{"id":10413,"date":"2019-09-10T12:50:52","date_gmt":"2019-09-10T10:50:52","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10413"},"modified":"2019-12-09T16:07:33","modified_gmt":"2019-12-09T16:07:33","slug":"boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Setembro 2019 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro 2019 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) Convocatoria p\u00fablica atopa con \u00e9xito nomes para as novas l\u00faas de X\u00fapiter<br \/>\n2) Jay Pasachoff ga\u00f1a o premio Klumpke-Roberts 2019 da Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico<br \/>\n3) \u00danete \u00e1s vindeiras campa\u00f1as Globe at Night<br \/>\n4) Celebra a Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa 2019<br \/>\n5) Corre pola ciencia en Bogot\u00e1, Colombia.<br \/>\n6) Celebra o D\u00eda Internacional da Traduci\u00f3n<br \/>\n7) Xuntos baixo un mesmo ceo! &#8211; Ciencia e arte para crear conciencia sobre a contaminaci\u00f3n luminosa<br \/>\n8) 6\u00ba Obradoiro Xeraci\u00f3n Espacial Asia-Pac\u00edfico (AP-SGW, 2019) en Nagoya, Xap\u00f3n<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Queremos darlle unha c\u00e1lida benvida \u00e1 nosa colega Izumi Hansen. Izumi uniuse a n\u00f3s hai pouco como Axudante da Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n (AOC) e traballar\u00e1 na edici\u00f3n, produci\u00f3n de contidos e xesti\u00f3n de proxectos e comunicaci\u00f3ns. \u201cEstou content\u00edsima de unirme \u00e1 OAO da IAU. Desexo dar apoio \u00e1 comunidade de profesionais da divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda facendo a astronom\u00eda comprens\u00edbel para todas as persoas a trav\u00e9s dos recursos que temos na IAU\u201d.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, destacamos as pr\u00f3ximas campa\u00f1as Globe at Night 2019, a Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa 2019, e queremos animarvos tam\u00e9n a que vos unades como voluntarios \u00e1 Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (ATN) para celebrarmos xuntos o D\u00eda Internacional da Traduci\u00f3n.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e felices celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome da Oficina do Equipo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Convocatoria p\u00fablica atopa con \u00e9xito nomes para as novas l\u00faas de X\u00fapiter<\/strong><\/p>\n<p>Cinco sat\u00e9lites de X\u00fapiter te\u00f1en agora nomes oficiais, xusto un ano despois do anuncio do seu descubrimento. O proceso de designaci\u00f3n inclu\u00edu unha convocatoria p\u00fablica e os cinco nomes elixidos proceden das suxesti\u00f3ns da xente.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19054\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19054\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Jay Pasachoff ga\u00f1a o premio Klumpke-Roberts 2019 da Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico<\/strong><\/p>\n<p>O antigo presidente da Ex-Comisi\u00f3n 46 Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n e o Desenvolvemento (2003-2006) Jay Pasachoff recibiu o premio Klumpke-Roberts 2019 da Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico, en reco\u00f1ecemento a unha vida de contribuci\u00f3ns importantes \u00e1 popularizaci\u00f3n e posta en valor da astronom\u00eda, e polo seu esforzo de sempre na comunicaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n entre o p\u00fablico e nos \u00e1mbitos acad\u00e9micos. Entre os anteriores ga\u00f1adores deste premio est\u00e1n Carl Sagan, Isaac Asimov, Dava Sobel, Patrick Moore e Ed Krupp.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/klumpke-roberts-award.html\">https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/klumpke-roberts-award.html<\/a><\/p>\n<p><strong>3) \u00danete \u00e1s vindeiras campa\u00f1as Globe at Night<\/strong><\/p>\n<p>Globe at Night \u00e9 unha campa\u00f1a internacional de ciencia cidad\u00e1 que aspira a crear conciencia sobre o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa convidando \u00e1 cidadan\u00eda a que mida o brillo do ceo nocturno e comparta as s\u00faas observaci\u00f3ns. \u00c9 doado participar, todo o que precisas \u00e9 un ordenador ou tel\u00e9fono con acceso \u00e1 Internet e seguir cinco <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php\">simples pasos<\/a>. No que vai de 2019, as persoas participantes nas campa\u00f1as contribu\u00edron en todo o mundo con 7962 puntos de observaci\u00f3n! Axuda a Globe at Night a acadar o seu obxectivo de 15000 medidas este ano!<\/p>\n<p>Podes atopar as datas e constelaci\u00f3ns para 2019 aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php\">https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Celebra a Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa 2019<\/strong><\/p>\n<p>O rexistro para a Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa 2019 est\u00e1 xa aberto. Podes rexistrar o teu evento, atopar materiais e publicitar o teu evento en <a href=\"https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon\/annual-event\/overview\/\">moon.nasa.gov\/observe<\/a>. Poder\u00e1s encontrar m\u00e1is actualizaci\u00f3ns a medida que se achegue a data do 5 de outubro de 2019!