{"id":795,"date":"2015-02-15T12:19:06","date_gmt":"2015-02-15T12:19:06","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=795"},"modified":"2019-10-15T10:18:03","modified_gmt":"2019-10-15T10:18:03","slug":"galileo-galilei","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galileo-galilei\/","title":{"rendered":"Galileo Galilei"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\"><em><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/Gu\u00eda-do-Ceo09.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\" size-medium wp-image-796 alignright\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/Gu\u00eda-do-Ceo09-222x300.jpg\" alt=\"Gu\u00eda do Ceo'09\" width=\"222\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/Gu\u00eda-do-Ceo09-222x300.jpg 222w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/Gu\u00eda-do-Ceo09.jpg 370w\" sizes=\"(max-width: 222px) 100vw, 222px\" \/><\/a>No aniversario do nacemento de Galileo Galilei, recuperamos un texto publicado na &#8220;Gu\u00eda do Ceo&#8221; que a Concellar\u00eda de Cultura do Concello da Coru\u00f1a distribu\u00edu gratu\u00edtamente en 2009 para celebrar o Ano Internacional da Astronom\u00eda:<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>GALILEO GALILEI <\/strong><br \/>\nPisa, 15 de febreiro de 1564 \u2013 Arcetri, 8 de xaneiro de 1642<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En decembro de 2007 a Organizaci\u00f3n das Naci\u00f3ns Unidas ratificou en sesi\u00f3n plenaria a declaraci\u00f3n de 2009 como <a href=\"http:\/\/www.astronomy2009.org\/\">Ano Internacional da Astronom\u00eda<\/a>, nun acordo que reco\u00f1ec\u00eda de maneira expl\u00edcita as importantes repercusi\u00f3ns que as observaci\u00f3ns astron\u00f3micas tiveron para o desenvolvemento da ciencia, a filosof\u00eda e a cultura. Non foi unha elecci\u00f3n ao chou: en 2009 far\u00e1 catrocentos anos desde a primeira vez que <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Galileo\">Galileo Galilei<\/a> apuntou ao ceo cun telescopio. O aparello construiuno el mesmo a partir de imprecisas descrici\u00f3ns do instrumento, dese\u00ad\u00f1ado poucos meses antes polo holand\u00e9s <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Hans_Lippershey\">Hans Lippershey<\/a>. O primeiro modelo creado polo cient\u00edfico italiano proporcionaba imaxes con tan s\u00f3 tres aumentos, a\u00ednda que axi\u00f1a mellorou os resultados para multiplicar por dez a potencia das lentes, o cal foi abondo para explorar o fir\u00admamento nocturno e transformar para sempre a nosa concepci\u00f3n do universo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O 7 de xaneiro de 1610 Galileo reparou grazas ao telescopio en \u201ctres estrelas fixas\u201d ali\u00f1adas a pouca distancia do planeta <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Jupiter\">X\u00fapiter<\/a>. Noite tras noite seguiu a pegada desas \u201cestrelas\u201d, que para a s\u00faa sorpresa \u00edan cambiando de posici\u00f3n de maneira inexplic\u00e1bel. O 10 de xaneiro unha delas quedou f\u00f3ra da s\u00faa vista, do que deduciu que deb\u00eda ficar oculta polo planeta, e uns d\u00edas despois viu un cuarto punto luminoso. Como a ubicaci\u00f3n deses catro puntos variaba respecto de X\u00fapiter o astr\u00f3nomo tivo que admitir que non eran estrelas fixas sen\u00f3n que xiraban arredor do xigante gasoso, e a\u00ed ti\u00f1a unha proba de que non todos os astros se mov\u00edan arredor da Terra, como sosti\u00f1a a secular tradici\u00f3n xeoc\u00e9ntrica herdada de <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Aristotle\">Arist\u00f3teles<\/a>. Os seres humanos non eramos, pois, o eixo de xiro do universo, sen\u00f3n os habitantes dun simple planeta, nada m\u00e1is e nada menos. Eses catro obxectos eran os <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Galilean_moons\">catro maiores sat\u00e9lites<\/a> de X\u00fapiter, Io, Europa, Calisto e Gan\u00edmedes; Galileo chamounos \u201cestrelas mediceas\u201d, en honor de quen ser\u00eda logo o seu mecenas, C\u00f3ssimo II de M\u00e9dici. Despois dun ano e