{"id":2384,"date":"2016-05-26T08:53:58","date_gmt":"2016-05-26T07:53:58","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2384"},"modified":"2019-09-25T16:05:22","modified_gmt":"2019-09-25T16:05:22","slug":"ollos-no-ceo-explorando-contaminacion-luminosa-global-mapas-satelite","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/ollos-no-ceo-explorando-contaminacion-luminosa-global-mapas-satelite\/","title":{"rendered":"Ollos no ceo: explorando a contaminaci\u00f3n luminosa global con mapas por sat\u00e9lite"},"content":{"rendered":"<p><figure id=\"attachment_2385\" aria-describedby=\"caption-attachment-2385\" style=\"width: 600px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-2385\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/WorldNightMap_2012.jpg\" alt=\"Composici\u00f3n de imaxes da Terra de noite feita con datos do instrumento VIIRS da sonda Suomi NPP. Fonte: NASA.\" width=\"600\" height=\"314\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/WorldNightMap_2012.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/WorldNightMap_2012-300x157.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2385\" class=\"wp-caption-text\">Composici\u00f3n de imaxes da Terra de noite feita con datos do instrumento VIIRS da sonda Suomi NPP. Fonte: NASA.<\/figcaption><\/figure><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Miles de mill\u00f3ns de persoas no mundo experimentan a cot\u00edo a contaminaci\u00f3n luminosa na forma dun halo no ceo (o denominado en ingl\u00e9s <em>skyglow<\/em>): ese perpetuo resplandor sobre as cidades pola noite. O halo procede da luz en terra a se dispersar na atmosfera e que regresa aos nosos ollos, borrando por completo as estrelas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Pero unha parte desa luz logra atravesar a atmosfera e escapar ao espazo. Os sat\u00e9lites que orbitan a Terra interc\u00e9ptana, e as s\u00faas c\u00e1maras fornecen valiosas probas xa non s\u00f3 do xeito en que empregamos a luz no mundo e en que lugares, sen\u00f3n tam\u00e9n da medida en que iso est\u00e1 cambiando. Unha morea de fontes e recursos dispo\u00f1ibles na rede axudan aos entusiastas dos ceos escuros a acceder \u00e1s imaxes deses sat\u00e9lites, para as\u00ed co\u00f1eceren mellor a luz no seu propio entorno local.<\/p>\n<p><strong>C\u00f3mo se dispersa a luz creando contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e halo no ceo<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A ilustraci\u00f3n de abaixo ilustra c\u00f3mo parte da luz que emitimos dende a Terra acaba nas lentes das c\u00e1maras a bordo dos sat\u00e9lites.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2386\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/RAD.jpg\" alt=\"RAD\" width=\"700\" height=\"366\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/RAD.jpg 700w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/RAD-300x157.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 700px) 100vw, 700px\" \/><br \/>\nAs luminarias urbanas emiten luz en moitas direcci\u00f3ns. Alg\u00fans deses raios de luz (\u201c1\u201d) dir\u00edxense dereitos ao ceo e atravesan por completo a atmosfera terrestre. Deses raios, uns poucos (\u201c2\u201d) hanos detectar os sat\u00e9lites mentres pasan polo lado nocturno do planeta. Noutros casos (\u201c3\u201d) part\u00edculas de po ou mol\u00e9culas na atmosfera dispersan eses raios de volta ao chan, ocasionando ese <em>skyglow<\/em> tan co\u00f1ecido sobre as nosas cidades. \u00c1s veces, os raios dirixidos cara abaixo (\u201c4\u201d) reflicten de novo dende o chan ao ceo, onde poder\u00edan superar a atmosfera e seren captados polos sat\u00e9lites. Finalmente, alg\u00fans raios que se dispersan de novo ao chan (\u201c5\u201d) entran nos telescopios dos astr\u00f3nomos, bloqueando por completo a s\u00faa visi\u00f3n do universo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A cantidade de luz detectada polos sat\u00e9lites sup\u00f3n unha estimaci\u00f3n b\u00e1sica e fiable da cantidade total de luz emitida ou dispersada cara arriba dende o chan. Se asumimos canta luz regresa \u00e1 Terra como resultado da reflexi\u00f3n ou dispersi\u00f3n na atmosfera, podemos facer o c\u00e1lculo e deducir canta luz sa\u00edra previamente dende o chan. Con esta informaci\u00f3n, os e as investigadoras averiguan abondosa informaci\u00f3n de interese acerca do uso humano da luz en particular, as\u00ed como sobre patr\u00f3ns do seu comportamento global en xeral.