{"id":2493,"date":"2016-06-08T00:05:45","date_gmt":"2016-06-07T22:05:45","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2493"},"modified":"2019-10-15T10:17:31","modified_gmt":"2019-10-15T10:17:31","slug":"conto-da-vida-caroline-herschel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/conto-da-vida-caroline-herschel\/","title":{"rendered":"O conto da vida de Caroline Herschel"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\">Este de hoxe parece un conto cl\u00e1sico, mais \u00e9 un conto real. Coma en todo bo conto hai dificultades sen fin, hai xente boa e xente mala, hai obstinaci\u00f3n para sa\u00edr adiante, hai sacrificio. E hai, dig\u00e1molo xa, un final feliz.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2494\" aria-describedby=\"caption-attachment-2494\" style=\"width: 243px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2494 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Caroline-Herschel-243x300.jpg\" alt=\"Retrato de M. F. Tielemanm. Fonte: Wikipedia.\" width=\"243\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Caroline-Herschel-243x300.jpg 243w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Caroline-Herschel-768x947.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Caroline-Herschel-830x1024.jpg 830w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Caroline-Herschel.jpg 1500w\" sizes=\"(max-width: 243px) 100vw, 243px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2494\" class=\"wp-caption-text\">Retrato de M. F. Tielemanm. Fonte: Wikipedia.<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify\">Empeza o conto en Hanover, na Alema\u00f1a, un 16 de marzo de 1750. Tal foi o d\u00eda que naceu <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Caroline_Herschel\">Caroline Lucretia Herschel<\/a>, a oitava dos dez fillos que tiveron Isaac Herschel, xardineiro e m\u00fasico (tocaba o oboe), e Anna Ilse Moritzen. A historia acaba ben mais empeza triste. A infancia de Caroline estivo marcada por enfermidades que lle produciron permanentes secuelas f\u00edsicas: aos tres anos a var\u00edola, da que quedaron cicatrices nas meixelas e unha lixeira deformaci\u00f3n nun ollo, e logo aos dez o tifo, que limitou o seu crecemento: non medrar\u00eda m\u00e1is al\u00e1 de 1m 30cm. Para a familia era evidente que nunca chegar\u00eda a casar -nesa altura o destino principal de calquera muller en Europa- e a nai pensou que o mellor para Caroline era preparala para traballar coma criada nunha casa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\u00c1 nena Caroline non lle aprenderon moita cousa, a nai nin sequera deixou que o pai lle proporcionase co\u00f1ecementos musicais. Aprendeu costura, iso si, mais tampouco como para facer dela unha gran modista. As s\u00faas esperanzas empeoraron coa morte do pai en 1767. O seu destino era o de ser a \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cincenta\">Cincenta<\/a>\u201d da familia. Mais para esta Cincenta non houbo pr\u00edncipes nin feitizos m\u00e1xicos, s\u00f3 moito traballo e ciencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O irm\u00e1n favorito de Caroline, <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/William_Herschel\">William Herschel<\/a>, deixara Hanover tempo atr\u00e1s e establec\u00e9rase coma m\u00fasico en Bath, Inglaterra, e foi el quen acudiu ao rescate de Caroline. Estaba solteiro e iso serviu de escusa: precisaba algu\u00e9n que puidera \u201clevarlle a casa\u201d e quen mellor que a irm\u00e1, a quen quizais, xa de paso, pod\u00eda aprenderlle m\u00fasica e valerse dela coma cantante nalg\u00fans concertos. As\u00ed foi como conseguiu convencer a familia, as\u00ed foi como Caroline Herschel deixou Hanover en agosto de 1772.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Chegou a Bath disposta a atender os labores do fogar e aprender a cantar, mais axi\u00f1a descubriu que ao seu irm\u00e1n William lle nacera unha nova obsesi\u00f3n: a astronom\u00eda. \u00c1s tarefas previstas engad\u00edronse outras inesperadas, como a de lerlle libros ao irm\u00e1n para entretelo durante as longu\u00edsimas horas que dedicaba a pulir espellos para os telescopios que el mesmo fabricaba. Coa casa convertida nun obradoiro de toda sorte de trebellos astron\u00f3micos, o papel de Caroline multiplicouse para ser unha verdadeira \u201caxudante para todo\u201d. A\u00ednda as\u00ed, conseguiu aprender canto e foi unha solvente int\u00e9rprete nas actuaci\u00f3ns do irm\u00e1n William. Suficientemente boa como para que despois dunha interpretaci\u00f3n at\u00e9 lle ofreceran a ela un contrato coma cantante. Nese momento puido independizarse de William mais non quixo: declinou abandonar o home que a salvara de Hanover, decidiu quedar con el e apoialo nos seus proxectos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os proxectos para ent\u00f3n eran xa m\u00e1is astron\u00f3micos que musicais e neles William contou co apoio fiel de Caroline. Constru\u00edu un telescopio dun espello de seis polgadas de di\u00e1metro, naquel momento o mellor do mundo, e con el descubriu en marzo de 1781 o planeta <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Uranus\">Urano<\/a>, un \u00e9xito tal que o Rei Xurxo III lle outorgou o ano seguinte un salario para dedicarse profesionalmente \u00e1 astronom\u00eda, co \u00fanico compromiso de vivir perto do Castelo de Windsor e atender os visitantes reais que quixeran botar unha ollada aos ceos. E canda el, Caroline, a Cincenta que deixara Alema\u00f1a so\u00f1ando con ser