{"id":10226,"date":"2019-05-20T10:58:49","date_gmt":"2019-05-20T08:58:49","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10226"},"modified":"2019-05-20T10:58:49","modified_gmt":"2019-05-20T08:58:49","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-abril-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-da-iau-abril-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Abril 2019 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Abril 2019 #1<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) \u00danete ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU na Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica<br \/>\n2) Nova vida para o Galileoscopio<br \/>\n3) Dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 25 da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico<br \/>\n4) Conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP 2020) vai a Australia<br \/>\n5) Proxectos 2019 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<br \/>\n6) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica da comisi\u00f3n C1 da IAU e AstroEdu: investigaci\u00f3n b\u00e1sica e pr\u00e1ctica 2019<br \/>\n7) Os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas conv\u00eddannos a po\u00f1erlle nome a un obxecto do cinto de Kuiper<br \/>\n8) Celebrando o Ano Internacional das Linguas Ind\u00edxenas coa astronom\u00eda<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p><strong> 0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Con moita tristeza <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19023\/\">anunciamos<\/a> que Norio Kaifu, antigo presidente da IAU, morreu o 13 de abril de 2019, aos 75 anos de idade, na s\u00faa casa de Xap\u00f3n. Norio Kaifu foi unha persoa apaixonada pola divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e empregouna efectivamente para ampliar o apoio p\u00fablico \u00e1 ciencia, tanto globalmente como no Xap\u00f3n. As s\u00faas contribuci\u00f3ns foron esenciais para o \u00e9xito global do Ano Internacional da Astronom\u00eda en 2009 e como presidente electo da IAU consolidou eses esforzos mundiais a trav\u00e9s da nosa oficina, a Oficina IAU da Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO). Norio Kaifu ser\u00e1 agarimosamente recordado por todos e todas n\u00f3s.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero do noso bolet\u00edn, queremos destacar que o n\u00famero 25 da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico xa est\u00e1 en li\u00f1a, invitamos ao p\u00fablico a po\u00f1erlle nome a un obxecto do cinto de Kuiper e celebramos o relanzamento do Galileoscopio.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e felices celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do Equipo de Divulgaci\u00f3n da Oficina de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) \u00danete ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU na Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica convoca un posto no seu equipo de divulgaci\u00f3n, con centro en Mitaka, Xap\u00f3n, e d\u00e1 a benvida a todas as solicitudes de persoas entusiastas e dedicadas con experiencia na comunicaci\u00f3n da ciencia e a divulgaci\u00f3n. A IAU e o NAOJ buscan agora unha persoa con cualidades excelentes que se una \u00e1 oficina e proporcione apoio \u00e1s nosas actividades.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19012\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19012\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Nova vida para o Galileoscopio<\/strong><\/p>\n<p>O Galileoscopio foi un proxecto central do Ano Internacional da Astronom\u00eda 2009 (IYA2009). Durante a \u00faltima d\u00e9cada, e co apoio de diversas organizaci\u00f3ns, m\u00e1is de 250000 kits do Galileoscopio foron enviados a m\u00e1is de 110 pa\u00edses. Docentes, estudantes e entusiastas da ciencia de todo o mundo empreg\u00e1ronos para introducirse na \u00f3ptica, os telescopios e a astronom\u00eda. Grazas a un acordo con Explore Scientific, o proxecto continua agora, unha d\u00e9cada despois do seu lanzamento.<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19020\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 25 da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico<\/strong><\/p>\n<p>O n\u00famero 25 da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico est\u00e1 xa dispo\u00f1\u00edbel. Neste n\u00famero da revista podes atopar artigos sobre os temas IAU100, como a igualdade de x\u00e9nero, a inclusi\u00f3n, os exoplanetas e a gran pregunta: estamos s\u00f3s no universo? Todo isto e moito m\u00e1is aparece nesta revista gratu\u00edta, con revisi\u00f3n por pares, dirixida \u00e1 xente que comunica astronom\u00eda, e que xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para descarga.<\/p>\n<p>Podes ler a publicaci\u00f3n en li\u00f1a aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19015\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19015\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP 2020) vai a Australia<\/strong><\/p>\n<p>En 2020 Sidney, Australia, acoller\u00e1 a maior conferencia sobre comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, a conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico. O grupo de traballo da comisi\u00f3n C2 da IAU sobre a conferencia CAP recibiu numerosas solicitudes de alta calidade para acoller a conferencia de 2020, e entre elas foi elixida Sidney, Australia. CAP 2020 ter\u00e1 lugar do 21 ao 25 de setembro de 2020. Agardamos vervos al\u00ed!