<\/p>\n<p><strong>A historia dos datos de luz nocturna dos sat\u00e9lites<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Alg\u00fans dos primeiros sat\u00e9lites artificiais, lanzados nos anos 60 para monitorizar o tempo atmosf\u00e9rico, pod\u00edan observar as luces nocturnas da Terra, pero as s\u00faas c\u00e1maras non eran abondo potentes para efectuaren medici\u00f3ns de utilidade cient\u00edfica. Pola mesma altura, o Departamento de Defensa dos EEUU comezou o seu Programa do Sat\u00e9lite Meteorol\u00f3xico de Defensa (Defense Meteorological Satellite Program, en adiante DMSP nas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) para recoller informaci\u00f3n clim\u00e1tica en apoio das necesidades militares norteamericanas. Durante parte de cada \u00f3rbita un sat\u00e9lite do DMSP at\u00f3pase na sombra da Terra, na cara nocturna do noso planeta, al\u00ed onde as s\u00faas c\u00e1maras rexistran non s\u00f3 nubes e continentes, sen\u00f3n tam\u00e9n as luces das nosas cidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En decembro de 1972, o Programa do Sat\u00e9lite Meteorol\u00f3xico de Defensa desclasificouse, co que os seus datos ficaron abertos para a comunidade cient\u00edfica civil. Os investigadores de contaminaci\u00f3n luminosa decat\u00e1ronse decontado do valor desta nova fonte de datos. Os modelos de c\u00f3mo a luz viaxa a trav\u00e9s da atmosfera terrestre pred\u00edn as fracci\u00f3ns desa luz que escapar\u00e1n espazo arriba ou ben dispersaranse de volta ao chan, e as imaxes do DMSP poder\u00edan empregarse como proba esencial de tales predici\u00f3ns. Ao principio, as probas present\u00e1ronse en imaxes individuais do DMSP, a amosaren soamente un peque\u00f1o anaco de Terra de cada vez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">No 2001 publicouse un <a href=\"http:\/\/www.lightpollution.it\/worldatlas\/pages\/fig1.htm\">Atlas mundial<\/a> de luz artificial nocturna, confeccionado a partir das imaxes individuais tomadas nas noites despexadas sen luar. Grazas a unha coidada calibraci\u00f3n dos datos e a un modelo da transmisi\u00f3n da luz a trav\u00e9s da atmosfera da Terra, o Atlas mundial forneceu as primeiras medici\u00f3ns globais da cantidade de luz de orixe humana. Sen embargo, dado que o obxectivo do DMSP era a predici\u00f3n do tempo, as c\u00e1maras que \u00edan a bordo deses sat\u00e9lites carec\u00edan da calidade para discernir detalles a nivel do chan. Moitas cidades v\u00edanse simplemente como coruscantes retrincos de luz, sen ir polo mi\u00fado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En datas m\u00e1is recentes, no 2011, a Administraci\u00f3n Nacional de Oc\u00e9ano e Atmosfera (en adiante NOAA, National Oceanic and Atmospheric Administration, nas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) botou o sat\u00e9lite Colaborativo Nacional de \u00d3rbita Polar Suomi ou Suomi NPP. Este sat\u00e9lite puxo en \u00f3rbita unha c\u00e1mara denominada Visible Infrared Imaging Radiometer Suite \u00a0(un equipo de Esc\u00e1ner Radiom\u00e9trico de Luz Visible e Infravermella, VIIRS nas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s). Unha c\u00e1mara equipada con alg\u00fans dos mellores sensores e lentes enviados a misi\u00f3ns espaciais de natureza civil, o cal transformou o xeito de ver a nosa Terra na noite. Mentres que as imaxes nocturnas dos sat\u00e9lites do DMSP pod\u00edan localizar obxectos duns 3 kms. de tama\u00f1o, VIIRS ve obxectos de menos de 1 km. Como resultado, examinamos detalles polo mi\u00fado: autoestradas