<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon\/annual-event\/overview\/\">https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon\/annual-event\/overview\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Corre pola ciencia en Bogot\u00e1, Colombia<\/strong><\/p>\n<p>O 14 de setembro en Bogot\u00e1, Colombia, a Universidade Nacional de Colombia organiza a actividade \u201cCorre por la ciencia\u201d, co apoio doutras instituci\u00f3ns do pa\u00eds, para unir ciencia e deporte dun xeito orixinal por medio dunha carreira atl\u00e9tica inspirada na astronom\u00eda. As persoas participantes ter\u00e1n a oportunidade de correr o equivalente a un buraco negro coa masa do noso Sol (cun radio de 4 quil\u00f3metros) e unha estrela de neutr\u00f3ns coa masa do noso Sol (cun radio de 10 quil\u00f3metros), as\u00ed como divertirse cunha variada serie de actividades cient\u00edficas.<\/p>\n<p>Tes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/ciencias.bogota.unal.edu.co\/corre-por-la-ciencia\/\">http:\/\/ciencias.bogota.unal.edu.co\/corre-por-la-ciencia\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Celebra o D\u00eda Internacional da Traduci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O 30 de setembro celebramos o D\u00eda Internacional da Traduci\u00f3n para homenaxear o traballo das persoas profesionais da linguaxe, que xogan un rol importante na uni\u00f3n das naci\u00f3ns ao facilitaren o di\u00e1logo, a comprensi\u00f3n e a cooperaci\u00f3n e contribu\u00edren ao desenvolvemento e o fortalecemento da paz e a seguridade mundial (segundo expresa o <a href=\"https:\/\/www.un.org\/en\/events\/translationday\/\">comunicado das Naci\u00f3ns Unidas da conmemoraci\u00f3n<\/a>). Na vindeira edici\u00f3n deste bolet\u00edn, faremos un n\u00famero especial dedicado \u00e1 nosa <a href=\"http:\/\/translation.iau.org\/en\/\">Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/a> (ATN).<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, neste enderezo: <a href=\"https:\/\/www.un.org\/en\/events\/translationday\/\">https:\/\/www.un.org\/en\/events\/translationday\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Xuntos baixo un mesmo ceo! &#8211; Ciencia e arte para crear conciencia sobre a contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong><\/p>\n<p>A Galer\u00eda de Arte Infantil de Grecia en asociaci\u00f3n coa Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional organiza unha campa\u00f1a de arte infantil internacional co tema central \u201cXuntos baixo un mesmo ceo!\u201d, que se vale da arte cient\u00edfica para crear conciencia sobre o problema da contaminaci\u00f3n luminosa. A data l\u00edmite \u00e9 o 30 de novembro de 2019.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n no sitio web oficial: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/site\/ppetogetherunderonesky\/\">https:\/\/sites.google.com\/site\/ppetogetherunderonesky\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) 6\u00ba Obradoiro Xeraci\u00f3n Espacial Asia-Pac\u00edfico (AP-SGW, 2019) en Nagoya, Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O 23 e 24 de novembro de 2019 Nagoya, Xap\u00f3n, acoller\u00e1 o 6\u00ba AP-SGW 2019, un obradoiro de dous d\u00edas para estudantes e profesionais de entre 18 e 35 anos para debater temas espaciais na rexi\u00f3n Asia-Pac\u00edfico. Hai bolsas dispo\u00f1\u00edbeis que cobren os gastos at\u00e9 500 d\u00f3lares (USD) para viaxe de ida e volta, aloxamento e custo do visado. O AP-SGW 2019 est\u00e1 apoiado e promovido de forma conxunta co Foro Rexional da Axencia Espacial Asia-Pac\u00edfico (APRSAF), que ter\u00e1 lugar do 26 ao 29 de novembro. A data l\u00edmite para as inscrici\u00f3n \u00e9 o 15 de setembro de 2019.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is consulta a ligaz\u00f3n <a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/ap-sgw-2019\">https:\/\/spacegeneration.org\/ap-sgw-2019<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>b) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>c) Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 5 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<\/p>\n<p>d) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p><strong>e) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 17 ao 19 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Par\u00eds, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_september1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Setembro 2019 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Convocatoria p\u00fablica atopa con \u00e9xito nomes para as novas l\u00faas de X\u00fapiter 2) Jay Pasachoff ga\u00f1a o premio Klumpke-Roberts 2019 da Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico 3) \u00danete \u00e1s vindeiras campa\u00f1as Globe at Night 4) Celebra a Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa 2019 5) Corre pola&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10413","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10413","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10413"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10413\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11031,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10413\/revisions\/11031"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10413"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10413"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10413"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}