{"id":2508,"date":"2016-06-14T18:05:04","date_gmt":"2016-06-14T16:05:04","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2508"},"modified":"2019-10-15T10:17:30","modified_gmt":"2019-10-15T10:17:30","slug":"antonia-e-annie","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/antonia-e-annie\/","title":{"rendered":"A clasificaci\u00f3n das estrelas: Antonia e Annie"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\"><strong>I. Antonia.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-2509 alignleft\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/AntoniaMaury.jpg\" alt=\"AntoniaMaury\" width=\"224\" height=\"268\" \/><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Antonia_Maury\">Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury<\/a> naceu en Nova York en 1866 no seo dunha familia acomodada; por parte de nai era descendente dunha familia nobre portuguesa emigrada ao Brasil polas guerras napole\u00f3nicas e do cient\u00edfico e intelectual estadounidense <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/John_William_Draper\">John William Draper<\/a>, pai tam\u00e9n de Henry Draper, o t\u00edo de Antonia. Dende moza tivo, pois, contacto coa cultura cient\u00edfica. Estudou f\u00edsica, astronom\u00eda e filosof\u00eda no Vassar College, daquela s\u00f3 para mulleres; unha das s\u00faas profesoras foi a gran <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Maria_Mitchell\">Maria Mitchell<\/a>. Logo de graduarse Antonia comezou a traballar no observatorio de Harvard formando parte dese m\u00edtico <em>dream team<\/em> feminino (e mal pagado) que foron as \u00abcalculadoras\u00bb contratadas por Edward Pickering. Singularmente curioso neste caso o de mal pagado cando ese esforzo investigador vi\u00f1a financiado por unha doaz\u00f3n procedente do legado que deixou o xa citado <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Henry_Draper\">t\u00edo de Antonia<\/a> por decisi\u00f3n da s\u00faa vi\u00fava, Anna Draper.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Como se dixo <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/vida-extraordinaria-williamina-fleming\">ao falar de Mina Fleming<\/a>, nese tempo a fotograf\u00eda comezaba a ser unha t\u00e9cnica de uso masivo no estudo do ceo. Mina fixera un important\u00edsimo traballo inicial de clasificaci\u00f3n das estrelas na an\u00e1lise do seu espectro, o \u201cc\u00f3digo de barras\u201d das estrelas que obtemos ao descompo\u00f1er a luz que v\u00e9n delas a trav\u00e9s dun prisma. O estudo dos espectros foi un obxectivo primordial das calculadoras de Harvard, unha delas Antonia Maury. Mais non foi nin moito menos a \u00fanica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>II. Annie<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-2510 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/AnnieJumpCannon-213x300.jpg\" alt=\"AnnieJumpCannon\" width=\"213\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/AnnieJumpCannon-213x300.jpg 213w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/AnnieJumpCannon.jpg 426w\" sizes=\"(max-width: 213px) 100vw, 213px\" \/><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Annie_Jump_Cannon\">Annie Jump Cannon<\/a> naceu en Delaware en 1863. Aprendeu a amar o ceo e a reco\u00f1ecer as constelaci\u00f3ns grazas \u00e1 s\u00faa nai, que a animou a estudar ciencias noutro <em>college<\/em> para mulleres, o Wellesley de Boston. Parece que foi nesa altura que enfermou de escarlatina e a consecuencia diso perdeu moita capacidade auditiva; a xordeira puido limitar as relaci\u00f3ns sociais e favorecer a s\u00faa asombrosa dedicaci\u00f3n ao traballo, mais non lle restou alegr\u00eda e xenerosidade, como se ir\u00e1 vendo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Annie graduouse en 1884 mais o feito de ser muller non lle abriu portas precisamente, as\u00ed que volveu ao Delaware natal durante dez anos. Desenvolveu interese na fotograf\u00eda e nunha viaxe a Europa incluso pasou por Espa\u00f1a, estad\u00eda da que naceu un libri\u00f1o con textos e fotograf\u00edas dela titulado <a href=\"https:\/\/archive.org\/details\/infootstepsofcol00cann\"><em>In the footsteps of Columbus<\/em><\/a>. A morte da s\u00faa nai en 1894 complicou as cousas. Annie decidiu escribirlle a unha das s\u00faas antigas profesoras en Wellesley e foi contratada para o <em>college<\/em>. Adquiriu m\u00e1is formaci\u00f3n en f\u00edsica e astronom\u00eda e familiarizose co estudo dos espectros. Interesada en traballar con mellores telescopios apuntouse ao college de Radcliffe, case a \u201csecci\u00f3n feminina\u201d da universidade de Harvard, e a\u00ed foi que o seu cami\u00f1o se acabou cruzando co de Edward Pickering, que a colleu coma axudante en 1896.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>III. En Harvard<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Nese momento xa temos a Antonia Maury e Annie Jump Cannon en Harvard e as d\u00faas dedic\u00e1ronse con fervor \u00e1 <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Stellar_classification\">clasificaci\u00f3n estelar<\/a>, proseguindo -e mellorando- o traballo de Mina Fleming. M\u00e1is pr\u00f3xima a esta, Annie agrupou as estrelas en sete tipos b\u00e1sicos designados por letras do alfabeto: <a href=\"http:\/\/www.star.ucl.ac.uk\/~pac\/spectral_classification.html\">O, B, A, F, G, K e M, por orde de temperatura e de cor<\/a>. Unha frase fixo logo fortuna coma regra nemot\u00e9cnica para recordar a orde das letras: <em>Oh Be A Fine Girl Kiss Me<\/em> (literalmente <em>\u201cOh, s\u00e9 boa moza e b\u00edcame\u201d<\/em>).