ou circunvalaci\u00f3ns en torno \u00e1s cidades. Se queres ler m\u00e1is sobre as capacidades t\u00e9cnicas do DMSP e o VIIRS <a href=\"http:\/\/www.mdpi.com\/2072-4292\/7\/1\/1\/htm\">vai aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A riada virtual de datos proporcionada polos sat\u00e9lites DMSP e o Suomi NPP est\u00e1 aberta ao p\u00fablico. Velaqu\u00ed algunhas webs onde poder\u00e1s botar un ollo a esas imaxes:<\/p>\n<p><strong>The <a href=\"http:\/\/blue-marble.de\/nightlights\/\">Blue Marble<\/a> (A canica azul)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Este <a href=\"http:\/\/blue-marble.de\/nightlights\/\">sitio<\/a> toma imaxes conxuntamente do DMSP e do VIIRS e superponas nun Google Maps interactivo que permite aos usuarios despraz\u00e1rense polo globo terr\u00e1queo, e facer zoom naquelas \u00e1reas de especial interese. Hai dispo\u00f1ibles mapas de cada ano dende 2008 at\u00e9 2015, ag\u00e1s do 2011. A comparaci\u00f3n entre os diferentes anos acusa o cambio na cantidade de luz dun lugar espec\u00edfico da Terra. A figura inferior, que amosa a rexi\u00f3n oriental do Mar Mediterr\u00e1neo (ringleira superior) e un zoom na \u00e1rea do sudeste de Londres, Reino Unido (ringleira inferior), ilustran a significativa mellora na resoluci\u00f3n das imaxes logo de que os datos da VIIRS estivesen ao alcance en 2012.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2387\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/blue_marble_maps.jpg\" alt=\"blue_marble_maps\" width=\"909\" height=\"545\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/blue_marble_maps.jpg 909w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/blue_marble_maps-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/blue_marble_maps-768x460.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 909px) 100vw, 909px\" \/><br \/>\nFix\u00e1devos: malia que os mapas de 2012 e 2015 proceden da mesma fonte, te\u00f1en un aspecto ben distinto. As imaxes de 2012 pres\u00e9ntanse enfatizando a luz tenue das \u00e1reas rurais dependentes de n\u00facleos urbanos, que aparecen brillantes e sen trazos. As imaxes de 2013-2015, pola contra, est\u00e1n axustadas para reflectiren con precisi\u00f3n as grandes diferenzas de brillo dentro das propias cidades, o cal ocasiona que as zonas rurais aparezan moi escuras. A imaxe inferior, que abrangue uns 250 kms. con centro na cidade estadounidense de Chicago, amosa a luz nocturna da \u00e1rea metropolitana de Chicago diferenciada en cidades individuais e arrabaldes.<br \/>\n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2388\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Chicago_VIIRS.jpg\" alt=\"Chicago_VIIRS\" width=\"1005\" height=\"525\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Chicago_VIIRS.jpg 1005w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Chicago_VIIRS-300x157.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Chicago_VIIRS-768x401.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1005px) 100vw, 1005px\" \/><br \/>\nOs lectores interesados podedes obter os datos m\u00e1is frescos directamente da web da NOAA. Dispo\u00f1en de imaxes promedio tanto <a href=\"http:\/\/ngdc.noaa.gov\/eog\/viirs\/download_ut_mos.html\">diarias<\/a> como <a href=\"http:\/\/ngdc.noaa.gov\/eog\/viirs\/download_monthly.html\">mensuais<\/a>. Pero olli\u00f1o que son arquivos moi pesados!<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/www.lightpollutionmap.info\/\">Lightpollution.info<\/a><\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Jurij Stare, de Eslovenia, creou un <a href=\"http:\/\/www.lightpollutionmap.info\/\">sitio web<\/a> parecido a Blue Marble, pero cunha caracter\u00edstica engadida: os mapas de luz est\u00e1n calibrados en unidades reais, o cal permite aos usuarios facer simples (pero cuantitativas) comparanzas entre as cantidades de luz emitida ao espazo en distintos lugares do mundo. A web solapa imaxes do DMSP e VIIRS encol dun Mapa interactivo Bing. O exemplo de abaixo mostra a Europa do noroeste, que cont\u00e9n alg\u00fans dos territorios con maior contaminaci\u00f3n luminosa do mundo, xunta unha escala (\u00e1 dereita) co significado das cores en intervalos de magnitudes f\u00edsicas.