{"id":862,"date":"2015-03-16T13:55:04","date_gmt":"2015-03-16T13:55:04","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=862"},"modified":"2019-09-25T16:57:11","modified_gmt":"2019-09-25T16:57:11","slug":"a-agrupacion-astronomica-corunesa-io-e-a-casa-das-ciencias-convocan-unha-observacion-publica-da-eclipse-de-sol","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/a-agrupacion-astronomica-corunesa-io-e-a-casa-das-ciencias-convocan-unha-observacion-publica-da-eclipse-de-sol\/","title":{"rendered":"A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo e a Casa das Ciencias convocan unha observaci\u00f3n p\u00fablica da eclipse de Sol"},"content":{"rendered":"<p><em><img decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-872\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/LogoIoCasa-300x132.jpg\" alt=\"LogoIoCasa\" width=\"300\" height=\"132\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/LogoIoCasa-300x132.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/LogoIoCasa.jpg 426w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>-Ser\u00e1 o venres 20 de marzo, entre as 09.00 e as 11.30 horas, nos arredores da Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarita, A Coru\u00f1a).<\/em><\/p>\n<p><em>-A asistencia \u00e9 libre e de balde.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na ma\u00f1\u00e1 do venres 20 de marzo de 2015 ter\u00e1 lugar unha eclipse de Sol. En diversos lugares de Escandinavia (Illas Faroe e Svalbard) a L\u00faa ocultar\u00e1 completamente o disco solar. Na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica a ocultaci\u00f3n ser\u00e1 parcial, mais seremos os habitantes do noroeste os que te\u00f1amos as mellores condici\u00f3ns de observaci\u00f3n. Dende A Coru\u00f1a chegaremos a ver o 76% do disco solar oculto pola L\u00faa.<br \/>\nNa Coru\u00f1a a eclipse do 20 de marzo comezar\u00e1 despois das nove da ma\u00f1\u00e1 e rematar\u00e1 contra as once e cuarto. O m\u00e1ximo da eclipse -a maior porcentaxe de ocultaci\u00f3n- acontecer\u00e1 pouco despois das dez. Non chegar\u00e1 nin moito menos a facerse de noite, mais si ser\u00e1 percept\u00edbel unha diminuci\u00f3n da luz ambiental e da temperatura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ff0000;\"><strong>Unha casualidade c\u00f3smica<\/strong><\/span><br \/>\nUnha eclipse de Sol consiste na ocultaci\u00f3n progresiva do disco solar pola L\u00faa cando esta se interp\u00f3n entre a estrela e a Terra. O fen\u00f3meno prod\u00facese por unha extraordinaria casualidade c\u00f3smica: o Sol \u00e9 catrocentas veces m\u00e1is grande c\u00e1 L\u00faa mais tam\u00e9n est\u00e1 catrocentas veces m\u00e1is lonxe, co cal os seus tama\u00f1os aparentes vistos dende o noso planeta son moi semellantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ff0000;\"><strong>Infrecuente, mais non excepcional<\/strong><\/span><br \/>\nAs eclipses solares non son acontecementos excepcionais a escala planetaria, mais nun lugar determinado son relativamente infrecuentes. A franxa da Terra afectada pola sombra da L\u00faa na que a eclipse chega a verse como total \u00e9 bastante estreita -apenas uns centos de quil\u00f3metros-, de maneira que ao longo da nosa vida a\u00ednda que se produzan bastantes eclipses de Sol ser\u00e1n moi poucas as que sucedan preto de onde n\u00f3s vivimos. As\u00ed, a \u00faltima eclipse total de Sol vista en Galicia foi a de 1912 e non teremos outra at\u00e9 2026. A eclipse parcial do 20 de marzo ser\u00e1 un bo aperitivo, como tam\u00e9n foron a de 1999 e a anular de 2005.<br \/>\nAdemais, non abonda coa interposici\u00f3n da L\u00faa entre a Terra e o Sol, cousa que sucede cada vez que \u00e9 L\u00faa Nova. A \u00f3rbita da L\u00faa est\u00e1 lixeiramente inclinada respecto do plano de xiro da Terra arredor do Sol -uns 5 graos- e esa pequena diferenza \u00e9 suficiente para que as m\u00e1is das veces a sombra da L\u00faa pase por enriba ou por debaixo da Terra e non se vexa unha eclipse. S\u00f3 cando a L\u00faa est\u00e1 preto dun dos puntos nos que se corta a s\u00faa \u00f3rbita arredor da Terra coa ecl\u00edptica, os chamados \u201cnodos\u201d, os tres astros poden quedar perfectamente en li\u00f1a e a s\u00faa sombra chega a ocultar o Sol en todo ou en parte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ff0000;\"><strong>A seguridade ante todo<\/strong><\/span><br \/>\nA observaci\u00f3n p\u00fablica da eclipse que se celebrar\u00e1 nas inmediaci\u00f3ns da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarita, permitir\u00e1 seguir o fen\u00f3meno en boa compa\u00f1a e con seguridade. C\u00f3mpre lembrar que nunca se debe observar o Sol directamente sen protecci\u00f3n, tampouco durante unha eclipse. A intensidade da luz do Sol -non s\u00f3 a vis\u00edbel, tam\u00e9n a emitida noutras frecuencias, como a infravermella ou a ultravioleta- \u00e9 suficiente para producir danos irrepar\u00e1beis nos nosos ollos.<br \/>\nAs \u201cgafas de eclipse\u201d semellan seguras para botar unha breve ollada ao Sol, mais non se deben empregar de maneira continua durante unha observaci\u00f3n longa. A\u00ednda con elas postas deberemos mirar o Sol s\u00f3 durante lapsos curtos de tempo. Estas gafas de eclipse xamais poden ser empregadas como filtro en binoculares ou telescopios.