{"id":3542,"date":"2017-01-15T13:56:19","date_gmt":"2017-01-15T11:56:19","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3542"},"modified":"2017-01-15T13:56:19","modified_gmt":"2017-01-15T11:56:19","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2017-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2017-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU: Xaneiro 2017 #1"},"content":{"rendered":"<p><strong><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro 2017 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento: Anuario 2016<br \/>\n2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Arxentina<br \/>\n3) Obradoiro Internacional \u201cDos dat\u00f3s \u00e1 c\u00fapula\u201d en Xap\u00f3n<br \/>\n4) 365 d\u00edas de astronom\u00eda: chega a Totalidade 2017<br \/>\n5) Revista latinoamericana de educaci\u00f3n astron\u00f3mica<br \/>\n6) O Telescopio Virtual<br \/>\n7) Desaf\u00edo Odysseus de ciencia espacial<br \/>\n8) Ciencia na escola: publicaci\u00f3n para profesores de ciencias<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O noso bolet\u00edn noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns para este bolet\u00edn<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nun gran comezo de ano a nosa oficina irm\u00e1, a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, v\u00e9n de lanzar o seu primeiro Anuario onde podes examinar as cousas asombrosas que o equipo completou ao longo dos anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, convidamos aos nosos lectores a saber m\u00e1is sobre os actividades de <em>365 D\u00edas de Astronom\u00eda \u201cTotalidade 2017\u201d<\/em> para a moi esperada eclipse do 21 de agosto e a aprender m\u00e1is sobre Desaf\u00edo Odysseus de Ciencia Espacial; e aos nosos lectores falantes de espa\u00f1ol e portugu\u00e9s anim\u00e1molos a explorar a Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os nosos colegas da Arxentina fannos outra gran suxesti\u00f3n: empezar o novo ano planificando a eclipse anular que ser\u00e1 vis\u00edbel na Patagonia en febreiro de 2017.<\/p>\n<p align=\"left\">Ceos despexados en 2017!<\/p>\n<p align=\"left\"><em>O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/em><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento: Anuario 2016<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento v\u00e9n de sacar o seu primeiro Anuario, unha publicaci\u00f3n anual que recolle as actividades e logros da oficina e a comunidade global durante o ano. Nesta primeira edici\u00f3n o Anuario 2016 cobre todo o feito dende o nacemento da oficina. As actividades foron apoiadas por unha comunidade moi ampla e diversa, inclu\u00eddas as nove oficinas rexionais, parceiros, colaboradores e voluntarios en todo o planeta. Para a s\u00faa impresi\u00f3n ou traduci\u00f3n a oficina proporciona baixo pedimento arquivos listos para impresi\u00f3n ou abertos \u00e1 edici\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Unha versi\u00f3n dixital do Anuario pode descargarse dende o sitio web da oficina: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/downloads\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/downloads\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Arxentina<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O segundo \u201cWorkshop de Difusi\u00f3n y Ense\u00f1anza de la Astronom\u00eda \u2013 WDEA II\u201d ter\u00e1 lugar en Esquel do 22 ao 24 de febreiro de 2017. O obradoiro desenvolver\u00e1 ademais unha observaci\u00f3n da eclipse anular, o 26 de febreiro. Para celebrar estes acontecementos especiais, a Rede para Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica nas Escolas produciu un libro de actividades, \u201cO Sol e as eclipses \u2013 actividades e modelos para explicar eclipses\u201d, dispo\u00f1\u00edbel en <a href=\"http:\/\/www.conicet.gov.ar\/wp-content\/uploads\/SolyEclipses_cast2.pdf\">espa\u00f1ol<\/a> (PDF, 13,2MB) e <a href=\"http:\/\/sac.csic.es\/astrosecundaria\/en\/cursos\/formato\/materiales\/libro\/SolyEclipses_ingles_web.pdf\">ingl\u00e9s<\/a> (PDF, 4,9MB).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o obradoiro (en espa\u00f1ol) aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAII\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Obradoiro Internacional \u201cDos dat\u00f3s \u00e1 c\u00fapula\u201d en Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Sociedade Planetaria Internacional e o Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n organizan o obradoiro internacional \u201cDos datos \u00e1 c\u00fapula\u201d que ter\u00e1 lugar o 2 e 3 de marzo no campus do observatorio en Toquio, Xap\u00f3n. O obradoiro reunir\u00e1 a profesionais dos planetarios, astr\u00f3nomos e expertos en visualizaci\u00f3n de grandes datos (<em>big data<\/em>) en c\u00fapula. Conv\u00eddase a todos os participantes a presentar un pequeno exemplo do seu traballo e ademais estes ter\u00e1n oportunidade de iniciar un debate sobre un asunto de interese xeral para a comunidade. Est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel unha li\u00f1a de apoios para os gastos de viaxe e o prazo de inscrici\u00f3n remata o 15 de xaneiro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is deste obradoiro aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html\">http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) 365 d\u00edas de astronom\u00eda: chega a Totalidade 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O premiado show <em>365 D\u00edas de Astronom\u00eda<\/em> anunciou que vai lanzar unha novena tempada e que o lema ser\u00e1 \u201cTotalidade 2017\u201d, en referencia ao paso da zona de totalidade por toda Norteam\u00e9rica durante a eclipse solar do 21 de agosto de 2017. Esta eclipse solar total ser\u00e1 de gran interese para a xente en todo o mundo, tanto polos seus aspectos cient\u00edficos como polas oportunidades tur\u00edsticas e educativas. Mais \u201cTotalidade 2017\u201d tam\u00e9n nos achegar\u00e1 toda a astronom\u00eda, dos asteroides aos exoplanetas, das supernovas aos superc\u00famulos, o podcast compartir\u00e1 asombrosas achegas das ciencias do espazo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Aqu\u00ed podes ler m\u00e1is detalles sobre estas actividades: <a href=\"https:\/\/cosmoquest.org\/x\/365daysofastronomy\/2016\/12\/14\/365-days-of-astronomy-its-time-for-totality-2017\/\">https:\/\/cosmoquest.org\/x\/365daysofastronomy\/2016\/12\/14\/365-days-of-astronomy-its-time-for-totality-2017\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (RELEA) axuda a promover e consolidar a educaci\u00f3n astron\u00f3mica en Latinoam\u00e9rica e outros territorios. O n\u00famero 22 xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel. Aceptan artigos orixinais e in\u00e9ditos sobre investigaci\u00f3n emp\u00edrica, ensaios te\u00f3ricos e recensi\u00f3n de interese no campo da educaci\u00f3n astron\u00f3mica. Os artigos poden estar escritos en portugu\u00e9s, espa\u00f1ol ou ingl\u00e9s. A portada est\u00e1 en portugu\u00e9s, mais podes cambiar a ingl\u00e9s ou espa\u00f1ol no men\u00fa da dereita. Calquera comentario ou suxesti\u00f3n pode ser enviado directamente a relea@ufscar.br.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As directrices para as propostas e os seus autores ind\u00edcanse neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.relea.ufscar.br\/\">www.relea.ufscar.br<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) O Telescopio Virtual<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Proxecto Telescopio Virtual consiste en varios telescopios rob\u00f3ticos aos que se pode acceder de forma remota en tempo real, tanto para uso de investigaci\u00f3n como entretemento. Malia levar unha avanzada instrumentaci\u00f3n, o sistema \u00e9 moi acces\u00edbel e amig\u00e1bel para todos. Este proxecto, mantido polo Observatorio Astron\u00f3mico Bellatrix en Italia e xestionado polo Dr Gianluca Masi, ofrece ademais sesi\u00f3ns de observaci\u00f3n p\u00fablicas, con comentarios ao vivo do equipo cient\u00edfico e os espectadores que se suman en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Aprende m\u00e1is sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.virtualtelescope.eu\/\">http:\/\/www.virtualtelescope.eu\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Desaf\u00edo Odysseus de ciencia espacial<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Odysseus \u00e9 un concurso europeo de ciencias do espazo para a mocidade, con tres grupos de idade que poden participar: Cami\u00f1antes do Ceo (alumnado de primaria), Pioneiros (alumnado de secundaria) e Exploradores (universitarios). O concurso organ\u00edzase en tres fases, Nacional, Rexional e Pan-Europea, que se celebrar\u00e1n en Toulouse, Francia, en xullo de 2017. A competici\u00f3n ofrece unha experiencia de aprendizaxe \u00fanica para todas as persoas implicadas, e perm\u00edtelle aos estudantes ampliar as fronteiras do seu co\u00f1ecemento ao responderen preguntas cient\u00edficas fundamentais.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is <a href=\"https:\/\/space.blog.gov.uk\/2016\/11\/29\/odysseus-space-science-challenge\/\">mira isto<\/a> e visita o sitio web oficial: <a href=\"https:\/\/www.odysseus-contest.eu\/\">https:\/\/www.odysseus-contest.eu\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Ciencia na escola: publicaci\u00f3n para profesores de ciencias<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A revista Science in School (Ciencia na Escola) oc\u00fapase do ensino das ciencias en toda Europa e para todas as disciplinas, salientando o mellor no ensino e investigaci\u00f3n de fronteira. Trata de biolox\u00eda, f\u00edsica, qu\u00edmica, ciencias da Terra, enxe\u00f1er\u00eda e medicina, po\u00f1endo o foco no traballo interdisciplinar a trav\u00e9s de contidos que incl\u00faen materiais educativos e proxectos en ciencia da educaci\u00f3n, informaci\u00f3n actualizada en investigaci\u00f3n de vangarda, entrevistas con cient\u00edficos inspiradores e profesores e moitos outros recursos \u00fatiles para os profesores de ciencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Ciencia