{"id":2443,"date":"2016-06-03T12:44:57","date_gmt":"2016-06-03T11:44:57","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2443"},"modified":"2019-10-15T10:17:32","modified_gmt":"2019-10-15T10:17:32","slug":"vida-extraordinaria-williamina-fleming","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/vida-extraordinaria-williamina-fleming\/","title":{"rendered":"A vida extraordinaria de Williamina Fleming"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_2444\" aria-describedby=\"caption-attachment-2444\" style=\"width: 222px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Williamina_Fleming\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2444 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/MinaFleming-222x300.jpg\" alt=\"MinaFleming\" width=\"222\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/MinaFleming-222x300.jpg 222w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/MinaFleming.jpg 311w\" sizes=\"(max-width: 222px) 100vw, 222px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2444\" class=\"wp-caption-text\">Fonte da imaxe: Universidade de Harvard.<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify\"><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Williamina_Fleming\">Williamina Paton Stevens<\/a>, por todos chamada Mina, naceu en Dundee, Escocia, o 15 de maio de 1857. Revelouse coma unha nena intelixente na escola e xa con 14 anos p\u00faxose do outro lado na aula: ao tempo que segu\u00eda aprendendo empezou a dar clases nas escolas p\u00fablicas da vila para as\u00ed axudar coas necesidades dunha casa con nove fillos. En maio de 1877 casou cun home vi\u00favo, James Fleming, e ao cabo dun ano, en decembro de 1878, os dous marcharon a Boston, Massachussetts, para emprender novos cami\u00f1os. Uns meses despois ela queda embarazada e foi niso que a s\u00faa vida deu un primeiro xiro inesperado: o seu home, James, abandonouna e Mina quedou soa, cun fillo por vir e a miles de quil\u00f3metros do seu pa\u00eds natal. De mestra precoz en Escocia a inmigrante e nai solteira na costa leste dos Estados Unidos, sen di\u00f1eiro nin lugar onde vivir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Mina atopou traballo coma asistenta nunha casa singular, a do profesor <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Edward_Charles_Pickering\">Edward Charles Pickering<\/a>, director do observatorio astron\u00f3mico da Universidade de Harvard. A lenda asegura que un bo d\u00eda o profesor Pickering estaba tan descontento cos seus axudantes homes que dixo en p\u00fablico que a s\u00faa asistenta escocesa far\u00eda mellor o seu traballo. \u00c9 unha lenda simp\u00e1tica, mais est\u00e1 claro que a decisi\u00f3n de Pickering non foi en realidade tan caprichosa. Sab\u00eda da s\u00faa formaci\u00f3n coma mestra e contratouna para facer traballos \u201cde despacho\u201d, manter arquivos, ordenar e copiar a informaci\u00f3n e facer c\u00e1lculos matem\u00e1ticos. Pasou en poucos meses de levar a casa do se\u00f1or Pickering a exercer coma astr\u00f3noma profesional. No outono do mesmo 1879 volveu a Escocia para dar a luz ao seu fillo e despois regresou a Harvard, onde en 1881 obter\u00eda un posto permanente no equipo do observatorio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A astronom\u00eda -a ciencia en xeral- na segunda metade do XIX xa non \u00e9 un labor solitario de xenios pegados ao ocular, sen\u00f3n que necesita moitos ollos e mans para acadar certa sistematizaci\u00f3n, mais a\u00ednda nun momento no que a fotograf\u00eda se converte nunha ferramenta com\u00fan e a investigaci\u00f3n depende da an\u00e1lise exhaustiva de miles e miles de placas. Unha das achegas de Williamina foi a de desenvolver un sistema de clasificaci\u00f3n dos tipos de estrelas mediante letras en funci\u00f3n da cantidade de hidr\u00f3xeno detectado nelas co estudo do seu espectro luminoso. As\u00ed clasificou e catalogou m\u00e1is de dez mil estrelas en nove anos para o <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Henry_Draper_Catalogue\">\u201cCat\u00e1logo Henry Draper\u201d<\/a>, impulsado e financiado por Anne Draper para honrar a figura do seu defunto esposo (o <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Henry_Draper\">Henry<\/a> do t\u00edtulo), doutor e astr\u00f3nomo afeccionado que promovera o uso da fotograf\u00eda para a observaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2446\" aria-describedby=\"caption-attachment-2446\" style=\"width: 2200px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-2446 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Nebulosa-Cabeza-Cabalo.jpg\" alt=\"Nebulosas da Chama (NGC2024) e da Cabeza de Cabalo. Autor: Alfredo Madrigal\" width=\"2200\" height=\"1804\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Nebulosa-Cabeza-Cabalo.jpg 2200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Nebulosa-Cabeza-Cabalo-300x246.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Nebulosa-Cabeza-Cabalo-768x630.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Nebulosa-Cabeza-Cabalo-1024x840.