00e1 responder preguntas sobre a formaci\u00f3n e evoluci\u00f3n das galaxias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is sobre Zooniverse e Viveiros de Galaxias nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.zooniverse.org\/projects\/hughdickinson\/galaxy-nurseries\">www.zooniverse.org\/projects\/hughdickinson\/galaxy-nurseries<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Temas nun minuto do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">\u201cTemas nun minuto\u201d do NAOJ \u00e9 un sitio web que cont\u00e9n v\u00eddeos f\u00e1ciles de entender e un minuto de duraci\u00f3n sobre as diversas actividades de investigaci\u00f3n que se desenvolveron nas instalaci\u00f3ns do NAOJ at\u00e9 2015, e resumes das li\u00f1as b\u00e1sicas e os resultados do NAOJ. Entre os contidos est\u00e1n alg\u00fans dos proxectos principais do NAOJ como Hinode, SOLAR-C, Telescopio Subaru, ALMA, VERA -e a ciencia que hai detr\u00e1s deles. Cada proxecto est\u00e1 presentado por Naojay, a amig\u00e1bel mascota que vos guiar\u00e1 por cada asunto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.nao.ac.jp\/study\/1min-naoj-topics\/en\/\">http:\/\/www.nao.ac.jp\/study\/1min-naoj-topics\/en\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Buscas un novo pasatempo? Unha colecci\u00f3n de selos astron\u00f3micos pode pagar a pena<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Con selos cuxas imaxes amosan dende constelaci\u00f3ns a famosos astr\u00f3nomos, e de telescopios a obxectos celestes, as colecci\u00f3ns de selos son populares en moitos pa\u00edses. Calquera persoa interesada en coleccionar selos pode atopar selos astron\u00f3micos para todos os gustos. A\u00ednda non te convencemos? B\u00f3talle un ollo a alg\u00fans grandes exemplos en todo o mundo. As nosas referencias incl\u00faen exemplos do <a href=\"https:\/\/freestampmagazine.com\/2014\/01\/02\/japan-issues-4th-edition-constellation-set\/\">Xap\u00f3n<\/a>, os <a href=\"http:\/\/ircamera.as.arizona.edu\/NatSci102\/NatSci\/images\/extstamps.htm\">EEUU<\/a>, o <a href=\"http:\/\/www.collectgbstamps.co.uk\/explore\/issues\/?issue=284\">Reino Unido<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.catawiki.fr\/catalog\/timbres-poste\/themes-motifs\/100909-astronomie\">Francia<\/a> (e moito m\u00e1is)!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Es coleccionista? Botas en falta boas referencias do cat\u00e1logo de selos do teu pa\u00eds? Estamos seguros de que hai multitude de grandes exemplos a\u00ed f\u00f3ra. Cont\u00e1ctanos; estaremos encantados de ter noticias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) \u201cArqueoastronom\u00eda Maia: Observadores do Universo\u201d, espect\u00e1culo planetario gratu\u00edto<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O primeiro espect\u00e1culo \u201cfulldome\u201d totalmente animado feito en M\u00e9xico: \u201cArqueoastronom\u00eda Maia: Observadores do Universo\u201d narra a relaci\u00f3n dos sitios arqueol\u00f3xicos maias con alg\u00fans obxectos celestes como Venus, o Sol e a L\u00faa. Co obxectivo de acadar un maior impacto, esta produci\u00f3n fulldome est\u00e1 narrada en catro linguaxes, ingl\u00e9s, espa\u00f1ol, portugu\u00e9s e chin\u00e9s, e ten distribuci\u00f3n gratu\u00edta. Podes descargar todos os materiais aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/usa\/videos\/MAA-show\/\">http:\/\/www.eso.org\/public\/usa\/videos\/MAA-show\/<\/a> e recibir todas as novidades a trav\u00e9s da p\u00e1xina de Facebook <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/ArqueoastronomiaMaya\">https:\/\/www.facebook.com\/ArqueoastronomiaMaya<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ver o tr\u00e1iler neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/usa\/videos\/MAA-show-trailer_en\/?lang\">http:\/\/www.eso.org\/public\/usa\/videos\/MAA-show-trailer_en\/?lang<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) StixCamp \u2013 Educaci\u00f3n Aberta e Ciencia Aberta a trav\u00e9s da Ciencia Cidad\u00e1<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">StixCamp \u00e9 un obradoiro informal para debater sobre est\u00e1ndares abertos en Ciencia, Educaci\u00f3n, Tecnolox\u00eda e Cultura para o Desenvolvemento. Seguindo o estilo das \u201cdesconferencias\u201d, StixCamp explora asuntos como o dese\u00f1o aberto e os datos abertos, a educaci\u00f3n aberta e a colaboraci\u00f3n aberta. O segundo obradoiro StixCamp, do 6 ao 9 de xullo en Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal, estar\u00e1 dedicado aos asuntos da Eduaci\u00f3n Aberta e Ciencia Aberta a trav\u00e9s da Ciencia Cidad\u00e1. O primeiro Centro de Ciencia Aberta arranca o 9 de xullo en Barca D&#8217;Alva e Figueira acoller\u00e1 unha serie de actividades culturais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar o programa provisional aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.open.org.pt\/\">www.open.org.pt<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">East Asian Young Astronomers 2017 (EAYAM2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 13 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ishigaki, Okinawa, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html\">http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html<\/a><\/p>\n<p