<\/p>\n<p>Descubre m\u00e1is sobre as conferencias CAP nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap-conferences\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap-conferences\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Proxectos 2019 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<\/strong><\/p>\n<p><em>Molo Mhlaba, Sur\u00e1frica<\/em><\/p>\n<p>MM (<a href=\"http:\/\/molomhlaba.org\/\">molomhlaba.org<\/a>) ofrece un novo achegamento radical \u00e1 escolarizaci\u00f3n en Sur\u00e1frica. Con escolas locais e independentes en comunidades desatendidas, MM orienta e proporciona acceso \u00e1 educaci\u00f3n CTEM de calidade ao grupo m\u00e1is vulner\u00e1bel do pa\u00eds, as rapazas negras, e vai m\u00e1is al\u00e1 dos obxectivos educativos habituais en favor da excelencia e a innovaci\u00f3n. MM inspira e equipa as rapazas para que opten por carreiras CTEM po\u00f1endo o foco de forma crucial na educaci\u00f3n primaria e o desenvolvemento temper\u00e1n. Por medio de aulas e actividades extraescolares, empr\u00e9gase a astronom\u00eda para inspirar as cient\u00edficas do futuro, ao tempo que permite que o alumnado, os pais e as nais e os e as docentes vexan como se pode desenvolver unha carreira tendo en conta a desigualdade de x\u00e9nero e racial que afecta as CTEM.<\/p>\n<p>Podes aprender m\u00e1is sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/molo-mhlaba\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/molo-mhlaba\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica da comisi\u00f3n C1 da IAU e AstroEdu: investigaci\u00f3n b\u00e1sica e pr\u00e1ctica 2019<\/strong><\/p>\n<p>Do 16 ao 18 de setembro de 2019, ESO acoller\u00e1 a primeira dunha serie de conferencias regulares, bienais, sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica, co animo de incrementar a calidade, a cantidade, a comunidade e o impacto da investigaci\u00f3n e a pr\u00e1ctica en educaci\u00f3n astron\u00f3mica. A conferencia, que ter\u00e1 lugar no novo planetario Supernova e centro de visitantes do ESO, pretende xuntar xente dedicada \u00e1 astronom\u00eda, \u00e1 investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica e a divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n para comunicar, debater e abordar asuntos com\u00fans. A conferencia proporcionar\u00e1 ademais \u00e1 comunidade unha oportunidade para discutir os resultados en educaci\u00f3n astron\u00f3mica derivados do Plan Estrat\u00e9xico IAU 2010-2020 e os requisitos para cumprir os obxectivos do pr\u00f3ximo plan estrat\u00e9xico.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19018\/?lang\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19018\/?lang<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas conv\u00eddannos a po\u00f1erlle nome a un obxecto do cinto de Kuiper<\/strong><\/p>\n<p>Tres profesionais da astronom\u00eda, Meg Schwamb, Mike Brown e David Rabinowitz, est\u00e1n convidando ao p\u00fablico a po\u00f1erlle nome a un obxecto do cinto de Kuiper no sistema solar exterior. Descuberto en 2007, ao obxecto deulle a designaci\u00f3n 2007 OR10 o Minor Planet Center en novembro de 2009, mais carece a\u00ednda dun nome permanente. O equipo pide agora ao p\u00fablico que se implique na elecci\u00f3n do nome para este obxecto, a trav\u00e9s dunha votaci\u00f3n en li\u00f1a. A votaci\u00f3n pecha o 10 de maio de 2019, logo do cal o equipo descubridor someter\u00e1 o nome m\u00e1is popular \u00e1 consideraci\u00f3n da IAU.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19021\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19021\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Celebrando o Ano Internacional das Linguas Ind\u00edxenas coa astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Axuda a crear conciencia sobre a alarmante cifra de linguas que desaparecen no mundo destacando a importancia do co\u00f1ecemento astron\u00f3mico dos pobos ind\u00edxenas e inspirando a outras rexi\u00f3ns a tomar medidas para en valor a nosa diversidade cultural.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages<\/a><\/p>\n<p>Se queres envolverte no proxecto, podes atoparnos no enderezo electr\u00f3nico translation@oao.iau.org.<\/p>\n<p>9) Encontros e actividades globais<\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxa de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a) Semana europea da astronom\u00eda e ciencias do espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 28 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Lyon, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/<\/a><\/p>\n<p>b) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>c) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>d) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>e) <strong>IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa \u2013 Observemos a L\u00faa!<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>f) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>g) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=0eb4859ada\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Abril 2019 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) \u00danete ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU na Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica 2) Nova vida para o Galileoscopio 3) Dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 25 da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 4) Conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP 2020) vai a Australia 5) Proxectos 2019 da Oficina&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-da-iau-abril-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10226","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10226","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10226"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10226\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10226"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10226"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10226"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}