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 2200px) 100vw, 2200px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2446\" class=\"wp-caption-text\">Nebulosas da Chama (NGC2024) e da Cabeza de Cabalo. Autor: Alfredo Madrigal<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is al\u00e1 da catalogaci\u00f3n de estrelas, Mina descubriu ao longo da s\u00faa carreira 10 <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Nova\">novas<\/a> (estrelas que ao final do seu ciclo \u201cexplotan\u201d producindo un s\u00fabito aumento de brillo), cincuenta e tantas nebulosas -unha delas, en 1888, \u00e9 un dos obxectos m\u00e1is fermosos do ceo profundo, a <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Horsehead_Nebula\">Nebulosa da Cabeza de Cabalo<\/a>&#8211; e m\u00e1is de 300 estrelas vari\u00e1beis. Foi tam\u00e9n a editora das publicaci\u00f3ns e informes do observatorio e estivo ao mando das mulleres novas contratadas para escrutar as placas fotogr\u00e1ficas e facer c\u00e1lculos e clasificaci\u00f3ns, as m\u00edticas \u201c<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Harvard_Computers\">computadoras\u00bb ou \u00abcalculadoras\u00bb de Harvard<\/a>, tam\u00e9n co\u00f1ecidas coma o \u201char\u00e9n de Pickering\u201d. As mulleres cobraban un salario moito menor e iso era unha vantaxe para o observatorio, que pod\u00eda multiplicar a man de obra polo mesmo di\u00f1eiro; mais tam\u00e9n hai que reco\u00f1ecer que o profesor Pickering lles reco\u00f1eceu un papel impens\u00e1bel nesa altura en moitos outros lugares do planeta e as animaba a publicar artigos e medrar profesionalmente, como foi o caso da propia Mina, que a fin de contas non ti\u00f1a unha formaci\u00f3n astron\u00f3mica regrada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-2445 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/MinaFlemingJournal-300x232.jpg\" alt=\"MinaFlemingJournal\" width=\"300\" height=\"232\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/MinaFlemingJournal-300x232.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/MinaFlemingJournal.jpg 687w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Os <a href=\"http:\/\/iiif.lib.harvard.edu\/manifests\/view\/drs:3007384$1i\">diarios de Mina<\/a> dan conta, por\u00e9n, da s\u00faa claridade de ideas respecto da inxusta brecha salarial entre homes e mulleres. As\u00ed, o 12 de marzo de 1900 escribe estas li\u00f1as memor\u00e1beis:<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">Tiven unha conversa co Director a conta dos salarios das mulleres. El parece pensar que ning\u00fan traballo \u00e9 demasiado ou dif\u00edcil para min, non importa cal sexa a responsabilidade ou cantas as horas de dedicaci\u00f3n. Mais en canto saco o tema do salario, inmediatamente se me di que eu recibo un pagamento excelente para o que \u00e9 com\u00fan entre as mulleres.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Se el dese apenas un paso para averiguar como est\u00e1 de equivocado en relaci\u00f3n con este tema aprender\u00eda unhas cantas cousas que lle abrir\u00edan os ollos e o deixar\u00edan pensando. \u00c1s veces s\u00edntome tentada a deixalo e que probe con algunha outra, ou que alg\u00fans dos homes fagan o meu traballo, para que descubra por el mesmo o que est\u00e1 conseguindo de min por 1500 d\u00f3lares ao ano, comparado cos 2500 que cobran outros asistentes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Pensar\u00e1 el algunha vez que eu te\u00f1o unha casa e unha familia que sacar adiante, igual que calquera home? Mais supo\u00f1o que unha muller non ten dereito a tales comodidades. E esta \u00e9 considerada unha era progresista! &#8230;S\u00edntome ao bordo de virme abaixo.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify\">A Williamina Fleming acaboulle chegando un m\u00ednimo reco\u00f1ecemento p\u00fablico. En 1899 foi designada respons\u00e1bel -\u201dcurator\u201d- das fotograf\u00edas astron\u00f3micas e logo, en 1906, foi ordenada membro honoraria da Royal Astronomical Society de Londres. Non por iso deixou de traballar, claro. En 1910 deu co\u00f1ecemento doutro gran achado, as <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/White_dwarf\">\u201cananas brancas\u201d<\/a>, estrelas no final das s\u00faas vidas despois de case esgotar o hidr\u00f3xeno (o \u201ccombust\u00edbel\u201d para as reacci\u00f3ns nucleares), perder as capas externas e ficar comprimidas nun espazo reducido extremadamente denso (coma o Sol comprimido no volume da Terra).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Morreu de pneumon\u00eda en Boston o 21 de maio de 1911. Moito antes, nun momento crucial da s\u00faa vida, Mina foi unha inmigrante e nai desamparada que aproveitou de maneira extraordinaria unha inesperada oportunidade. Cantas Williaminas estar\u00e1n agora mesmo cruzando o Mediterr\u00e1neo, petando na porta dunha Europa con frecuencia demasiado xorda?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Williamina Paton Stevens, por todos chamada Mina, naceu en Dundee, Escocia, o 15 de maio de 1857. Revelouse coma unha nena intelixente na escola e xa con 14 anos p\u00faxose do outro lado na aula: ao tempo que segu\u00eda aprendendo empezou a dar clases nas escolas p\u00fablicas da vila para as\u00ed axudar coas necesidades dunha casa con nove fillos. En maio de 1877 casou cun&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/vida-extraordinaria-williamina-fleming\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[104,105,106],"class_list":["post-2443","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia-da-astronomia-gl","tag-harvard-computers-gl","tag-mulleres-astronomas-gl","tag-williamina-fleming-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2443","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2443"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2443\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10827,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2443\/revisions\/10827"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2443"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2443"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2443"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}