{"id":2941,"date":"2016-07-26T11:36:28","date_gmt":"2016-07-26T09:36:28","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2941"},"modified":"2016-07-26T11:36:28","modified_gmt":"2016-07-26T09:36:28","slug":"perseidas2016","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/perseidas2016\/","title":{"rendered":"Imos a Guitiriz para ver as Perseidas. Acomp\u00e1\u00f1asnos?"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_2946\" aria-describedby=\"caption-attachment-2946\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2946 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/Perseida-3-300x258.jpg\" alt=\"Perseida\" width=\"300\" height=\"258\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/Perseida-3-300x258.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/Perseida-3.jpg 360w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2946\" class=\"wp-caption-text\">Fotograf\u00eda: Xo\u00e1n Cardelle<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify\">\u00c9 o cl\u00e1sico de todos os ver\u00e1ns, unha cita agardada polos afeccionados. Na primeira quincena de agosto a Terra na s\u00faa \u00f3rbita arredor do Sol atravesa unha zona do espazo poboada por material deixado polo cometa Swift-Tuttle e iso provoca a chuvia de estrelas m\u00e1is popular, a das Perseidas. A maior intensidade da chuvia este ano est\u00edmase que acontecer\u00e1 arredor do 12 de agosto, a\u00ednda que ser\u00e1 claramente vis\u00edbel nas noites precedentes e posteriores. A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo organiza <strong>na noite do venres 12 ao s\u00e1bado 13 de agosto<\/strong> unha <strong>observaci\u00f3n na \u00e1rea recreativa San Xo\u00e1n, en Guitiriz<\/strong>, <del>e poremos a disposici\u00f3n das persoas interesadas un <strong>servizo de autob\u00fas gratu\u00edto dende A Coru\u00f1a<\/strong> (as prazas son limitadas e ser\u00e1n adxudicadas por rigorosa orde de inscrici\u00f3n)<\/del> <strong>ESGOTADAS AS PRAZAS DE AUTOB\u00daS.<\/strong> Esta actividade conta coa colaboraci\u00f3n da Concellar\u00eda de Cultura, Deportes e Co\u00f1ecemento do <a href=\"http:\/\/www.coruna.es\">Concello da Coru\u00f1a<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A L\u00faa, en fase crecente, oc\u00faltase despois das d\u00faas da madrugada en direcci\u00f3n Oeste-Sudoeste; a esa hora emerxe polo nordeste Perseo, o radiante desta chuvia de estrelas (isto \u00e9, a constelaci\u00f3n da que \u201cparecen\u201d proceder os meteoros). O mellor momento para ver as Perseidas \u00e9 a segunda metade da noite; tr\u00e1tase, pois, de pasar a noite practicamente completa en Guitiriz. O autob\u00fas <strong>sair\u00e1 da Praza da Palloza na Coru\u00f1a \u00e1s 23:30<\/strong> e <strong>regresar\u00e1 de Guitiriz arredor das 5:00<\/strong>. Ser\u00e1 unha noite de observaci\u00f3n coas Perseidas coma obxectivo principal, mais tam\u00e9n haber\u00e1 tempo para gozar do ceo do ver\u00e1n a simple vista, con prism\u00e1ticos e con telescopio. O Cisne, a Aguia, a Lira, Saxitario, a V\u00eda L\u00e1ctea&#8230; estar\u00e1n ao alcance dos nosos ollos na escuridade do ceo da Terra Cha.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Pasaremos varias horas nunha zona afastada do n\u00facleo urbano, unha \u00e1rea recreativa na natureza; por iso conv\u00e9n insistir en que, independentemente da calor que vaia polo d\u00eda, pola noite sempre refresca. A baixada de temperaturas \u00e9 not\u00e1bel e levar roupa de abrigo \u00e9 necesario. Os pantal\u00f3ns curtos e as sandalias abertas son unha p\u00e9sima idea para pasar a madrugada no campo. Sempre \u00e9 mellor que sobre roupa que non que falte. Escusamos dicir que na zona non hai bancos nin ba\u00f1os nin m\u00e1quina de caf\u00e9 nin cousa que se lle pareza. O que poidades precisar para pasar esas horas tedes que levalo convosco. En particular, un termo con bebida quente non resulta inapropiado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><del>Se queredes participar na actividade facendo uso do servizo de autob\u00fas, <strong><a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSdS4YZUJarFzL6KneYT-6MioVEU4yoZrsqH1W9HKAL031n25Q\/viewform\">debedes inscribirvos neste formulario<\/a><\/strong> indicando un correo electr\u00f3nico de contacto, pois as comunicaci\u00f3ns se efectuar\u00e1n exclusivamente por esa v\u00eda (en ning\u00fan caso por tel\u00e9fono). <strong>Adxudicaremos as prazas por orde de recepci\u00f3n<\/strong>.<\/del> <strong>ESGOTADAS AS PRAZAS DE AUTOB\u00daS.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Poden asistir menores de idade sempre e cando vaian acompa\u00f1adas por unha persoa adulta que se faga respons\u00e1bel (e as\u00ed deber\u00e1 indicarse no momento da inscrici\u00f3n). Se preferides ir en coche pola vosa conta, para esta actividade concreta non ser\u00e1 preciso cubrirdes o formulario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Recomendaci\u00f3ns b\u00e1sicas<\/strong><\/p>\n<div style=\"text-align: justify\">&#8211; Descansa ben o d\u00eda anterior, pois vas pasar a noite en vela. Ten en conta que estaremos de regreso na Coru\u00f1a arredor das 6 am (sa\u00edda de Guitiriz \u00e1s 5h).<\/div>\n<div style=\"text-align: justify\">&#8211; No monte pola noite vai fr\u00edo, tam\u00e9n en ver\u00e1n, as\u00ed que&#8230; abr\u00edgate! Unha cazadora e calzado que abriguen \u00e9 fundamental, evita manga curta e sandalias.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify\">&#8211; Contemplar o ceo nocturno require que o ollo se adapte \u00e1 escuridade. Polo teu ben e o dos asistentes \u00e1 actividade evita acender m\u00f3biles e lanternas durante a observaci\u00f3n.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify\">&#8211; O paso de estrelas fugaces \u00e9 imprevis\u00edbel e pode ser en calquera zona da b\u00f3veda celeste, por iso tombados vese moito mellor. Unha cadeira preg\u00e1bel ou unha manta para deitarte no chan mellorar\u00e1 a t\u00faa experiencia.<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 o cl\u00e1sico de todos os ver\u00e1ns, unha cita agardada polos afeccionados. Na primeira quincena de agosto a Terra na s\u00faa \u00f3rbita arredor do Sol atravesa unha zona do espazo poboada por material deixado polo cometa Swift-Tuttle e iso provoca a chuvia de estrelas m\u00e1is popular, a das Perseidas. A maior intensidade da chuvia este ano est\u00edmase que acontecer\u00e1 arredor do 12 de agosto, a\u00ednda&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/perseidas2016\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[59],"class_list":["post-2941","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actividades-gl","tag-perseidas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2941","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2941"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2941\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13331,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2941\/revisions\/13331"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2941"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2941"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2941"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}