medio de estudo, Galileo mesmo puido facer unha estimaci\u00f3n razoabelmente boa dos seus per\u00edodos orbitais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Non foi esa a \u00fanica achega feita polo fillo do compositor <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Vincenzo_Galilei\">Vincenzo Galilei<\/a>. Detectou que o planeta Venus amosaba &#8220;fases\u201d semellantes \u00e1s da L\u00faa e postulou a existencia de monta\u00f1as e cr\u00e1\u00adteres no noso sat\u00e9lite a partir dos patr\u00f3ns de luz e sombra que observou nel. Afirmou que a s\u00faa superficie non era lisa e pulida, como pretend\u00eda a teor\u00eda aristot\u00e9lica das esferas perfectas, sen\u00f3n igual de rugosa e irregular que a da Terra. Tam\u00e9n o Sol ficaba \u00e1 marxe desa hipot\u00e9tica perfecci\u00f3n celestial: presentaba \u201cmanchas\u201d que ademais se desprazaban con ritmo peri\u00f3dico, feito que cadraba moi ben coas predici\u00f3ns que <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Kepler\">Kepler<\/a> fixera sobre o movemento de rotaci\u00f3n do Sol. E cando mirou a <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Milky_way\">V\u00eda L\u00e1ctea<\/a> comprendeu que aquilo que a ollo espido parec\u00eda unha rexi\u00f3n nebulosa estaba formado realmente por milleiros de estrelas, tan perto as unhas das outras desde a nosa perspectiva que o noso cerebro non era quen de diferencialas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As observaci\u00f3ns de Galileo rachaban radical\u00admente cun modelo asentado nas teor\u00edas de Aris\u00adt\u00f3teles, aceptado como autoridade incontest\u00e1bel durante dous mil anos. O cambio de paradigma vi\u00f1a baseado na observaci\u00f3n e na an\u00e1lise, os alicerces dun novo m\u00e9todo no que se asentar\u00eda a ciencia moderna; unha mutaci\u00f3n luminosa que dic\u00eda adeus a un tempo de superstici\u00f3n e propa\u00adgaci\u00f3n do medo, establecidos como mecanismos de poder, para sa\u00fadar a nova era da raz\u00f3n e o co\u00f1ecemento, as ferramentas necesarias coas cales se constr\u00fae o progreso. A aposta de Galileo\u00a0polo heliocentrismo trouxo como consecuencia a oposici\u00f3n frontal da Igrexa Cat\u00f3lica, que pro\u00adhibiu a difusi\u00f3n dos seus libros e acabou xul\u00adg\u00e1ndoo por herex\u00eda. Condenado polo tribunal da Inquisici\u00f3n, Galileo tivo que negar publicamente as s\u00faas ideas, nomeadamente o feito de que a Terra orbitase arredor do Sol, e permaneceu at\u00e9 a s\u00faa morte en arresto domiciliario na vila de Arcetri. A lenda asegura que trala s\u00faa abxura\u00adci\u00f3n Galileo bisbou a frase <em><a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Eppur_si_muove\">\u201cEppur si muove\u201d<\/a><\/em>, \u201cmalia todo, m\u00f3vese\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No aniversario do nacemento de Galileo Galilei, recuperamos un texto publicado na &#8220;Gu\u00eda do Ceo&#8221; que a Concellar\u00eda de Cultura do Concello da Coru\u00f1a distribu\u00edu gratu\u00edtamente en 2009 para celebrar o Ano Internacional da Astronom\u00eda: GALILEO GALILEI Pisa, 15 de febreiro de 1564 \u2013 Arcetri, 8 de xaneiro de 1642 En decembro de 2007 a Organizaci\u00f3n das Naci\u00f3ns Unidas ratificou en sesi\u00f3n plenaria a declaraci\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galileo-galilei\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[23],"class_list":["post-795","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia-da-astronomia-gl","tag-galileo-galilei-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/795","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=795"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/795\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10830,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/795\/revisions\/10830"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=795"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=795"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=795"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}