{"id":10055,"date":"2019-02-01T13:45:44","date_gmt":"2019-02-01T11:45:44","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10055"},"modified":"2019-02-01T13:45:44","modified_gmt":"2019-02-01T11:45:44","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-xaneiro-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-da-iau-xaneiro-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Xaneiro 2019 #1 &#8211; Especial IAU100 n\u00ba 1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4853\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"480\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-768x461.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro 2019 #1 &#8211; Especial IAU100 n\u00ba 1<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) 100 Horas de Astronom\u00eda<br \/>\n2) Celebra o D\u00eda IAU da Muller e a Nena na Astronom\u00eda<br \/>\n3) Evento IAU100: D\u00eda da Astronom\u00eda Amadora o 13 de abril de 2019 en Bruxelas<br \/>\n4) \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Etiop\u00eda<br \/>\n5) Kit Educativo \u201cAcende a Noite\u201d<br \/>\n6) Convocatoria para participar no proxecto \u201cAstronom\u00eda Aberta nas Escolas\u201d<br \/>\n7) Aberto o prazo de solicitude de apoios RAS-OAD<br \/>\n8) Resultados da Convocatoria Anual de Propostas OAD 2018<br \/>\n9) Novas de todo o mundo \u2013 historias dos comit\u00e9s nacionais IAU100 e das coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n<br \/>\n10) Encontros e actividades globais<br \/>\n11) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p align=\"left\">O ano comezou da mellor maneira para o centenario do IAU coas \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d, lema que acolleu m\u00e1is de 1,200 actividades en 85 pa\u00edses de todo o mundo do 10 ao 13 de xaneiro. Queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas, tanto participantes coma da organizaci\u00f3n, que compartiron as s\u00faas historias nas redes sociais e mensaxes persoais. Tam\u00e9n queremos destacar o fant\u00e1stico traballo de Bethany Downer na coordinaci\u00f3n deste esforzo global.<\/p>\n<p align=\"left\">O noso equipo sabe que \u00e9 inmensa a cantidade de informaci\u00f3n relacionada co IAU100 e as actividades presentadas no marco dos diversos \u201cproxectos globais\u201d. Por iso en 2019 cambiamos lixeiramente o formato deste bolet\u00edn, para asegur\u00e1rmonos de que ao longo do ano recibades de primeira man todas as noticias e actualizaci\u00f3ns sobre os eventos, recursos, convocatorias abertas e concursos. E queremos darlle unha grande benvida a Jorge Rivero, coordinador do IAU100, que coeditar\u00e1 esta publicaci\u00f3n durante 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">Neste n\u00famero, queremos resaltar o \u00e9xito do evento \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d, o pr\u00f3ximo D\u00eda IAU da Muller e a Nena na Astronom\u00eda, e alentar a vosa participaci\u00f3n no evento IAU do D\u00eda da Astronom\u00eda Amadora en Bruxelas, B\u00e9lxica.<\/p>\n<p align=\"left\">Por \u00faltimo, mais non \u00e9 menos importante, non podemos esquecer a todas as persoas que colaboran connosco, a comunidade que, nos \u00faltimos anos, compartiu as iniciativas de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica preferidas e m\u00e1is importantes de todo o mundo e que agora \u00e9 unha parte vital da nosa fant\u00e1stica familia da IAU. Creamos unha edici\u00f3n especial que compartir\u00e1 as vosas historias neste 2019, as\u00ed que prestade atenci\u00f3n \u00e1s novidades.<\/p>\n<p align=\"left\">Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e todo o mellor para 2019!<\/p>\n<p align=\"left\">Lina Canas, en nome do Equipo de Divulgaci\u00f3n da Oficina de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p align=\"left\">Jorge Rivero, en representaci\u00f3n da Secretar\u00eda IAU100<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) 100 Horas de Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Dando inicio \u00e1s celebraci\u00f3ns do centenario da IAU en 2019, o evento \u201c100 horas de Astronom\u00eda\u201d reuniu a astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas amadores e profesionais, entusiastas da astronom\u00eda e p\u00fablico en xeral para compartir a s\u00faa paix\u00f3n pola astronom\u00eda e o espazo. Celebr\u00e1ronse m\u00e1is de 1.200 actividades de astronom\u00eda en 85 pa\u00edses de todo o mundo do 10 ao 13 de xaneiro.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes ler o artigo completo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/sucessful-100hours-of-astronomy\">https:\/\/www.iau-100.org\/sucessful-100hours-of-astronomy<\/a><\/p>\n<p align=\"left\">Hai moitas historias compartidas nas redes sociais: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">Facebook<\/a> &amp; <a href=\"https:\/\/twitter.com\/iau_outreach\">Twitter<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) Celebra o D\u00eda IAU da Muller e a Nena na Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Baixo o lema \u00abAstronom\u00eda Inclusiva\u00bb, as celebraci\u00f3ns IAU100 organizar\u00e1n unha ampla serie de actividades e eventos mundiais durante 2019 que promover\u00e1n a inclusi\u00f3n, a equidade e a diversidade na astronom\u00eda. Este programa de eventos comezar\u00e1 o 11 de febreiro de 2019 coa celebraci\u00f3n do D\u00eda da Muller e a Nena na Astronom\u00eda, no marco do D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia convocado polas Naci\u00f3ns Unidas. \u00c9 unha oportunidade para celebrar o papel das nenas e mulleres na astronom\u00eda, ben sexa alentando as nenas a considerar unha carreira no campo da astronom\u00eda como honrando as mulleres astr\u00f3nomas. Animamos a todas as persoas a participar no D\u00eda da Muller e a Nena na Astronom\u00eda organizando eventos nas vosas comunidades locais.