{"id":2871,"date":"2016-07-08T16:12:17","date_gmt":"2016-07-08T14:12:17","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2871"},"modified":"2019-09-25T18:36:15","modified_gmt":"2019-09-25T18:36:15","slug":"astronomia-no-dicionario-da-real-academia-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/astronomia-no-dicionario-da-real-academia-galega\/","title":{"rendered":"Astronom\u00eda no Dicionario da Real Academia Galega"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-2872 size-thumbnail\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/RAG-200x189.jpg\" alt=\"RAG\" width=\"200\" height=\"189\" \/>Como \u00e9 l\u00f3xico, o dicionario da <a href=\"http:\/\/academia.gal\/\">Real Academia Galega<\/a> -que pode consultarse con comodidade en Internet no <a href=\"http:\/\/portaldaspalabras.gal\/\">Portal das Palabras<\/a>&#8211; incl\u00fae moitos conceptos cient\u00edficos, entre eles alg\u00fans relacionados coa astronom\u00eda. Ao usar o dicionario fomos constatando a presenza de erros, imprecisi\u00f3ns, definici\u00f3ns confusas ou exemplos desafortunados que aconsellar\u00edan unha revisi\u00f3n exhaustiva do vocabulario cient\u00edfico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Hai uns d\u00edas contactamos coa Real Academia Galega, a trav\u00e9s do seu departamento de Comunicaci\u00f3n, que \u00e1 s\u00faa vez nos puxo en contacto co de Lexicograf\u00eda. Acheg\u00e1ronnos unha listaxe de termos coa etiqueta \u201castronom\u00eda\u201d e fixemos un repaso dos mesmos. Non propuxemos definici\u00f3ns alternativas pois non \u00e9 ese o noso cometido; limit\u00e1monos a explicar os fallos dalgunhas definici\u00f3ns e exemplos. Sinalamos algo m\u00e1is de medio cento de termos astron\u00f3micos que deben ser mellorados e envi\u00e1moslle \u00e1 Real Academia Galega un documento de dez p\u00e1xinas coas nosas suxesti\u00f3ns, un traballo no que participaron activamente o noso socio Martin Pawley e o profesor Salva Bar\u00e1. Entre esas ducias de palabras, eliximos agora algunhas a maneira de exemplo para fomentar o debate p\u00fablico sobre a mellora do tecnolecto cient\u00edfico e tecnol\u00f3xico:<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Gravidade<\/strong> s.f. Fen\u00f3meno polo que un corpo \u00e9 atra\u00eddo en direcci\u00f3n ao centro da Terra.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Hai xa uns cantos s\u00e9culos que sabemos que a forza de gravidade \u00e9 un fen\u00f3meno universal non sempre dirixido aos nosos embigos. A definici\u00f3n xa foi modificada: <em>Interacci\u00f3n atractiva entre corpos con masa, responsable, por exemplo, de que un corpo sexa atra\u00eddo ao centro da Terra.<\/em><\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Luz<\/strong> s.f. Radiaci\u00f3n electromagn\u00e9tica que se propaga no baleiro a unha velocidade de 299.792 km por segundo e \u00e9 capaz de producir o fen\u00f3meno da visi\u00f3n. <em>Luz ultravioleta.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">S\u00f3 unha parte moi pequena da radiaci\u00f3n electromagn\u00e9tica que chamamos luz pode producir o fen\u00f3meno da visi\u00f3n. O exemplo desmente, de feito, a definici\u00f3n, pois a \u201cluz ultravioleta\u201d non permite o fen\u00f3meno da visi\u00f3n, polo menos entre os humanos (outra cousa son as abellas).<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Asteroide<\/strong> s.m. Corpo celeste de caracter\u00edsticas rochosas e pequenas dimensi\u00f3ns, que gravita arredor do sol.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Neste caso a definici\u00f3n \u00e9 tan xeral que valer\u00eda para corpos que non entran na categor\u00eda <em>asteroide<\/em>, coma os planetas ananos. Na famosa <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/static\/resolutions\/Resolution_GA26-5-6.pdf\">resoluci\u00f3n B5<\/a> de 2006 (PDF, 92KB) a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional fixou tres \u00fanicas categor\u00edas para os obxectos do sistema solar: \u201cplanetas\u201d, \u201cplanetas ananos\u201d ou \u201ccorpos pequenos ou menores do sistema solar\u201d, que cont\u00e9n aos cometas, asteroides, obxectos transneptunianos, etc. Esa resoluci\u00f3n poder\u00eda tomarse coma referencia para elaborar as definici\u00f3ns galegas dos obxectos que poboan os sistema solar.