{"id":3812,"date":"2017-05-08T18:04:22","date_gmt":"2017-05-08T16:04:22","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3812"},"modified":"2017-05-08T18:04:22","modified_gmt":"2017-05-08T16:04:22","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-maio-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-maio-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: maio #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Maio 2017 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Prazo de propostas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) 2017<br \/>\n2) Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico (CAP) 2018 abre o prazo de rexistro e env\u00edo de propostas<br \/>\n3) Bolet\u00edn #16 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD)<br \/>\n4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Indonesia<br \/>\n5) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas dos EEUU<br \/>\n6) Simulador de ceo escuro de dese\u00f1o aberto<br \/>\n7) Bolet\u00edn Europlanet<br \/>\n8) Escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME)<br \/>\n9) Encontros e actividades globais en 2017<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Na \u00faltima semana de abril estivemos seguindo con entusiasmo o descenso da sonda Cassini entre o planeta Saturno e os seus aneis. O <a href=\"https:\/\/saturn.jpl.nasa.gov\/mission\/grand-finale\/overview\/\">\u201ckit de ferramentas do Gran Final\u201d<\/a> da NASA aloxa unha impresionante colecci\u00f3n de informaci\u00f3n e recursos dunha das m\u00e1is \u00e9picas misi\u00f3ns espaciais, at\u00e9 a s\u00faa entrada final na atmosfera de Saturno o 15 de setembro. Permanecede atentos mentres o noso equipo compila os mellores e m\u00e1is recomendados recursos de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica compartidos pola comunidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero salientamos a apertura do prazo de propostas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento 2017 e tam\u00e9n que est\u00e1 aberto o rexistro e o env\u00edo de abstract para a conferencia Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico (CAP) 2018 no Xap\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Prazo de propostas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) abriu o prazo para o env\u00edo de propostas na campa\u00f1a 2017. O procedemento cambiou respecto de anos anteriores para mellorar o compromiso cos l\u00edderes dos proxectos e o potencial impacto dos mesmos. Esta nova campa\u00f1a ten d\u00faas fases. A Fase 1 (at\u00e9 o 31 de maio de 2017) est\u00e1 aberta a solicitudes de calquera lugar do mundo. As propostas que fosen seleccionadas ser\u00e1n convidadas logo a enviar unha solicitude m\u00e1is detallada Fase 2.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para m\u00e1is informaci\u00f3n, lede o anuncio da IAU neste enderezo: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17016\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17016\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico (CAP) 2018 abre o prazo de rexistro e env\u00edo de propostas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Do 24 ao 28 de marzo de 2018 Xap\u00f3n acoller\u00e1 o maior congreso mundial sobre comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda: Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico (CAP 2018). Profesionais da comunicaci\u00f3n da ciencia, educaci\u00f3n informal, planetarios e centros de ciencia, as\u00ed como astr\u00f3nomos profesionais e amadores, xornalistas e creadores est\u00e1n convidados a asistir ao evento no novo Museo de Ciencia de Fukuoka para intercambiar ideas e boas pr\u00e1cticas. O Comit\u00e9 Cient\u00edfico Organizador (SOC) admite propostas de presentaci\u00f3ns sobre recursos, estudios e actividades pr\u00e1cticas, todas baixo o tema central \u201cComunicar astronom\u00eda no mundo de hoxe: prop\u00f3sito e m\u00e9todos\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade o anuncio da IAU aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17017\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17017\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Bolet\u00edn #16 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O bolet\u00edn #16 IAU OAD est\u00e1 xa na rede. Publ\u00edcao trimestralmente a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento e nel podes saber m\u00e1is das \u00faltimas actividades do OAD. Entre os aspectos m\u00e1is salient\u00e1beis deste n\u00famero est\u00e1n o novo formato do env\u00edo de propostas OAD 2017, noticias da 9\u00aa conferencia de astronom\u00eda en Cidade do Cabo en novembro de 2017 no OAD e a benvida aos novos membros do equipo, a astr\u00f3noma doutora Vanessa McBride e o astr\u00f3nomo convidado, doutro Paul A. Wilson.