cantante e se converteu na m\u00e1is eficaz astr\u00f3noma axudante, autorizada a facer as s\u00faas propias observaci\u00f3ns. No ver\u00e1n de 1783 William constr\u00fae un telescopio maior que permite a detecci\u00f3n visual de obxectos m\u00e1is febles. O procedemento \u00e9 ineficaz: cando el observa algo debe tomar nota e para iso v\u00e1lese dunha vela, mais logo de facelo ten que agardar varios minutos at\u00e9 que o ollo se acostuma de novo \u00e1 escuridade e a pupila se dilata. Iso fai que perda moito tempo. Ocorr\u00e9selle que o mellor \u00e9 traballar man con man con Caroline: mentres el observa, coa vista afeita \u00e1 escuridade, ela pode tomar notas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Caroline non \u00e9 en todo caso unha mera copista. Enc\u00e1rgase de reorganizar o cat\u00e1logo estelar feito d\u00e9cadas atr\u00e1s por <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/John_Flamsteed\">John Flamsteed<\/a>, que inclu\u00eda tres mil estrelas, e ord\u00e9nao non por constelaci\u00f3ns, que te\u00f1en formas e fronteiras arbitrarias, sen\u00f3n en funci\u00f3n da s\u00faa distancia respecto da Polar, o que melloraba a s\u00faa utilidade para os observadores por telescopio. As t\u00e1boas eras m\u00e1is \u00fatiles para William que con elas pod\u00eda facer un seguimento preciso das estrelas que \u201cdeb\u00eda ir vendo\u201d e as\u00ed marcar con m\u00e1is precisi\u00f3n a observaci\u00f3n de novos obxectos. Os progresos foron tan grandes que conseguiron financiamento real para un telescopio xigantesco para a \u00e9poca, cun espello de 1,2 metros. Os Herschel, William e Caroline, descubriron neste per\u00edodo de fren\u00e9tico traballo m\u00e1is de 2000 nebulosas. Todo \u00eda de f\u00e1bula cando en 1788, aos 49 anos, William casou cunha vi\u00fava rica, Mary Pitt, e iso puxo nunha delicada situaci\u00f3n a Caroline: xa non era necesaria para atender a casa do irm\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">William ofreceulle unha pensi\u00f3n, mais Caroline foi m\u00e1is audaz: pediulle ao irm\u00e1n que intercedese por ela para conseguirlle un soldo do Rei coma a s\u00faa axudante. E as\u00ed foi. Caroline converteuse na primeira astr\u00f3noma profesional da historia. E a medida que William Herschel foi reducindo a s\u00faa dedicaci\u00f3n \u00e1 astronom\u00eda, en funci\u00f3n da s\u00faa nova situaci\u00f3n familiar, Caroline dispuxo de m\u00e1is tempo para explorar os seus propios intereses. Os cometas, por exemplo: descubriu oito en nove anos. O descubrimento do segundo deles notificouno por carta ao Observatorio de Greenwich, mais a carta tardou dous d\u00edas en chegar al\u00e1, en percorrer os apenas 50 km de distancia dende Windsor. Nese tempo o ceo cubriuse e foi impos\u00edbel confirmar a s\u00faa observaci\u00f3n at\u00e9 uns d\u00edas despois. Cando anos despois descubriu o seu \u00faltimo cometa decidiu ir ela mesma dar a nova, montando a cabalo con destino a Greenwich, non fora ser que se repetise a desfeita.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">William Herschel morreu en 1822. Despois da morte do irm\u00e1n, Caroline tomou a curiosa decisi\u00f3n de regresar \u00e1 s\u00faa cidade natal. Volveu de forma moi diferente de como sa\u00edu, convertida nunha cient\u00edfica reco\u00f1ecida en toda Europa. En Hanover, e con idade xa avanzada, emprendeu un gran esforzo final: a ordenaci\u00f3n de todas as anotaci\u00f3ns e observaci\u00f3ns de William para compo\u00f1er un cat\u00e1logo definitivo que servise, ademais, para o fillo deste, o seu querido sobri\u00f1o <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/John_Herschel\">John<\/a>, que revisou e ampliou as observaci\u00f3ns do pai. Se o pai non se moveu de Windsor, John viaxou polo mundo para escrutar o ceo do hemisferio Sur e completar o inmenso traballo da familia Herschel. John mandoulle a s\u00faa t\u00eda o volume coas observaci\u00f3ns feitas no Cabo de Boa Esperanza no ver\u00e1n de 1847, cando ela ti\u00f1a 97 anos. Impos\u00edbel imaxinar a satisfacci\u00f3n, o orgullo absoluto que debeu experimentar nese momento esta muller excepcional. Morreu pouco despois, o 9 de xaneiro de 1848.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este de hoxe parece un conto cl\u00e1sico, mais \u00e9 un conto real. Coma en todo bo conto hai dificultades sen fin, hai xente boa e xente mala, hai obstinaci\u00f3n para sa\u00edr adiante, hai sacrificio. E hai, dig\u00e1molo xa, un final feliz. Empeza o conto en Hanover, na Alema\u00f1a, un 16 de marzo de 1750. Tal foi o d\u00eda que naceu Caroline Lucretia Herschel, a oitava&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/conto-da-vida-caroline-herschel\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[115,116,105,117],"class_list":["post-2493","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia-da-astronomia-gl","tag-caroline-herschel-gl","tag-john-herschel-gl","tag-mulleres-astronomas-gl","tag-william-herschel-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2493","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2493"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2493\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10826,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2493\/revisions\/10826"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2493"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2493"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2493"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}