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Planeta<\/strong> s.m. 1 Astron. Astro con movemento independente pero sen luz propia: <em>A Terra \u00e9 un planeta que xira arredor do Sol<\/em> \u25b2 Planeta exterior Astron. Planeta do sistema solar, que est\u00e1 m\u00e1is lonxe do Sol que da Terra: <em>Marte, X\u00fapiter, Saturno, Urano, Neptuno e Plut\u00f3n denom\u00ednanse planetas exteriores<\/em>\u25b2Planeta interior Astron. Planeta do sistema solar, que est\u00e1 m\u00e1is preto do Sol que da Terra: <em>Os planetas interiores son Mercurio e Venus<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Aplicando en sentido estrito a definici\u00f3n a condici\u00f3n interior e exterior dun planeta cambiar\u00eda segundo estea en conxunci\u00f3n ou en oposici\u00f3n. Unha soa preposici\u00f3n \u00abde\u00bb \u00e9 neste caso a principal culp\u00e1bel da desfeita.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Plut\u00f3n<\/strong>: Planeta anano do sistema solar situado m\u00e1is al\u00f3 da \u00f3rbita de Neptuno.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Todo en orde se non fora que no dicionario non se define o concepto \u00abplaneta anano\u00bb.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Tr\u00edgono<\/strong> s.m. 1 Astron. Conxunto de tres signos do zod\u00edaco que distan entre si cento vinte graos: <em>O tr\u00edgono ten a consideraci\u00f3n de aspecto ben\u00e9fico na tradici\u00f3n astrol\u00f3xica<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Ascendente<\/strong> adx. 4 Astron. Constelaci\u00f3n do zod\u00edaco que est\u00e1 no horizonte no momento de nacer unha persoa: <em>O seu ascendente \u00e9 Leo<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">\u201cTrigono\u201d e \u201cascendente\u201d non son conceptos de uso astron\u00f3mico, sen\u00f3n que pertencen \u00e1 pseudociencia da astrolox\u00eda.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Acuario<\/strong> s.m. 3 Astron. A und\u00e9cima constelaci\u00f3n do zod\u00edaco, situada entre Capricornio e Pisces OBS: Nesta acepci\u00f3n escr\u00edbese con mai\u00fascula: <em>Os planetas rexentes de Acuario son Saturno e Urano<\/em> 4 Signo correspondente ao que pertencen os nacidos entre o vinte e dous de xaneiro e o vinte e un de febreiro OBS: Nesta acepci\u00f3n escr\u00edbese con mai\u00fascula: <em>Pertence ao signo de Acuario<\/em> s. 5 Persoa que naceu baixo ese signo: <em>Sendo un acuario, suponse que ten capacidade de an\u00e1lise cr\u00edtica.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Por que und\u00e9cima? Contando dende onde? O mesmo para todos os signos zodiacais, para os cales se d\u00e1 un marco temporal que non coincide necesariamente co m\u00e1is com\u00fan na pseudociencia da astrolox\u00eda (e por suposto alleo ao paso actual do Sol por esas rexi\u00f3ns da banda zodiacal, que \u00e9 o feito astron\u00f3mico subxacente). Deber\u00eda deixarse clara a diferenza entre as acepci\u00f3ns astron\u00f3mica e astrol\u00f3xica, as\u00ed como salientar a condici\u00f3n anticient\u00edfica da astrolox\u00eda e evitar nos exemplos a atribuci\u00f3n de calidades aos nacidos baixo un signo concreto, pois \u00e9 evidentemente absurdo que a capacidade cr\u00edtica de algu\u00e9n te\u00f1a que ver coa posici\u00f3n dos astros no d\u00eda do seu nacemento.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Centauro<\/strong> s.m. 2 Astron. Constelaci\u00f3n que se ve no ceo do hemisferio austral OBS: Nesta acepci\u00f3n escr\u00edbese con mai\u00fascula: <em>As estrelas de Centauro son das m\u00e1is pr\u00f3ximas ao Sol<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">A definici\u00f3n vale para todas as constelaci\u00f3ns que se ven no ceo do hemisferio austral, inclu\u00eddas as que tam\u00e9n se ven no hemisferio boreal, por exemplo Ori\u00f3n ou as zodiacais, e polo tanto \u00e9 sumamente imprecisa.