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Ademais de incans\u00e1bel, Annie Jump Cannon era veloc\u00edsima. Ao longo de horas e horas de sistem\u00e1tica observaci\u00f3n de espectros clasificou m\u00e1is de trescentas mil estrelas; contan que pod\u00eda clasificar tres estrelas por minuto mirando espectros e que armada dunha lupa chegaba a distinguir nas placas estrelas de magnitude 9, moi por debaixo do l\u00edmite visual humano. E todo iso por 25 centavos a hora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Para Antonia Maury a clasificaci\u00f3n de Annie e Mina non era suficiente para unha axeitada descrici\u00f3n estelar e desenvolveu un sistema propio, m\u00e1is complexo, que atopou severas discrepancias en Edward Pickering. Os seus desencontros provocaron a marcha de Antonia, que deixou o observatorio para dar aulas nunha escola para mozas. Con todo, conseguiu -non sen esforzo- que a s\u00faa clasificaci\u00f3n estelar <a href=\"http:\/\/adsabs.harvard.edu\/full\/1897AnHar..28....1M\">fose publicada en Harvard en 1897<\/a> co seu nome coma autora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O seu m\u00e9todo non foi do interese de Pickering, mais si <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Ejnar_Hertzsprung\">doutros astr\u00f3nomos<\/a> posteriores; co andar dos anos o labor de Maury foi reco\u00f1ecido e incluso voltou a Harvard en 1918, un ano antes de que falecese Pickering. A relaci\u00f3n de Antonia co sucesor deste \u00e1 fronte do observatorio, Harlow Shapley, foi moito m\u00e1is flu\u00edda at\u00e9 a s\u00faa retirada en 1935.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Unha gran astr\u00f3noma posterior que co\u00f1eceu a estas d\u00faas grandes mulleres, <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Cecilia_Payne-Gaposchkin\">Cecilia Payne-Gaposchkin<\/a>, escribiu isto sobre elas na s\u00faa autobiograf\u00eda:<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">[Annie Jump Cannon] perdera o o\u00eddo na s\u00faa mocidade, mais carec\u00eda do pesimismo que a mi\u00fado d\u00e1se na xente xorda (&#8230;) Ela era c\u00e1lida, alegre, entusiasta, hospitalaria (&#8230;) Miss Cannon foi extraordinariamente am\u00e1bel comigo. Outra no seu lugar poder\u00eda sentirse resentida cunha estudante nova e sen experiencia que intentaba interpretar os espectros que foran o seu territorio durante moitos anos. Ela nunca amosou o m\u00e1is m\u00ednimo sinal nese sentido. \u00abDec\u00e1taste -escribiume despois Shapley- do f\u00e1cil que para ela ser\u00eda sabotar o teu traballo?\u00bb Coa arrogancia da xuventude eu nin sequera pensara niso. Eu mesmo me permit\u00edn preguntarme como era pos\u00edbel que algu\u00e9n que traballou con espectros estelares tantos anos non se preocupase por tirar conclusi\u00f3ns deles. Ela era unha observadora pura, non intentou facer interpretaci\u00f3ns. Cando o miro con perspectiva comprendo como o seu traballo perdurou m\u00e1is c\u00f3s meus primeiros esforzos de interpretaci\u00f3n. O <em>Cat\u00e1logo Henry Draper<\/em> \u00e9 un monumento permanente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Miss Maury era unha so\u00f1adora e unha poeta, sempre a denunciar con vehemencia as inxustizas, sempre a batallar por unha boa (e a mi\u00fado perdida) causa. Ti\u00f1a paix\u00f3n por comprender as cousas (&#8230;) Coma Miss Cannon, ela foi extremadamente boa comigo. Moitas foron as horas de conversas que tivemos sobre o problema dos espectros estelares. Gust\u00e1banos \u00e1s d\u00faas traballar de noite e as nosas discusi\u00f3ns estaban puntuadas polas picaduras dos insectos, pois ela insist\u00eda en manter as xanelas abertas e non pod\u00eda soportar a idea de matar mosquitos.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Annie finou en Cambridge en 1941. Antonia, nove anos despois en Nova York.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>I. Antonia. Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury naceu en Nova York en 1866 no seo dunha familia acomodada; por parte de nai era descendente dunha familia nobre portuguesa emigrada ao Brasil polas guerras napole\u00f3nicas e do cient\u00edfico e intelectual estadounidense John William Draper, pai tam\u00e9n de Henry Draper, o t\u00edo de Antonia. Dende moza tivo, pois, contacto coa cultura cient\u00edfica. Estudou f\u00edsica, astronom\u00eda e&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/antonia-e-annie\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[118,119,104,105],"class_list":["post-2508","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia-da-astronomia-gl","tag-annie-jump-cannon-gl","tag-antonia-maury-gl","tag-harvard-computers-gl","tag-mulleres-astronomas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2508","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2508"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2508\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10825,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2508\/revisions\/10825"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2508"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2508"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2508"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}