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/women-and-girls-in-astronomy-day\">https:\/\/www.iau-100.org\/women-and-girls-in-astronomy-day<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong> 3) Evento IAU100: D\u00eda da Astronom\u00eda Amadora o 13 de abril de 2019 en Bruxelas<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O s\u00e1bado 13 de abril de 2019 no Palacio das Academias de Bruxelas, B\u00e9lxica, a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional organizar\u00e1 o seu primeiro evento para astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas amadoras. Unha inspiradora xornada que contar\u00e1 coa presenza do astronauta da NASA John Grunsfeld, reco\u00f1ecidas figuras da ciencia e presentaci\u00f3ns da comunidade astron\u00f3mica amadora. Con este evento, a IAU quere fortalecer a s\u00faa relaci\u00f3n cos colectivos amadores. A Secretar\u00eda IAU100 convida aos astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas amadoras a participar no evento asistindo e\/ou compartindo o seu traballo.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n, neste enderezo: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/amateur-astronomers-day\">https:\/\/www.iau-100.org\/amateur-astronomers-day<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong> 4) \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Etiop\u00eda<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O obradoiro \u201cA exposici\u00f3n Estrelas que inspiran e a inclusi\u00f3n\u201d tivo lugar o 3 de xaneiro de 2019 en Ad\u00eds Abeba, Etiop\u00eda. Entre as perto de 200 persoas participantes hab\u00eda estudantes de secundaria e de universidade con discapacidades visuais e auditivas con necesidades educativas especiais. O obradoiro contou cunha mesa redonda sobre a educaci\u00f3n inclusiva en Etiop\u00eda, seguida da visita \u00e1 exposici\u00f3n. A exposici\u00f3n e o obradoiro forman parte do Proxecto Global IAU100 e a organizaci\u00f3n en Etiop\u00eda foi froito da colaboraci\u00f3n do Instituto Et\u00edope de Ciencia e Tecnolox\u00eda Espaciais (ESSTI), a Oficina Rexional de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento de \u00c1frica Oriental (EA-ROAD), a Universidade Metropolitana de Kotebe (KMU), a Sociedade de Ciencia Espacial de Etiop\u00eda (ESSS), a Rede Cient\u00edfica e Acad\u00e9mica de Etiop\u00eda (ESAN) e Educadores Et\u00edopes Sen Fronteiras (EEWB 2018).<\/p>\n<p align=\"left\">Podes ler o artigo completo en <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\/january2019ethiopia\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\/january2019ethiopia<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Kit Educativo \u201cAcende a Noite\u201d<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O proxecto global IAU100 Ceos escuros para todas as persoas (Dark Skies for All) ten como obxectivo crear conciencia sobre a conservaci\u00f3n dos ceos escuros e o dereito das xeraci\u00f3ns futuras a seguir dispo\u00f1endo de verdadeiros ceos nocturnos. O IAU100 lanza unha convocatoria para a recepci\u00f3n do kit educativo \u00abAcende a luz\u00bb e alenta ao profesorado, profesionais da astronom\u00eda e astron\u00f3mos e astr\u00f3nomas amadoras en todo o mundo a solicitalo.<\/p>\n<p align=\"left\">Ao longo do programa global IAU100, uns 200 educadores e educadoras de todo o mundo poder\u00e1n ter este kit ao custo de produci\u00f3n. Outros 50 kits adicionais ser\u00e1n distribu\u00eddos gratuitamente pola Secretar\u00eda IAU100 a aquelas persoas que non poidan pagar o custo de produci\u00f3n. Para solicitar estas condici\u00f3ns especiais, por favor env\u00edade a solicitude completa antes do 1 de marzo de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/darkskies-for-all\">https:\/\/www.iau-100.org\/darkskies-for-all<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>6) Convocatoria para participar no proxecto \u201cAstronom\u00eda Aberta nas Escolas\u201d<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O proxecto \u201cAstronom\u00eda Aberta nas Escolas\u201d (OAS) pretende mellorar a capacidade dos e das docentes para lidar con temas cient\u00edficos e as s\u00faas t\u00e9cnicas de ensino organizando sesi\u00f3ns de formaci\u00f3n en todo o mundo, que permitan a alfabetizaci\u00f3n cient\u00edfica e a adquisici\u00f3n de t\u00e9cnicas de ensino modernas. A convocatoria de propostas est\u00e1 dirixida a achegar financiamento inicial (at\u00e9 500 Euros) e apoio b\u00e1sico para fomentar obradoiros de capacitaci\u00f3n docente nas rexi\u00f3ns en desenvolvemento. Estes fondos de apoio as actividades OAS poden empregarse para producir materiais para distribu\u00edr entre os participantes do obradoiro ou para apoiar a viaxe e aloxamento do profesorado que participe.