align=\"left\">StixCamp &#8211; Educaci\u00f3n Aberta e Ciencia Aberta a trav\u00e9s da Ciencia Cidad\u00e1<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 9 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.open.org.pt\/\">http:\/\/www.open.org.pt\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Data importante<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Coloquio ITCA &#8211; Astronom\u00eda para Educaci\u00f3n STEM (Ciencia, Tecnolox\u00eda, Enxe\u00f1er\u00eda, Matem\u00e1ticas)<br \/>\n<strong><em>Data l\u00edmita para inscribirse: 10 de xullo de 2017<\/em><\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 11 de agosto de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bangkok, Tailandia<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencia do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 26 ao 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Praga, Rep\u00fablica Checa<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp<\/a><\/p>\n<p>b) D\u00eda do Asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>c) Encontro astron\u00f3mico nacional da Royal Astronomical Society 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 2 ao 6 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Universidade de Hull, Reino Unido<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/nam2017.org\/\">https:\/\/nam2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>d) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 7 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p>e) Simposio Internacional sobre Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 8 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Utrecht, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p>f) StixCamp &#8211; Educaci\u00f3n Aberta e Ciencia Aberta a trav\u00e9s da Ciencia Cidad\u00e1<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 9 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.open.org.pt\/\">http:\/\/www.open.org.pt\/<\/a><\/p>\n<p>g) Big data en astronom\u00eda: unha ferramenta potencial de innovaci\u00f3n social<br \/>\n<em>Data:<\/em> 7-11 de agosto de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Flic en Flac, Illa Mauricio<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/ska.ac.za\/barista\/home?authuser=0\">https:\/\/sites.google.com\/ska.ac.za\/barista\/home?authuser=0 <\/a><\/p>\n<p align=\"left\">h) Coloquio ITCA &#8211; Astronom\u00eda para Educaci\u00f3n STEM (Ciencia, Tecnolox\u00eda, Enxe\u00f1er\u00eda, Matem\u00e1ticas)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 11 de agosto de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bangkok, Tailandia<\/p>\n<p>i) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 15 ao 21 de agosto de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/handsonuniverse.org\/ghou2017\/\">http:\/\/handsonuniverse.org\/ghou2017\/<\/a><\/p>\n<p>l) Escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 15 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> N\u00e1poles, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/\">http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/<\/a><\/p>\n<p>m) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 17 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.epsc2017.eu\/\">http:\/\/www.epsc2017.eu\/<\/a><\/p>\n<p>n) 3\u00aa Simposio COSPAR<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Illa Jeju, Corea do Sur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/\">https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/<\/a><\/p>\n<p>\u00f1) Obradoiro Museos de Astronom\u00eda, Centros de Visitantes e Observatorios P\u00fablicos<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar: <\/em>Leiden, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/visitorexperience\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/visitorexperience\/<\/a><\/p>\n<p>o) Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p>p) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>q) .Astronomy<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p>r) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>s) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>t) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive2.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=c12ce49bc0\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xu\u00f1o 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Italia 2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Madagascar 3) Todo listo para a eclipse total de agosto! 4) Viveiros de galaxias \u2013 Introduci\u00f3n ao proxecto 100\u00ba de Zooniverse 5) Temas nun minuto do&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xuno-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-3900","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3900","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3900"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3900\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3900"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3900"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3900"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}