<br \/>\n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2389\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/lightpollutioninfo_map.jpg\" alt=\"lightpollutioninfo_map\" width=\"700\" height=\"366\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/lightpollutioninfo_map.jpg 700w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/lightpollutioninfo_map-300x157.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 700px) 100vw, 700px\" \/><br \/>\nA escala de cor neste mapa resulta especialmente \u00fatil \u00e1 hora de valorar a cantidade de luz proxectada dende as cidades \u00e1s \u00e1reas rurais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O verdadeiro poder dos mapas de Blue Marble e Lightpollution.info reside en que son quen de botar un ollo a distintas rexi\u00f3ns da Terra ao longo do tempo para comprobar se a cantidade de luz emitida mellora&#8230;ou vai a peor. Estoutra imaxe compara imaxes da VIIRS do delta do r\u00edo N\u00edxer, ao sur de Nixeria, en 2012 (esquerda) e 2015 (dereita). O dram\u00e1tico incremento de luz entre estes dous anos d\u00e9bese ao aumento da extracci\u00f3n petrol\u00edfera nesta rexi\u00f3n, con m\u00e1is de 2 mill\u00f3ns de barr\u00eds de cru ao d\u00eda.<br \/>\n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2390\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Nigeria_lights_comp.jpg\" alt=\"Nigeria_lights_comp\" width=\"943\" height=\"366\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Nigeria_lights_comp.jpg 943w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Nigeria_lights_comp-300x116.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Nigeria_lights_comp-768x298.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 943px) 100vw, 943px\" \/><br \/>\n<strong><a href=\"http:\/\/www.nightcitiesiss.org\/\">Cities At Night<\/a><\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Finalmente, contamos cunha fonte m\u00e1is de imaxes das luces nocturnas da Terra: a dos astronautas a bordo da Estaci\u00f3n Espacial Internacional. Usando camaras SLR e <a href=\"http:\/\/www.nasa.gov\/mission_pages\/station\/research\/experiments\/36.html\">monturas de seguimento terrestre<\/a>, os astronautas compilaron miles de imaxes coma estas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O proxecto <a href=\"http:\/\/www.nightcitiesiss.org\/\">Cities at Night<\/a> c\u00e9ntrase en que os propios usuarios identifiquen as cidades das fotos. Os obxectivos de moitas das imaxes dos astronautas son desco\u00f1ecidos, xa que a informaci\u00f3n de posici\u00f3n gravada para a Estaci\u00f3n Espacial s\u00f3 se refire ao punto exacto da Terra baixo o seu vieiro orbital, mentres que a meirande parte das veces os astronautas toman fotos que se desv\u00edan do vieiro que orbitan. Cities at Night apela \u00e1 familiaridade dos usuarios con respecto \u00e1s s\u00faas propias cidades, para as\u00ed reco\u00f1eceren os patr\u00f3ns de estradas e outras estruturas acesas que figuran nas fotos. As imaxes identificadas pres\u00e9ntanse nunha base de Google Maps con marcadores sinalando as imaxes orixinais. O exemplo inferior amosa unha imaxe xa identificada de Beijing, China.<br \/>\n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2391\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/CitiesAtNight_map_China.jpg\" alt=\"CitiesAtNight_map_China\" width=\"799\" height=\"418\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/CitiesAtNight_map_China.jpg 799w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/CitiesAtNight_map_China-300x157.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/CitiesAtNight_map_China-768x402.