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ver o n\u00famero actual aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2qoC3E6\">http:\/\/bit.ly\/2qoC3E6<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O bolet\u00edn en PDF est\u00e1 tam\u00e9n dispo\u00f1\u00edbel no sitio web da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento en <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/\">www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Indonesia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Obradoiro de Escrita de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Obradoiro de Escrita de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica celebrouse o 8 de abril de 2017 en Bandung, con participantes que se reuniron para aprender e desenvolver as s\u00faas habilidades de escrita cient\u00edfica, principalmente enfocado a atopar un discurso com\u00fan acces\u00edbel ao p\u00fablico xeral: Como explicar ciencia complexa en linguaxe coti\u00e1? No obradoiro participaron once persoas de diferentes niveis de educaci\u00f3n e profesi\u00f3n, con interese na microbiolox\u00eda, matem\u00e1ticas e astronom\u00eda. O noso contacto, Avivah Yamani, conduciu unha sesi\u00f3n sobre a importancia da comunicaci\u00f3n da ciencia ao p\u00fablico e M. Zaid Wahyudi sobre t\u00e9cnicas de redacci\u00f3n de noticias e artigos de ciencia en linguaxe acces\u00edbel. As d\u00faas sesi\u00f3ns estiveron acompa\u00f1adas dunha parte pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n (en indonesio): <a href=\"https:\/\/langitselatan.com\/2017\/04\/22\/cerita-dari-workshop-menulis-populer-bersama-langitselatan\/\">https:\/\/langitselatan.com\/2017\/04\/22\/cerita-dari-workshop-menulis-populer-bersama-langitselatan\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas dos EEUU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Oitavo Festival Anual de Astronom\u00eda no National Mall<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En Washington, DC, o venres 2 de xu\u00f1o de 18 a 23 horas, os visitantes da capital da naci\u00f3n poder\u00e1n facer un tour gratu\u00edto e guiado polo ceo no Oitavo Festival Anual de Astronom\u00eda no National Mall (Astronomy Festival on the National Mall, AFNM). O ANFM incl\u00fae observaci\u00f3ns solares, \u00f3pticas e radiotelesc\u00f3picas do Sol, L\u00faa, X\u00fapiter e Saturno, as\u00ed como actividades e probas pr\u00e1cticas; un espect\u00e1culo de planetario cunha c\u00fapula inch\u00e1bel port\u00e1til, po\u00f1entes das organizaci\u00f3ns cient\u00edficas e educativas e unha oportunidade de mesturarse cos astr\u00f3nomos. A AFNM comezou en 2010, co-patrocinada pola oficina de ciencia e tecnolox\u00eda da Casa Branca. O festival do ano pasado recibiu 8500 visitantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is: <a href=\"http:\/\/www.hofstra.edu\/dcstars\">www.hofstra.edu\/dcstars<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>b) Educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n sobre a eclipse: as bibliotecas p\u00fablicas buscan voluntarios<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para a eclipse do 21 de agosto, m\u00e1is de 2000 bibliotecas p\u00fablicas dos EEUU recibir\u00e1n un pack de gafas de eclipse gratu\u00edtas cun folleto informativo sobre como facer mellor a divulgaci\u00f3n p\u00fablica. Moitas bibliotecas precisar\u00e1n axuda divulgativa para os astr\u00f3nomos, afeccionados e educadores con co\u00f1ecemento sobre as eclipses. No sitio web oficial desta iniciativa, todos os voluntarios interesados poden atopar un mapa interactivo que amosa as bibliotecas participantes. Os voluntarios poden tam\u00e9n achegarse \u00e1 biblioteca m\u00e1is pr\u00f3xima da s\u00faa zona e contribu\u00edr \u00e1 difusi\u00f3n do proxecto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n dispo\u00f1\u00edbel no sitio web da rede de bibliotecas STARNet: <a href=\"http:\/\/www.starnetlibraries.org\/2017eclipse\/\">http:\/\/www.starnetlibraries.org\/2017eclipse\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>c) Un grito sobre o tempo<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>A Shout Across Time<\/em> (un grito sobre o tempo) \u00e9 unha experiencia multimedia inspirada pola teor\u00eda da relatividade xeral de Einstein, os buracos negros e as ondas gravitacionais, que orixinalmente formaba parte do proxecto \u201cCelebrando a Einstein\u201d da Universidade Montana State. \u00c9 un evento de divulgaci\u00f3n p\u00fablico e gratu\u00edto do <a href=\"http:\/\/ciera.northwestern.edu\/\">CIERA<\/a> (centro astron\u00f3mico do noroeste), que combina imaxes