{"id":2521,"date":"2016-06-15T11:14:32","date_gmt":"2016-06-15T09:14:32","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2521"},"modified":"2019-10-15T10:17:29","modified_gmt":"2019-10-15T10:17:29","slug":"miss-leavitt","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/miss-leavitt\/","title":{"rendered":"Miss Leavitt e as estrelas vari\u00e1beis"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-2522 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/HenriettaSwanLeavitt-230x300.jpg\" alt=\"HenriettaSwanLeavitt\" width=\"230\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/HenriettaSwanLeavitt-230x300.jpg 230w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/HenriettaSwanLeavitt.jpg 460w\" sizes=\"(max-width: 230px) 100vw, 230px\" \/>Henrietta Swan Leavitt naceu en Lancaster, Massachussets, o 4 de xullo de 1868, nunha familia ben situada de <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Congregational_church\">cristi\u00e1ns protestantes<\/a>. D\u00e9ronlle estudos e aproveitounos; pasou polo Radcliffe College, centro de educaci\u00f3n superior para mulleres onde aprendeu dende grego cl\u00e1sico at\u00e9 c\u00e1lculo e xeometr\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En 1893 empezou a traballar -ao principio, coma voluntaria- no Observatorio de Harvard no equipo de \u201ccalculadoras\u201d impulsado por Edward Charles Pickering para catalogar o brillo das estrelas escrutando a <a href=\"https:\/\/www.cfa.harvard.edu\/hco\/plates.html\">inmensa colecci\u00f3n de placas fotogr\u00e1ficas do centro<\/a>. Placas de vidro recubertas dunha emulsi\u00f3n que se activa quimicamente ao recibir luz; con tempos longos de exposici\u00f3n a emulsi\u00f3n chega a activarse incluso con luces moi febles, esas que o ollo non \u00e9 capaz de ver. Na placa queda unha <em>mancha<\/em> maior canto m\u00e1is luz se reciba e as\u00ed o tama\u00f1o do \u00abborr\u00f3n\u00bb serve de indicador do brillo aparente da estrela. Un traballo met\u00f3dico e paciente e -xa se dixo <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/tag\/harvard-computers\">en anteriores anotaci\u00f3ns<\/a>&#8211; non moi ben pago que digamos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Henrietta investigou un tipo de <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Variable_star#Intrinsic_variable_stars\">estrelas vari\u00e1beis<\/a>, estrelas cuxa luminosidade non \u00e9 constante sen\u00f3n que unhas veces as vemos m\u00e1is brillantes e outras menos, cun per\u00edodo de variaci\u00f3n extremadamente regular. Hoxe sabemos que esa variaci\u00f3n se relaciona con cambios no tama\u00f1o da estrela, que se contrae e expande oscilando entre un tama\u00f1o m\u00e1ximo e un tama\u00f1o m\u00ednimo, e consecuentemente entre un brillo m\u00ednimo e un brillo m\u00e1ximo (o brillo da estrela \u00e9 m\u00e1ximo cando o seu radio \u00e9 m\u00ednimo, e ao rev\u00e9s). Nos tempos de Henrietta isto estaba a\u00ednda por saber e as vari\u00e1beis eran un asunto tan fascinante como dif\u00edcil de levar a bo porto, quizais un t\u00edpico esforzo de anos que non conducir\u00eda a resultados conclu\u00edntes. Mais hab\u00eda que facelo. E abof\u00e9 que houbo resultados e que cambiaron para sempre a astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-2523 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Leavitt-300x208.jpg\" alt=\"Leavitt\" width=\"300\" height=\"208\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Leavitt-300x208.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Leavitt.jpg 733w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Miss Leavitt reparou nun enorme grupo de estrelas vari\u00e1beis nas Nubes de Magallanes. Nos Anais do Observatorio de 1908 publicou un artigo cheo de t\u00e1boas de datos, <a href=\"http:\/\/articles.adsabs.harvard.edu\/full\/1908AnHar..60...87L\"><em>1777 variables in the Magellanic Clouds<\/em><\/a>. Case ao final, unha frase empezaba a cambiar a historia: \u201cIt is worthy of notice that in table VI the brighter variables have the longer periods\u201d. Chama a atencion que as vari\u00e1beis m\u00e1is brillantes te\u00f1en os per\u00edodos m\u00e1is longos. Seguiu traballando nesa li\u00f1a e catro anos despois confirmou as s\u00faas hip\u00f3teses iniciais nunha circular\u00a0de tres p\u00e1xinas &#8211;<a href=\"http:\/\/adsabs.harvard.edu\/abs\/1912HarCi.173....1L\">a n\u00famero 173<\/a>&#8211; publicada polo Observatorio de Harvard. Henrietta constatou como as estrelas m\u00e1is brillantes \u201cvariaban\u201d m\u00e1is lentamente e que as menos brillantes ti\u00f1an per\u00edodos de variaci\u00f3n de brillo m\u00e1is curtos. O que rexistran as placas \u00e9 o brillo aparente da estrela e iso depende da luminosidade ou enerx\u00eda que emite, unha caracter\u00edstica propia da estrela, mais tam\u00e9n da distancia a que se atopa. A experiencia coti\u00e1 dinos que as cousas brillan m\u00e1is cando as temos m\u00e1is perto: a cantidade de luz