<\/p>\n<p align=\"left\">A convocatoria de propostas estar\u00e1 aberta at\u00e9 o final das celebraci\u00f3ns IAU100. As propostas que soliciten fondos deben presentarse antes do 28 de febreiro de 2019 \u00e1s 11:00 pm UTC. Todas as solicitudes que pidan apoio financeiro ter\u00e1n resposta final en marzo de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">Podedes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/teacher-training-call\">https:\/\/www.iau-100.org\/teacher-training-call<\/a><\/p>\n<p align=\"left\">Sitio web oficial: <a href=\"https:\/\/open-astronomy-schools.org\/\">https:\/\/open-astronomy-schools.org\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>7) Aberto o prazo de solicitude de apoios RAS-OAD<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Est\u00e1 aberto o prazo para solicitar \u00e1 Royal Astronomical Society \u2013 Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (RAS-OAD) apoios que acheguen fondos de mobilidade para establecer ou fomentar investigaci\u00f3ns, colaboraci\u00f3ns educativas e\/ou relacionadas co desenvolvemento entre o Reino Unido e pa\u00edses onde a investigaci\u00f3n astron\u00f3mica non est\u00e1 ben establecida. A convocatoria est\u00e1 aberta para persoas do \u00e1mbito da ciencia, a enxe\u00f1ar\u00eda e a educaci\u00f3n que residan no Reino Unido ou viaxen ao Reino Unido. A data l\u00edmite para a solicitude \u00e9 o 28 de febreiro de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre as solicitudes, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/partners-programs\/rasexperts2\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/partners-programs\/rasexperts2\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>8) Resultados da Convocatoria Anual de Propostas OAD 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU OAD) conclu\u00edu a s\u00e9tima convocatoria anual de propostas e seleccionou 20 proxectos. Estes vinte proxectos recibir\u00e1n fondos da IAU en 2019 para abordar diferentes cuesti\u00f3ns e desaf\u00edos val\u00e9ndose da astronom\u00eda como ferramenta de acci\u00f3n. A OAD colocou outros 18 proxectos nunha &#8216;Listaxe recomendada&#8217;: tr\u00e1tase de propostas que mereceron o reco\u00f1ecemento do equipo revisor, mais que fican f\u00f3ra do financiamento debido as limitaci\u00f3ns orzamentarias. Poden consultarse aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/2019-recommended-projects\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/2019-recommended-projects\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18069\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18069\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Novas de todo o mundo \u2013 historias dos comit\u00e9s nacionais IAU100 e das coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Coas celebraci\u00f3ns IAU100 e as case cen persoas que se encargan da coordinaci\u00f3n de divulgaci\u00f3n nacional (NOC) extremadamente activas, hai multitude de eventos convocados en todo o mundo. Algunhas destas actividades est\u00e1n sendo relatadas desde as NOC e por parte de diversos contactos co desexo de visibilizar eventos importantes de cada pa\u00eds.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes seguir esas historias nas redes sociais da Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (<a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">Facebook<\/a>, <a href=\"https:\/\/twitter.com\/iau_outreach\">Twitter<\/a>) e no <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/about?authuser=0\">sitio web IAU NOC<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>10) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p><strong>a) IAU100: D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> 11 de febreiro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy\">https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy<\/a><\/p>\n<p>b) Encontro rexional asi\u00e1tico \u201cGlobal Hands-On Universe\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 6 ao 8 de marzo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pokhara, Nepal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home\">https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home<\/a><\/p>\n<p>c) 8\u00aa conferencia internacional \u201cNovas perspectivas en educaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 21 e 22 de marzo 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>d) Noite de Yuri<br \/>\n<em>Data:<\/em> 12 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/yurisnight.net\/\">https:\/\/yurisnight.net\/<\/a><\/p>\n<p>e) D\u00eda da Astronom\u00eda Amadora<br \/>\n<em>Data:<\/em> 13 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bruxelas, B\u00e9lxica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/amateur-astronomers-day\u200b\">https:\/\/www.iau-100.org\/amateur-astronomers-day\u200b<\/a><\/p>\n<p>f) Semana europea da astronom\u00eda e ciencias do espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 28 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Lyon, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/<\/a><\/p>\n<p>g) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>h) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>i) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>l) <strong>IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa \u2013 Observemos a L\u00faa!<\/strong><br \/>\nData: 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11<\/strong><strong>) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=b9bcbc2ca4\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xaneiro 2019 #1 &#8211; Especial IAU100 n\u00ba 1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) 100 Horas de Astronom\u00eda 2) Celebra o D\u00eda IAU da Muller e a Nena na Astronom\u00eda 3) Evento IAU100: D\u00eda da Astronom\u00eda Amadora o 13 de abril de 2019 en Bruxelas 4) \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Etiop\u00eda 5) Kit Educativo \u201cAcende&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/boletin-de-divulgacion-da-iau-xaneiro-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10055","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10055","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10055"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10055\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10055"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10055"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10055"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}