astron\u00f3micas, narraci\u00f3n e m\u00fasica cl\u00e1sica en vivo interpretada por estudantes da escola de m\u00fasica Northwestern&#8217;s Bienen. Se o tempo o permite, os asistentes gozar\u00e1n dunha observaci\u00f3n cun telescopio despois do espect\u00e1culo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/artscircle.northwestern.edu\/music\/student-performance\/shout-across-time-musicastronomy-multimedia-performance\">https:\/\/artscircle.northwestern.edu\/music\/student-performance\/shout-across-time-musicastronomy-multimedia-performance<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Simulador de ceo escuro de dese\u00f1o aberto<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Proxecto DarkSkySim anima a dese\u00f1ar un simulador f\u00edsico que demostre os efectos da contaminaci\u00f3n luminosa (CL) sobre o ceo estrelado e a diferenza que sup\u00f3n unha iluminaci\u00f3n ben dese\u00f1ada, mediante a creaci\u00f3n dunha experiencia de primeira man que amose o efecto dos distintos tipos de farois sobre o n\u00famero de estrelas vis\u00edbeis. O simulador poder\u00e1 usarse en espazos expositivos, congresos, museos de ciencia e outros lugares e proporcionar\u00e1 unha experiencia mellorada para os visitantes comparado cos m\u00e9todos convencionais de exhibici\u00f3n dos efectos da CL. O prop\u00f3sito \u00e9 crear non s\u00f3 un \u00fanico simulador sen\u00f3n facer p\u00fablicas as instruci\u00f3ns e listaxe de material para que calquera interesado poida constru\u00edr un simulador na s\u00faa vila ou cidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podedes saber m\u00e1is deste proxecto aqu\u00ed:<br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/tf3\/open-design-dark-sky-simulator\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/tf3\/open-design-dark-sky-simulator\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Bolet\u00edn Europlanet<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo editorial do Bolet\u00edn Europlanet est\u00e1 buscando noticias interesantes relacionadas coa educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n en ciencias planetarias. Se tes calquera noticia sobre divulgaci\u00f3n (de eventos, novos recursos, actualizaci\u00f3ns, concursos, oportunidades de financiamento, etc) por favor escribe a anita.herward[at]europlanet-eu.org. Podes tam\u00e9n colaborar coa serie \u201cSpotlight on Outreach\u201d de Europlanet. Esta \u00e9 unha oportunidade para contarlle \u00e1 comunidade de divulgaci\u00f3n planetaria sobre os programas de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n da t\u00faa organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes subscribirte ao Bolet\u00edn Europlanet aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.europlanet-eu.org\/outreach\/newsletter\/\">http:\/\/www.europlanet-eu.org\/outreach\/newsletter\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1 aqu\u00ed:<br \/>\n<a href=\"http:\/\/mailchi.mp\/dc48acb7ef26\/europlanet-outreach-newsletter-9-april-2017?e=53b1c2055b\">http:\/\/mailchi.mp\/dc48acb7ef26\/europlanet-outreach-newsletter-9-april-2017?e=53b1c2055b<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En parcer\u00eda con <a href=\"http:\/\/www.ecsite.eu\/\">Ecsite<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.namesnetwork.org\/en\/home\/index.aspx\">NAMES<\/a>, a escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME) naceu en 2013 para responder ao crecente n\u00famero de centros de ciencia e actividades de comunicaci\u00f3n da ciencia no Mediterr\u00e1neo, en particular no Oriente Medio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O obxectivo deste curso de formaci\u00f3n \u00e9 adestrar persoal que poida liderar os centros de ciencia e organizaci\u00f3ns culturais e cient\u00edficas, d\u00e1ndolles un poderoso conxunto de competencias e habilidades. A escola de ver\u00e1n reforzar\u00e1 as capacidades de desenvolvemento dos participantes e aspirar\u00e1 a estender o di\u00e1logo e o intercambio entre estas organizaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/\">http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p>Escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 15 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> N\u00e1poles, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/\">http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Datas importantes<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">.Astronomy<br \/>\nPre-rexistro aberto at\u00e9 o 1 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e \u00c1frica (MEARIM IV)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 22 ao 25 de maio de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ad\u00eds