que recibimos ten que ver coa distancia \u00e1 que estamos do foco e iso vale tanto para un farol como para unha estrela. A luz prop\u00e1gase coma unha onda que vai medrando e medrando igual que as ondas nun estanque cando tiramos unha pedra, s\u00f3 que nas tres dimensi\u00f3ns, en forma de esfera. Unha esfera que incha e incha e en cuxa superficie, maior a cada paso, debe repartirse a luz. Ao tratarse dunha esfera, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Esfera\">a superficie vai co cadrado do radio<\/a>: se dobramos a distancia, a superficie multipl\u00edcase por catro; se multiplicamos por tres, por nove, e as\u00ed sucesivamente. Iso sup\u00f3n que canto m\u00e1is separados estamos do foco menos luz temos nun punto calquera. Por iso o Sol que tan ben nos ilumina a n\u00f3s na Terra produce unha luz m\u00e1is ben morna al\u00f3 en Plut\u00f3n, onde <a href=\"http:\/\/solarsystem.nasa.gov\/planets\/pluto\/plutotime\">o mediod\u00eda se parece como moito ao noso solpor<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2524\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Circular173.jpg\" alt=\"Circular173\" width=\"681\" height=\"247\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Circular173.jpg 681w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Circular173-300x109.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 681px) 100vw, 681px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A luminosidade depende da distancia, mais o per\u00edodo de pulsaci\u00f3n non, \u00e9 unha caracter\u00edstica propia da estrela. Ent\u00f3n, se unha estrela vari\u00e1bel ten un per\u00edodo m\u00e1is longo ca outra \u00e9 porque en efecto \u201cbrilla m\u00e1is\u201d, independentemente de onde estea. Isto \u00e9 unha achega colosal porque a luminosidade das estrelas non \u00e9 f\u00e1cil de medir directamente, mais as variaci\u00f3ns do seu brillo si (Henrietta, de feito, non co\u00f1ec\u00eda a luminosidade das estrelas, s\u00f3 manexaba a magnitude aparente que \u201cv\u00eda\u201d nas placas). As estrelas da Pequena Nube de Magallanes que ela estudou deb\u00edan estar \u00e1 mesma distancia aproximada da Terra, pois \u00e9 un grupo ou asociaci\u00f3n de estrelas. Se est\u00e1n todas igual de lonxe, as variaci\u00f3ns de brillo aparente corresp\u00f3ndense con variaci\u00f3ns de brillo intr\u00ednseco da estrela: as que vemos \u201cm\u00e1is brillantes\u201d \u00e9 porque son en efecto m\u00e1is brillantes, pois a distancia \u00e9 a mesma. A partir diso podemos elaborar unha regra que conecte luminosidades e per\u00edodos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Combinemos todo o que sabemos grazas a Henrietta. Se d\u00faas estrelas te\u00f1en per\u00edodos parecidos, o seu brillo debe ser o mesmo. Se non o \u00e9, a causa de que vexamos que unha brilla m\u00e1is e a outra menos ten que ser a s\u00faa diferente distancia a n\u00f3s: a que est\u00e1 m\u00e1is lonxe \u00e9 a que menos brilla e a outra estar\u00e1 m\u00e1is perto. E se co\u00f1ecemos con certa precisi\u00f3n a distancia a que est\u00e1 algunha delas, por comparaci\u00f3n cos brillos das outras con esa poderemos incluso facer estimaci\u00f3ns da distancia a que est\u00e1n esoutras estrelas. Henrietta Swan Leavitt sinalou o cami\u00f1o para aprendermos a calcular como de lonxe est\u00e1n as estrelas e as\u00ed sabermos m\u00e1is do tama\u00f1o do universo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Henrietta morreu de cancro en 1921. Os seus restos repousan na parcela da familia Leavitt no cemiterio de Cambridge, Massachusetts.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Henrietta Swan Leavitt naceu en Lancaster, Massachussets, o 4 de xullo de 1868, nunha familia ben situada de cristi\u00e1ns protestantes. D\u00e9ronlle estudos e aproveitounos; pasou polo Radcliffe College, centro de educaci\u00f3n superior para mulleres onde aprendeu dende grego cl\u00e1sico at\u00e9 c\u00e1lculo e xeometr\u00eda. En 1893 empezou a traballar -ao principio, coma voluntaria- no Observatorio de Harvard no equipo de \u201ccalculadoras\u201d impulsado por Edward Charles Pickering&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/miss-leavitt\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[104,120,105],"class_list":["post-2521","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia-da-astronomia-gl","tag-harvard-computers-gl","tag-henrietta-leavitt-gl","tag-mulleres-astronomas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2521","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2521"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2521\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10824,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2521\/revisions\/10824"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2521"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2521"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2521"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}