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 799px) 100vw, 799px\" \/><br \/>\n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2392\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Beijing_ISS_night.jpg\" alt=\"Beijing_ISS_night\" width=\"700\" height=\"466\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Beijing_ISS_night.jpg 700w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Beijing_ISS_night-300x200.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 700px) 100vw, 700px\" \/><br \/>\nGrazas \u00e1 baixa \u00f3rbita da Estaci\u00f3n Espacial \u2013uns 410 kms. de altitude en promedio sobre a superficie da Terra- as imaxes das cidades tomadas polos astronautas pos\u00faen a maior resoluci\u00f3n de todas. Vemos estradas, aeroportos, mesmo edificios individuais acendidos. As\u00ed mesmo, ind\u00edcannnos que as cores nocturnas das cidades est\u00e1n a experimentar certos cambios.<br \/>\nEstas d\u00faas imaxes son da cidade italiana de Mil\u00e1n, tomadas dende a Estaci\u00f3n Espacial Internacional en 2012 (esquerda) e 2015 (dereita).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2393\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Milan_2012_2015_horizontal.jpg\" alt=\"Milan_2012_2015_horizontal\" width=\"979\" height=\"366\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Milan_2012_2015_horizontal.jpg 979w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Milan_2012_2015_horizontal-300x112.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Milan_2012_2015_horizontal-768x287.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 979px) 100vw, 979px\" \/><br \/>\nO centro urbano tornouse notoriamente m\u00e1is azul nese per\u00edodo, logo de que Mil\u00e1n substitu\u00edse boa parte das luminarias municipais ( l\u00e1mpadas de vapor de sodio a baixa presi\u00f3n) por l\u00e1mpadas de LED brancas. Outros instrumentos, como VIIRS, recollen tam\u00e9n estes cambios. Hai que ter en conta, por\u00e9n, que a VIIRS non \u00e9 especialmente sensible \u00e1 luz azul extra que emiten os novos sistemas de alumeado p\u00fablico de luz LED branca, as\u00ed que as cidades que fixeron o cambio a LED (como Mil\u00e1n) semellan terse escurecido nos \u00faltimos anos, cando probablemente non \u00e9 as\u00ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Que m\u00e1is petiscos de informaci\u00f3n de interese sobre o noso planeta (e os seus habitantes) agardan ser descubertos nas imaxes orbitais da Terra nocturna? Botade un ollo v\u00f3s mesmos!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n do artigo \u00ab<a href=\"http:\/\/darksky.org\/eyes-in-the-sky-exploring-global-light-pollution-with-satellite-maps\/\">Eyes in the Sky: Exploring global light pollution with satellite maps<\/a>\u00bb publicado o 6 de abril de 2016 no sitio web da IDA, International Dark-Sky Association. Versi\u00f3n galega de <a href=\"https:\/\/estibalizespinosa.com\/\">Est\u00edbaliz Espinosa<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Miles de mill\u00f3ns de persoas no mundo experimentan a cot\u00edo a contaminaci\u00f3n luminosa na forma dun halo no ceo (o denominado en ingl\u00e9s skyglow): ese perpetuo resplandor sobre as cidades pola noite. O halo procede da luz en terra a se dispersar na atmosfera e que regresa aos nosos ollos, borrando por completo as estrelas. Pero unha parte desa luz logra atravesar a atmosfera e&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/ollos-no-ceo-explorando-contaminacion-luminosa-global-mapas-satelite\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2385,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[101,102],"class_list":["post-2384","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-estibaliz-espinosa-gl","tag-international-dark-sky-association-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2384","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2384"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2384\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10678,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2384\/revisions\/10678"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2385"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}