Abeba, Etiop\u00eda<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.eorcworkshop.com\/mearim-iv-home\">http:\/\/www.eorcworkshop.com\/mearim-iv-home<\/a><\/p>\n<p>b) Mulleres na Astronom\u00eda IV: as numerosas caras das mulleres astr\u00f3nomas<br \/>\n<em>Data:<\/em> 9-11 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Austin, Texas<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2kgLbsL\">http:\/\/bit.ly\/2kgLbsL <\/a><\/p>\n<p>c) Telescopios Rob\u00f3ticos, conferencia sobre investigaci\u00f3n e educaci\u00f3n estudantil<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 22 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Diego, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\/\">http:\/\/rtsre.org\/<\/a><\/p>\n<p>d) IV Festival Starmus: a vida e o universo<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 23 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Trondheim, Noruega<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\">https:\/\/www.starmus.com<\/a><\/p>\n<p>e) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencia do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 26 ao 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Praga, Rep\u00fablica Checa<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp<\/a><\/p>\n<p>f) D\u00eda do Asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>g) Encontro astron\u00f3mico nacional da Royal Astronomical Society 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 2 ao 6 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Universidade de Hull, Reino Unido<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/nam2017.org\/\">https:\/\/nam2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>h) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 7 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p>i) Simposio Internacional sobre Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 8 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Utrecht, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p>l) Big data en astronom\u00eda: unha ferramenta potencial de innovaci\u00f3n social<br \/>\n<em>Data:<\/em> 7-11 de agosto de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Flic en Flac, Illa Mauricio<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/ska.ac.za\/barista\/home?authuser=0\">https:\/\/sites.google.com\/ska.ac.za\/barista\/home?authuser=0 <\/a><\/p>\n<p>m) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 15 ao 21 de agosto de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/handsonuniverse.org\/ghou2017\/\">http:\/\/handsonuniverse.org\/ghou2017\/<\/a><\/p>\n<p>n) Escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 15 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> N\u00e1poles, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/\">http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/<\/a><\/p>\n<p>\u00f1) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 17 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.epsc2017.eu\/\">http:\/\/www.epsc2017.eu\/<\/a><\/p>\n<p>o) 3\u00aa Simposio COSPAR<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Illa Jeju, Corea do Sur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/\">https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/<\/a><\/p>\n<p>p) Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p>q) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>r) .Astronomy<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p>s) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>t) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao espa\u00f1ol, por ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao galego, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive2.com\/?e=&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=1acb0bfab5\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Maio 2017 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Prazo de propostas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) 2017 2) Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico (CAP) 2018 abre o prazo de rexistro e env\u00edo de propostas 3) Bolet\u00edn #16 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) 4) Espazo de contacto da&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-maio-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-3812","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3812","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3812"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3812\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3812"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3812"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3812"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}