<br \/>\nTampouco se debe recorrer baixo ning\u00fan concepto a \u201ctrucos caseiros\u201d para a observaci\u00f3n do Sol: non serven nin as gafas de Sol nin os cristais afumados, radiograf\u00edas, negativos ou calquera cousa parecida, obxectos que no mellor dos casos reducen un pouco a luz vis\u00edbel mais non protexen en absoluto os ollos doutras formas de radiaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ff0000;\"><strong>Un d\u00eda para gardar o telescopio<\/strong><\/span><br \/>\nO perigo da observaci\u00f3n directa do Sol multipl\u00edcase se miramos a trav\u00e9s de c\u00e1maras de fotograf\u00eda ou v\u00eddeo. O risco \u00e9 extremo no caso de prism\u00e1ticos ou telescopios, aparellos que concentran a luz e poden chegar a queimar fisicamente a retina. Existen filtros profesionais para a observaci\u00f3n solar, mais son caros e delicados polo que non deben empregarse en observaci\u00f3ns abertas ao p\u00fablico. Un telescopio orientado ao Sol constit\u00fae un risco, sobre todo en presenza de menores que desco\u00f1ecen o dano que pode causar nos ollos.<br \/>\nAfortunadamente existen m\u00e9todos para observar a s\u00faa progresi\u00f3n con total seguridade mediante a proxecci\u00f3n da imaxe do disco solar. Do que se trata \u00e9 de mirar a eclipse, non de mirar o Sol. Durante esta observaci\u00f3n, o persoal da Casa das Ciencias e membros da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo achegar\u00e1n alg\u00fans destes m\u00e9todos, e compartir\u00e1n co p\u00fablico asistente a s\u00faa experiencia na observaci\u00f3n de eclipses totais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ff0000;\"><strong>Actividades para facer na casa e na escola<\/strong><\/span><br \/>\nUnha eclipse \u00e9 unha escusa perfecta para gozar da ciencia coa familia e cos amigos. Por que se producen as eclipses? \u00e9 unha pregunta que nos desaf\u00eda a procurar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o tema e a constru\u00edr modelos do sistema solar a escala que nos axuden a entender mellor o fen\u00f3meno. O divulgador cient\u00edfico X. Dosi Veiga preparou canda a eclipse anular de Sol de 2005 un exhaustivo manual cheo de informaci\u00f3n interesante que podedes consultar ou descargar <a href=\"http:\/\/www.altega.com\/docs\/descargas\/ciencia\/EclipsesSolManualDidacticoGalego50.pdf\">neste enderezo<\/a> (PDF, 5,2MB).<br \/>\nPara a observaci\u00f3n do Sol por proxecci\u00f3n hai varios procedementos sinxelos que se deben preparar con antelaci\u00f3n. Un deles consiste en montar un \u201ctubo\u201d de observaci\u00f3n solar, tal e como nos propo\u00f1en dende a Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Navarra <a href=\"http:\/\/www.reinodelasestrellas.com\/wordpress\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/Instrucciones-para-montar-y-usar-el-Tubo.pdf\">neste documento con instruci\u00f3ns detalladas<\/a>\u00a0(PDF, 542KB).\u00a0Un sistema parecido \u00e9 o que nos explica (en ingl\u00e9s) <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/activities\/safe-sun-viewer\/\">Sarah Roberts en AstroEdu<\/a>, empregando material que temos nas casas.\u00a0No sitio web do Planetario de Pamplona hai unha <a href=\"http:\/\/pamplonetario.org\/2015\/03\/eclipse-de-sol-el-20-de-marzo-de-2015\/#actividad%20\">secci\u00f3n espec\u00edfica con propostas de actividades<\/a>.<br \/>\nPara percibir a eclipse nin sequera \u00e9 preciso mirar o ceo. Os ocos entre as follas das \u00e1rbores act\u00faan coma unha c\u00e1mara escura e proxectan no chan centos de imaxes do Sol, que ese d\u00eda veremos \u201cincompleto\u201d, mordido pola L\u00faa. O mesmo efecto podemos provocalo empregando, por exemplo, as escumadeiras que empregamos na coci\u00f1a ou calquera obxecto con pequenos orificios.<br \/>\nLembrade que dende que a L\u00faa comeza a ocultar o Sol at\u00e9 que sae por completo transcorren algo m\u00e1is de d\u00faas horas. \u00c9 un intervalo suficientemente longo como para que todos -e en especial os nenos- te\u00f1amos oportunidade de experimentar a eclipse de diversas formas, con calma, sen pr\u00e9sas. O m\u00e1is importante: \u00e9 unha ma\u00f1\u00e1 para pasalo ben!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-Ser\u00e1 o venres 20 de marzo, entre as 09.00 e as 11.30 horas, nos arredores da Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarita, A Coru\u00f1a). -A asistencia \u00e9 libre e de balde. Na ma\u00f1\u00e1 do venres 20 de marzo de 2015 ter\u00e1 lugar unha eclipse de Sol. En diversos lugares de Escandinavia (Illas Faroe e Svalbard) a L\u00faa ocultar\u00e1 completamente o disco solar. Na Pen\u00ednsula&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/a-agrupacion-astronomica-corunesa-io-e-a-casa-das-ciencias-convocan-unha-observacion-publica-da-eclipse-de-sol\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":866,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[37,34],"class_list":["post-862","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actividades-gl","tag-casa-das-ciencias-gl","tag-eclipse-de-sol-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/862","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=862"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/862\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10708,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/862\/revisions\/10708"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/866"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=862"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=862"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=862"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}