Conferencia de Andrea Rodríguez Antón: “Astronomía no Sáhara”

Que: conferencia de Andrea Rodríguez Antón, doutora en astrofísica e investigadora do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) de Santiago de Compostela. Organizada pola Agrupación Ío e a A. C. Alexandre Bóveda.

Descrición: Lonxe de ser un territorio hostil para a vida, o deserto do Sahara é e foi un espazo habitado polo que transitaron grupos nómades durante milenios. E todas estas persoas observaron o impresionante ceo que domina a paisaxe, atentas aos seus cambios. Nesta presentación farase un achegamento ao patrimonio astronómico do Sahara Occidental a partir dos incontábeis vestixios arqueolóxicos aínda presentes no deserto, así como das voces que aínda gardan unha memoria máis recente sobre o papel da astronomía nos labores cotiáns e estacionais.

Cando: mércores 26 de novembro ás 19:30.

Onde: no local da A. C. Alexandre Bóveda (rúa de Santo André, 36 – 1º, 15003 A Coruña).

Como: actividade gratuíta, recoméndase inscrición previa a través desta ligazón.