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Meteorito<\/strong> s.m. Astron. Fragmento dun corpo celeste que atravesa a atmosfera terrestre e alcanza a superficie da Terra: <em>Polo xeral os meteoritos desint\u00e9granse antes de chegaren \u00e1 Terra<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Ben desafortunado o exemplo. Se o meteorito alcanza a superficie da Terra, como se vai desintegrar antes de chegar a ela?<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>\u00d3rbita<\/strong> s.f. 1 F\u00eds. Traxectoria curva e pechada descrita por un corpo no seu movemento: <em>O sat\u00e9lite artificial describ\u00eda unha \u00f3rbita pr\u00f3xima \u00e1 par\u00e1bola<\/em> 2 Astron. Curva cerrada descrita por todo corpo celeste que gravita arredor doutro: <em>A L\u00faa est\u00e1 en constante \u00f3rbita arredor da Terra<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Outro exemplo errado que crea confusi\u00f3n: a par\u00e1bola \u00e9 unha curva aberta.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>V\u00eda<\/strong> s.f. FRASES E EXPRESI\u00d3NS CON v\u00eda\u25b2V\u00eda L\u00e1ctea 1 Astron. Galaxia na que se atopa o sistema solar: <em>A V\u00eda L\u00e1ctea est\u00e1 formada por un conxunto de mill\u00f3ns de estrelas<\/em> 2 Astron. Parte desta galaxia que se percibe desde a Terra a simple vista: <em>Nas noites sen l\u00faa a luminosidade da V\u00eda L\u00e1ctea destaca sobre o fondo escuro do espazo<\/em> SIN\u00d3NIMO Cami\u00f1o de Santiago<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">(Case) todo o que vemos a simple vista pertence \u00e1 V\u00eda L\u00e1ctea. A definici\u00f3n 2 deber\u00eda ser m\u00e1is precisa para referirse \u00e1 banda difusa que cruza o ceo polas constelaci\u00f3ns de Saxitario, Aguia, Cisne, Casiopeia, Perseo, Auriga, Unicornio&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Propuxemos, ademais, que valorasen a incorporaci\u00f3n ao dicionario de palabras coma <em>asterismo<\/em> ou <em>exoplaneta<\/em> (ou <em>planeta extrasolar<\/em>) as\u00ed como das acepci\u00f3ns com\u00fans en astronom\u00eda de termos coma <em>conxunci\u00f3n<\/em> e <em>oposici\u00f3n<\/em>. Convidamos a persoas e colectivos vinculados a outras \u00e1reas de co\u00f1ecemento cient\u00edfico que lle fagan chegar \u00e1 Real Academia Galega as s\u00faas propostas de mellora dende a certeza de que ser\u00e1n tomadas en conta pola centenaria instituci\u00f3n.<\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como \u00e9 l\u00f3xico, o dicionario da Real Academia Galega -que pode consultarse con comodidade en Internet no Portal das Palabras&#8211; incl\u00fae moitos conceptos cient\u00edficos, entre eles alg\u00fans relacionados coa astronom\u00eda. Ao usar o dicionario fomos constatando a presenza de erros, imprecisi\u00f3ns, definici\u00f3ns confusas ou exemplos desafortunados que aconsellar\u00edan unha revisi\u00f3n exhaustiva do vocabulario cient\u00edfico. Hai uns d\u00edas contactamos coa Real Academia Galega, a trav\u00e9s do&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/astronomia-no-dicionario-da-real-academia-galega\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10664,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[146],"tags":[137,139,164,140,131],"class_list":["post-2871","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-astronomia-visual-gl","tag-dicionario","tag-lingua-galega","tag-martin-pawley","tag-real-academia-galega","tag-salva-bara"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2871","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2871"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2871\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10665,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2871\/revisions\/10665"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10664"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2871"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2871"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2871"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}