na Escola publ\u00edcase trimestralmente e pode atoparse de balde no seu sitio web. Podes atopar o \u00faltimo n\u00famero e os anteriores neste sitio web: <a href=\"http:\/\/www.scienceinschool.org\/content\/issue-38\">http:\/\/www.scienceinschool.org\/content\/issue-38<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>Datas importantes<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Obradoiro Internacional \u201cData to Dome\u201d (Datos \u00e1 C\u00fapula)<br \/>\n<em>Data l\u00edmite para solicitar apoio na viaxe:<\/em> 15 de xaneiro de 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> 2 e 3 de marzo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html\">http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">a) Obradoiro Internacional \u201cData to Dome\u201d (Datos \u00e1 C\u00fapula)<br \/>\n<em>Data:<\/em> 2 e 3 de marzo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html\">http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">b) 7\u00ba Festival Internacional da Visualizaci\u00f3n da Ciencia &#8211; Dome Fest<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 5 ao 7 marzo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Tokyo, Japan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html\">http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">c) Mes Astron\u00f3mico Global<br \/>\n<em>Data<\/em>: abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.astronomerswithoutborders.org\/\">http:\/\/www.astronomerswithoutborders.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">d) 10\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 6 ao 8 de abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Campos, RJ, Brazil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k\">http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">e) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencia do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 26 ao 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Praga, Rep\u00fablica Checa<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">f) D\u00eda do Asteroide<br \/>\n<em>Data<\/em>: 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">g) Encontro astron\u00f3mico nacional da Royal Astronomical Society 2017<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 2 ao 6 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Universidade de Hull, Reino Unido<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/nam2017.org\/\">https:\/\/nam2017.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">h) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 3 ao 7 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">i) Simposio Internacional sobre Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 3 ao 8 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Utrecht, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">j) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 17 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.epsc2017.eu\/\">http:\/\/www.epsc2017.eu\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">k) 3\u00aa Simposio COSPAR<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 18 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Illa Jeju, Corea do Sur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/\">https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">l) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data<\/em>: 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">m) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">n) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>10) O noso bolet\u00edn noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Traduci\u00f3ns ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Traduci\u00f3n ao espa\u00f1ol, por ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Traduci\u00f3ns ao galego, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>11) Contribuci\u00f3ns para este bolet\u00edn \u2013 agard\u00e1mosvos en 2017!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive2.com\/?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=ac9d07d8fe&amp;e=\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xaneiro 2017 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento: Anuario 2016 2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Arxentina 3) Obradoiro Internacional \u201cDos dat\u00f3s \u00e1 c\u00fapula\u201d en Xap\u00f3n 4) 365 d\u00edas de astronom\u00eda: chega a Totalidade 2017 5) Revista latinoamericana de educaci\u00f3n astron\u00f3mica 6) O Telescopio&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2017-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-3542","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3542","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3542"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3542\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3542"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3542"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3542"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}